Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Edimburgo

Coord.:55°57′12″N3°11′21″O / 55.9533,-3.1892
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEdimburgo
Edinburgh (en)Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Fotomontaxe
Imaxe

Lema«Nisi Dominus Frustra»Editar o valor en Wikidata
AlcumeAthens of the NorthEditar o valor en Wikidata
Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 55°57′12″N3°11′21″O / 55.9533,-3.1892
EstadoReino Unido
PaísEscocia
ConcelloCidade de EdimburgoEditar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación488.050(2016)Editar o valor en Wikidata (1.884,36hab./km²)
Lingua usadalingua escocesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie259 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porWater of Leith(pt)Traducir,River Almond(en)Traducir,Río Forth eEstuario de ForthEditar o valor en Wikidata
Altitude47 mEditar o valor en Wikidata
Creaciónséculo VIIEditar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoFrank Ross(2017–)Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postalEH1-EH13Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0131Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2GB-EDHEditar o valor en Wikidata
Código NUTSUKM25Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Múnic(1954–)
Florencia(1964–)
Dunedin(1974–)
Vancouver(1977–)
San Diego(1977–)
Kíiv(1989–)
Aalborg(1991–)
Cracovia(1995–2024)Editar o valor en Wikidata

Sitio webedinburgh.gov.ukEditar o valor en Wikidata
Facebook: edinburghcouncilPinterest: edinburghccFlickr: 37901910@N04BNE: XX457047Editar o valor en Wikidata

Edimburgo[1] (eninglés:Edinburgh; engaélico escocés:Dùn Éideann) é a capital e segunda maior cidade deEscocia.

A cidade atópase na costa leste deEscocia á beira doestuario do Forth e na autoridade local daCidade de Edimburgo. Edimburgo é capital deEscocia dende1437 e é a sede do gobernoescocés. A cidade foi un dos centros máis importantes da educación e cultura durante aEra de Ilustración, grazas áUniversidade de Edimburgo. Os distritos,The Old Town eNew Town, os cales forman parte do centro da cidade, foron nomeados polaUNESCO comoPatrimonio da Humanidade en1995. De acordo co censo do2001,Edimburgo posúe unha poboación de aproximadamente 448.624 habitantes.

Edimburgo é famosa polo seuFestival, o maior conxunto de eventos en vivo do mundo. Durante o mes deagosto, cando se celebra, a poboación da cidade duplícase. Edimburgo é a segunda cidade máis visitada doReino Unido despois deLondres con 13 millóns de visitantes ao ano.

Orixe do nome da cidade

[editar |editar a fonte]
Edimburgo cara ao ano 1300.

A orixe do nome da cidade crese que está nobritónicoDin Eidyn (Forte de Eidyn) dos tempos nos que unicamente era un fortegododdino. Noséculo I osromanos documentaron que osvotadinos eran unha tribo britónica local e noséculo XII o antigo poemaY Gododdin fala duns guerreiros facendo unha celebración no "gran salón de Eidin".

Despois de ser atacada e conquistada polosbernicianosanglosaxóns, o nome mudou paraEdin-burh, o cal crese que deriva doanglosaxón e que significa "Forte de Edwin", posibelmente referíndose ao rei doséculo XIIEdwin de Northumbria. Porén, como o nome é anterior ao reiEdwin, é moi improbábel que sexa certo. O elementoburgo é moi común entre os nomes de cidadesescocesas e en todas aslinguas xermánicas e denomina a unha clase de cidade caracterizada por crecer arredor dunha estrutura fortificada, como un forte ou un castelo.

Castelo de Edimburgo.

A primeira evidencia da existencia da cidade como entidade separada do forte aparece nunha proclama doséculo XII, que xeralmente crese que data do ano1124, deDavid I de Escocia, na cal se lle outorga terreo á Igrexa da Holy Rood de Edimburgo. Isto suxire que a existencia oficial da cidade orixinouse entre os anos1018 (cando oRei Malcolm II asegurou a rexión de Lothians dosNorthumbrianos) e1124.

A proclama refírese aos receptores (en latín) como a "Ecclisie Sancte CrucisEdwin esburgensi". Isto podería indicar que a persoa que ditou a proclama cría queEdwin de Northumbria era a fonte orixinal do nome da cidade e derivou a latinización do que eles crían era o nome antigo. Tamén pode ser que daquela, antes doséculo XI, o nome se alterara para que incluíse un “w”. Se se dese o último caso, de todos os xeitos a cousa mudaría, pois na década dos anos setenta doséculo XIIGuillerme I de Escocia empregaba o nome de "Edenesburch" nunha proclama (outra vez enlatín) confirmando a doazón de1124 porDavid I de Escocia.

