Edvard Munch
 |
Biografía |
---|
Nacemento | 12 de decembro de 1863 Ådalsbruk (Reino da Suécia e Noruega) |
---|
Morte | 23 de xaneiro de1944 (80 anos) Ekely, Noruega(pt)  |
---|
Lugar de sepultura | Cemitério Vår Frelsers(pt) , 12308(1960–) |
---|
Residencia | Oslo Ekely(pt) Edvard Munchs house(en)  |
---|
Educación | Oslo Cathedral School(en) Norwegian National Academy of Craft and Art Industry(en) Academia de Belas Artes de Múnic |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Pintura |
---|
Lugar de traballo | Oslo Berlín Åsgårdstrand(pt)  |
---|
Ocupación | pintor, debuxante, gravador, artista gráfico, debuxante arquitectónico |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Retrato,Expresionismo,pintura de xénero,Arte de paisaxes eautorretrato |
---|
Movemento | Simbolismo eExpresionismo |
---|
Catálogo crítico | Woll's Edvard Munch: Complete Paintings: Catalogue Raisonné(en) (2008) |
---|
Influencias | |
---|
Representante | Artists Rights Society |
---|
Participou en |
---|
|
28 de xuño de 1964 | Documenta III |
|
Obra |
---|
Obras destacables |
Familia |
---|
Cónxuxe | sen valor |
---|
Pais | Christian Munch e Laura Cathrine Munch |
---|
Irmáns | Inger Munch Peter Andreas Munch Laura Munch |
---|
Premios |
---|
|
Sinatura  |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мунк Эдвард) Allgemeines Künstlerlexikon(pt) , (vol:91, p.261) Obálky knih,  |
---|
      |
Edvard Munch, nado enLøten o12 de decembro de1863 e finado enEkely o23 de xaneiro de1944, foi un pintor egravadornorueguésexpresionista. As súas evocativas obras sobre a angustia influenciaron profundamente oexpresionismo alemán aos comezos doséculo XX.
O berro (1893; orixinalmente tituladoDesesperación), é a súa obra máis coñecida e considerada coma unha icona da angustia existencial. Como en moitas das súas obras realizou numerosas versións. Foi roubada do museo Munch en Oslo, Noruega o22 de agosto de2004 e recuperada o30 de agosto do2006 con danos menores reparables.
O pintor dicía de si mesmo que, do mesmo modo queLeonardo da Vinci estudara a anatomía humana e disecado corpos, el tentaba disecar almas. Xa que logo, os temas máis frecuentes na súa obra foron os relacionados cos sentimentos e as traxedias humanas, coma asoidade (Melancolía), aangustia (O berro), amorte (Morte dun bohemio) e oerotismo (Amantes,O bico). Considéraselle o precursor do expresionismo, pola forte expresividade dos rostros e as actitudes das súas figuras, ademais do mellor pintor noruegués de todos os tempos.
Edvard Munch medrou enOslo, daquela chamada Christiania. Ten parentesco co pintorJacob Munch (1776 – 1839) e o historiadorPeter Andreas Munch (1810 – 1863). A súa nai e unha das súas irmás morreron sendo el moi mozo, e outra das súas irmás foi diagnosticada cunha enfermidade mental. O seu pai estaba dominado por obsesións relixiosas. O seu pai instilou nos seus fillos un profundo temor para o inferno, asegurándolles que se pecaban de calquera modo serían condenados ao inferno sen esperanza de perdón. Munch pasou unha infancia con numerosas enfermidades e dos cinco irmáns orixinais tan só Andreas casaría morrendo uns poucos meses despois do casamento. Estes feitos poderían explicar a escuridade e o pesimismo de gran parte da obra de Munch. Máis tarde afirmou: "A enfermidade, a tolemia e a morte foron os anxos que rodearon o meu berce e seguíronme durante toda a miña vida". Varias fontes modernas describen a enfermidade de Munch coma un caso probable de desorde bipolar. Munch consideraba esta personalidade conflitiva e un tanto desequilibrada como a base do seu xenio.
En1885 levou a cabo o primeiro dos súas numerosas viaxes aParís, onde coñeceu os movementos pictóricos máis avanzados e sentiuse especialmente atraído pola arte dePaul Gauguin. Non tardou en crear un estilo sumamente persoal, baseado en acentuar a forza expresiva da liña, reducir as formas á súa expresión máis esquemática e facer un uso simbólico, non naturalista, dacor, e de aí a súa clasificación como pintorsimbolista. De 1892 a 1908 viviu enAlemaña, sobre todo enBerlín, aínda que fixo frecuentes viaxes a Noruega eParís. En Berlín presentou en 1892 unha exposición que tivo que ser retirada polo escándalo que suscitou e que deu pé á creación da Secesión Berlinesa. En 1908 volveu definitivamente a Noruega, onde recibiu algúns encargos oficiais (pinturas do paraninfo da Universidade de Oslo) e pasou os seus últimos anos en soidade.
Nas décadas de 1930 e 1940 osNazis etiquetaron o seu traballo como "arte dexenerada" e retiraron os seus traballos dos museos alemáns. Este feito feriu profundamente a Munch, que se consideraba un antifascista e chegara a apreciar Alemaña como seu segunda patria.
Morreu en Ekely, preto de Oslo, pouco despois de seu oitenta aniversario. Deixou máis de 1.000 cadros, 15.400 gravados, 4.500 debuxos e acuarelas e seis esculturas á cidade de Oslo que construíu o Museo Munch en Tøyen no seu honor.
- 1985:A moza enferma
- 1893:O berro
- 1894:Cinzas
- 1894-95:Madonna
- 1895:Puberdade
- 1895:Autorretrato
- 1896:Angustia
- 1896:Celos
- 1897:O bico
- 1897:A danza da vida
- 1900:Melancolía
- 1940-42:Autorretrato: Entre o reloxo e a cama