El Debate | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Lugar | Madrid |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1910 |
Editorial | Editorial Católica |
Circulación | |
ISSN | 2444-2658 |
OCLC | 629683686 |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Debate foi unperiódicoespañol editado en Madrid entre 1910 e 1936.Pertencía áEditorial Católica, durante a súa existencia a publicación mantivo unha liña editorial de corte conservador e católico. O último número saíu despois dogolpe de Estado do 18 de xullo de 1936; durante a guerra civil as súas instalacións foron confiscadas polas autoridades republicanas. Co final da guerra chegouse a editar unha edición especial deEl Debate, pero a ditadura franquista non autorizou a súa nova posta en marcha, o que significou a súa desaparición definitiva.
Foi creado polo xornalistaGuillermo de Rivas e dirixido nos seus comezos porBasilio Álvarez,[1] mais ao ano da súa aparición foi traspasado, despois dunha etapa intermedia durante a que foi propiedade deSantiago Mataix,[1] áAsociación Católica Nacional de Propagandistas (ACNdP),[2] facéndose coa direcciónÁngel Herrera Oria, en novembro de 1911.[1][3] Posteriormente, pasou a ser propiedade daEditorial Católica, creada en 1912.
As crónicas bélicas daPrimeira guerra mundial acompañadas con mapas deArmando Guerra multiplicaron a tirada do periódico.[4]
Durante estes anosEl Debate foi subvencionado economicamente pola embaixada alemá e mantivo unha liña editorial abertamentexermanófila.[5] En 1929, impulsou a súa propia axencia de noticias,Logos,[6] que posteriormente foi a axencia do grupo Editorial Católica.
Durante aSegunda República o goberno suspendeu a súa actividade en varias ocasións. Pertencente ao mesmo grupo do que xurdiu o partidoAcción Popular, era o medio de expresión oficioso do seu sucesor, aCEDA,[7] a coalición dereitista que gañou as eleccións en 1933. En 1935, a Editorial Católica adquiriu unha moderna rotativa, situada no número 4 da rúa de Afonso XI, na que se pasou a imprimirEl Debate e un periódico de nova creación, o vespertinoYa.
Calcúlase que en 1931 tiña unhatirada diaria entre os 60 000 e 80 000 exemplares e en 1936, duns 80 000 exemplares.[8] O seu último director foiFrancisco de Luis,[9] trala dimisión de Ángel Herrera Oria en febreiro de 1933.[10] Aliñado coas propostas da CEDA, o periódico defendeu unha liña editorial accidentalista, aínda que esta postura inicial co paso do tempo foi diluíndose para rematar desembocando nunha postura marcadamente anti-republicana. O último número deEl Debate saíu á rúa o 19 de xullo de 1936. Ese mesmo día, o goberno acolléndose áLei de Defensa da República divulgou a través deUnión Radio a incautación do periódico:[11]
Os xornaisYa,El Debate,Informaciones,El Siglo Futuro yABC foron incautados polo Goberno, pasando a seren propiedade do Estado. Encargouse a dirección e redacción dos devanditos xornais a xornalistas de recoñecida filiación republicana. O pobo debe respectar dita propiedade, que deixou de ser particular. Os xornais serán publicados, en todo, conforme ao réxime republicano.
Deste xeito, as instalacións onde se imprimían os periódicos da Editorial Católica foron confiscadas por diversos integrantes doFrente Popular.Mundo Obrero, o voceiro doPartido Comunista de España (PCE), foi impreso utilizando o material deYa, en tanto quePolítica, o órgano de comunicación deIzquierda Republicana (IR), quedou co deEl Debate.[8]
Ao remate daguerra civil, un grupo dos seus antigos redactores e alumnos da Escola de Xornalismo dirixidos porNicolás González Ruiz lanzaron un número especial deEl Debate o 28 de marzo de 1939, inmediatamente despois da entrada das tropas franquistas na capital. Pero ante a prohibición daditadura de restablecerEl Debate, a empresa da Editorial Católica recuperou a súa herdanza no diarioYa, de menor significación política.
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Debate![]() |