Documentos doséculo XIV amosan que xa o nome se transformara na época actual, coa excepción de diferenzas ortográficas ("Edynburgh" e/ou "Edynburghe"), que sinxelamente eran xeitos comúns de pronunciación da época.

Outros nomes

[editar |editar a fonte]
Imaxe doNational Monument sobre oCalton Hill: unha das explicacións do alcume da'Atenas do Norte

A cidade deEdimburgo é agarimosamente alcumada "Auld Reekie", que enescocés significa "Vella Cheminea". Isto é debido a que nos tempos nos que a leña e o carbón eran os únicos combustíbeis dispoñíbeis, todas as chemineas botaban grandes cantidades de fume ao ar.Auld Reekie tamén fai referencia ás terríbeis condicións sanitarias que causaban un mal cheiro en toda a cidade.

Edimburgo tamén é chamada “AAtenas do Norte” por moitas razóns. A primeira é pola súa semellantetopografía, coOld Town de Edimburgo xogando o mesmo papel que aAcrópole. As dúas teñen terra chá e fértil que se inclina cara aoPorto a quilómetros de distancia. Aínda que esta clase detopografía é común no Sur de Europa, na Europa setentrional é algo raro. A época intelectual doséculo XVIII, ás veces referida como aIlustración Escocesa, foi o punto clave en conseguirlle este alcume. Figuras ilustres comoDavid Hume eAdam Smith viviron durante esta época. Ao perderen a súa importancia política, moitos agardaban que Edimburgo puidera ter un impacto semellante enLondres como o tiveraAtenas conRoma. Outro factor importante foi a súa arquitecturaneoclásica, particularmente a deWilliam Henry Playfair e o Monumento Nacional de Edimburgo.

Aínda así, moita xente non estivo de acordo con este alcume, quedando como anécdota o que un escritor en broma dixera: “"¡Reiquiavik do Sur" sería máis axeitado!”

Edimburgo tamén é coñecida como "Dunedin", derivado dogaélico escocés,Dùn Èideann. Hoxe en díaDunedin enNova Zelandia chámase así e é alcumada "O Edimburgo do Sur" pola súa semellanza coa cidadeescocesa.

Os poetas escocesesRobert Burns eRobert Fergusson ás veces empregaron o nome enlatín da cidade, "Edina", nalgunhas das súas obras.Ben Jonson describiuna como "o outro ollo de Bretaña" e SirWalter Scott referiuse á cidade como "yon Empress of the North" (Afastada Emperatriz do Norte).

Algúns escoceses refírense informalmente á cidade como "Embra".

O centro

[editar |editar a fonte]
Vista dos Xardíns de Princes Street na dirección óScott monument

O centro histórico de Edimburgo atópase dividido en dúas partes polosPrinces Street Gardens. Cara ao sur dos xardíns atópase a zona antiga (Old Town), dominado polocastelo de Edimburgo, situado nun antigo cráter volcánico, o extintoCastle Rock. A rúa maior da zona antiga, aRoyal Mile, descende costa abaixo cara ao leste até chegar ao pazo de Holyrood. Ao norte dos xardíns atópase a cidade nova (New Town). Os xardíns atópanse na antiga localización do pantanoNor' Loch, onde foron construídos en1816.

Ao oeste do castelo atópase o distrito financeiro, que contén edificios bancarios e de seguros. Probabelmente o edificio máis engailante da zona sexa o Centro Internacional de Conferencias de Edimburgo, ouEdinburgh International Conference Centre co seu grande edificio circular feito en pedra de gra.

Old Town

[editar |editar a fonte]

A zona antiga ouOld Town preservou a súa estrutura medieval e moitos dos edificios daReforma protestante. Un extremo atópase pechado polo castelo e a arteria principal, pequenas rúas chamadascloses ouwynds camiñan outeiro abaixo aos dous lados da rúa principal en forma de encrucilladas. Na zona antiga da cidade pódense atopar grandes prazas que marcan lugares de importancia como aCatedral de Saint Giles e as cortes. Outros notábeis sitios de interese son o Museo Real de Escocia, o Surgeons' Hall, a Universidade de Edimburgo e numerosas rúas subterráneas, reliquias das antigas clases de construción. O plano urbano, típico de moitas cidades de Europa do Norte, é especialmente pintoresco en Edimburgo, onde o Castelo sobresae dende a pena, os restos dun tapón volcánico, e onde a rúa principal se desliza cara a abaixo dende un lado da pena.

