Oelectro, tamén coñecido pola súa denominación enlatín:electrum (dogregoἤλεκτρον; "ámbar"), é unha aliaxe deouro eprata que se pode obter artificialmente ou atopar de forma natural. A súa gama de cor vai doamarelo pálido ao máis brillante, en función da proporción de ambos os metais na súa composición.[1][2][3][4]
Xa naantigüidade,Plinio describíao cunha proporción dunha parte de prata por cada catro de ouro.[5][6]
Aínda que xa nos textos antigos se testemuñan referencias ao electro como "ouro branco", cómpre non confundilo co significado que hoxe ten esa expresión, que é o da aliaxe de cor branca á base de ouro, prata, níquel,platino epaladio, moi utilizada enxoiaría.[7][8][9]
O termo "electro" deriva deelectrum, a forma latinizada da gregaἤλεκτρον –èlektron–, que xa aparece naOdisea para se referir a unha substancia metálica composta de ouro e prata. A mesma palabra usábase tamén para designar oámbar, probabelmente debido á cor amarela pálida dalgunhas variedades.[6][10] E así as cousas, a partir das propiedadeselectrostáticas do ámbar derivan as palabras actuais "electrón" e todas as creadas co prefixo "electro-".[11]
O electro componse fundamentalmente de ouro e prata, aínda que ás veces se atopa en estado natural con trazas doutrosmetais (cobre,aluminio,chumbo,níquel, etc.)[12]. As análises da composición do electro utilizado nas moeda antigas de Focea, naAsia Menor, de arredor do ano600 a. de C., amosan que o contido de ouro era de arredor do 55 %. Nos principios doperíodo clásico, o contido de ouro no electro variaba desde o 46 % en Focea ata o 43% enMitilene. Nas cuñaxes máis tardías destas mesmas áreas, arredor de325 a. de C., o contido descendía ata o 40 % ou o 41 %. Noperíodo helenístico cuñáronsemoedas cartaxinesas de electro cun contido de ouro progresivamente descendente.[13]
O electro mencionábase xa na crónica dunha expedición á lendaria terra dePunt enviada polo faraónSahure, da quinta dinastía do Antigo Exipto, onde se indica que os expedicionarios regresaron con grandes cantidades demirra,malaquita e electro.[15][16][17][18]
O electro era moito mellor paraamoedar que o ouro, fundamentalmente porque era máis duro e máis duradeiro, mais tamén porque as técnicas de refinación do ouro non estaban aínda moi desenvolvidas nesa época.[23] O contido de ouro do electro achado en estado natural na actualAnatolia occidental oscila entre o 70 % e o 90 %, en contraste co rango de 45 % a 55 % característico dascuñaxes en electro da antigaLidia, na mesma área xeográfica.[24] Isto suxire, por unha banda, que os lidios tiñan xa moi perfeccionada a tecnoloxía de refinación da prata, de maneira que lla engadían ao electro que extraían de xeito natural, décadas antes de que fixeran as súas primeiras cuñaxes de prata pura; por outra parte, unha das razóns para a aparición damoeda nesa rexión era aseñoriaxe, é dicir, o beneficio creado ao emitila cun contido de ouro máis baixo que o do metal utilizado no intercambio sen amoedar.[25][26][27]
As primeiras moedas de electro emitidas en Lidia tiñan o valor dun terzo deestatero (trité), o que lles supuña un peso teórico de 0,17onzas (4,7gramos). Posteriormente cuñáronse estateros e tamén outras fraccións, como un cuarto (tetarté), un sexto (hecté), un oitavo e un doceavo e un vinte e catroavo. En ocasións chegáronse a emitir fraccións de 1/48 e mesmo 1/96 de estatero, esta última con soamente 0,14 gramos.[28][29]
Por mor da variación na composición do electro, non resulta doado determinar o valor exacto de cada moeda, o cal supuña un obstáculo para o desenvolvemento docomercio.[30][31] Estas dificultades foron superadas cara a570 a. de C., coa introdución no reino de Lidia das primeiras moedas de prata e de ouro puros por parte do reiCreso (polo que collen o nome decreseidas). Porén, a moeda de electro continuou a ser común ata 350 a. de C.[22][30][32]
↑Sowada, K. N. (2009).Egypt in the Eastern Mediterranean During the Old Kingdom: An Archaeological Perspective. Eisenbrauns. Páxina 198.ISBN 978-3-7278-1649-9
↑Hawass, Z. (2003).The Treasure of the Pyramids. White Star. Páxinas 260-263.ISBN 978-88-8095-233-6
↑Baker, D. (2008).The Encyclopedia of the Pharaohs. Volume I: Predynastic to the Twentieth Dynasty 3300-1069 BC. Stacey International. Páxinas 343-345.ISBN 978-1-905299-37-9
Keyser, P.; Clark, D. (2001). "Analyzing and Interpreting the Metallurgy of Early Electrum Coins". En Balmuth, M. S.Hacksilber to Coinage: New Insights into the Monetary History of the Near East and Greece.American Numismatic Society. Nova York.ISBN 9780897222815
Melville-Jones, J. (1998). "The Value of Electrum in Greece and Asia". En Ashton, R. (ed.).Studies in Greek Numismatics in Memory of Martin Jessop Price. Spink, Londres.
Ramage, A. (1978). "Gold refining in the time of the Lydian kings at Sardis". EnThe proceedings of the Xth International Congress of Classical Archeology. Vol. 2. Páxinas 729-735.
Wallace, R. (2001). "Remarks on the Value and Standards of Early Electrum Coins". En Balmuth, M. S.Hacksilber to Coinage: New Insights into the Monetary History of the Near East and Greece.American Numismatic Society. Nova York.ISBN 9780897222815