Victoria Street na zona antiga

Por mor do espazo limitado que daba a estreita cola da pena,Old Town transformouse nunha das primeiras cidades con apartamentos ou edificios residenciais de varios andares, debido á norma imposta noséculo XV. Durante oséculo XIII aOld Town tiña unha poboación de aproximadamente 80 000 residentes. Porén, en tempos modernos declinou até os 4 000 habitantes. Hoxe en día na zona viven uns 20 000 habitantes. O número de edificios creceu enormemente debido á vacilación da xente en construír fóra da muralla. Traxicamente, moitos destes edificios foron destruídos polo Gran lume de1824; a reconstrución da cidade produciu grandes mudanzas do nivel do terreo, o que levou a crear varias pasaxes e rúas por baixo daOld Town.

O7 de decembro de2002 outro gran lume tivo lugar na Old Town, consumindo parte da chamadaCowgate. Tamén destruíu o coñecido club de comedia The Gilded Balloon e gran parte do Departamento de Informática da Universidade de Edimburgo, incluíndo a biblioteca de IA (Intelixencia artificial).

New Town

[editar |editar a fonte]

ANew Town apareceu noséculo XVIII como solución ao problema de superpoboación que viña sufrindo oOld Town. Até aquel momento, a cidade crecera ao redor do outeiro doCastelo de Edimburgo. En1766 púxose a concurso o deseño da nova cidade, gañado polo arquitecto de 22 anosJames Craig. A súa idea era crear un plano ríxido e ordenado baseado nas ideas racionalistas do Século das Luces. A arteria principal era George Street, que segue a crista natural ao norte da vella cidade. A cada lado da George Street encóntranse outras dúas arterias importantes:Princes Street e máis Queen Street. Princes Street converteuse desde aquela na principal rúa comercial de Edimburgo e algúns edificios dearquitectura xeorxiana aínda sobreviven nela. Unindo estes tres eixos entre si trazáronse unha serie de rúas perpendiculares. Ao leste e oeste de George Street áchanse respectivamente as prazas de St Andrew's square e máis Charlotte square. Esta última foi deseñada porRobert Adam e está considerada como un dos máis belos exemplos dearquitectura xeorxiana deGran Bretaña. A residencia oficial do primeiro ministro de Escocia, Bute House, resulta visíbel no lado norte de Charlotte square.

Imaxe daNational Gallery of Scotland, situada sobre o Mound visto desde o sur en dirección a Princes Street

Entre a Old Town e a New Town encontrábase o Nor'Loch, que servía antano de abastecemento de auga e de vertedoiro. Foi drenado na década de1820. Algúns planos amosan que se proxectara unha canle, mais no canto dela creáronse os xardíns de Princes Street.O exceso de terra derivado da construción dos edificios encheu unha parte do pequeno val formado polo río, creando asíThe Mound, que é a explanada onde se achan desde aquela aNational Gallery of Scotland e máis aRoyal Scottish Academy. Os túneles dirixidos á próxima estación de Waverley pasan por debaixo do Mound.

O éxito da nova cidade foi tal que o seu crecemento foi enorme. Porén, o plano deseñado non se mantivo, co cal se estabeleceu unha disposición máis pintoresca das rúas nos barrios.

Panoramas

[editar |editar a fonte]
Vista dePrinces Street desde Calton Hill

Atopografía da cidade presenta varios outeiros que permiten contemplar amplos panoramas de Edimburgo e dos seus arredores.

Ao sueste do centro da cidade sobresaeArthur’s seat (acadeira deArtur ou quizais acadeira do arqueiro). Érguese por riba dopazo de Holyrood e da cidade vella (Old Town), moi próxima. Estecrag é un conxunto de chemineas volcánicas do principalvolcán sobre o cal está construída Edimburgo. O volcán está afundido e envorcado sobre un lado, o cal deixa os outeiros como puntos máis elevados en varios quilómetros á redonda. Arthur’s seat fai parte doParque de Holyrood, nas súas orixes propiedade do monarca á vez que parte dePazo de Holyrood. Constitúe un dos lugares de interese científico en materia xeolóxica do Reino Unido (Site of special scientific interest, ouSSSI en inglés). Arthur’s Seat e o parque de Holyrood fornecen unha vista de toda a rexión de Edimburgo, así como unha zona de esparexemento especialmente apreciada polos habitantes da cidade.

A zona antiga, Southside e Arthur's seat desde o monumento aNelson en Calton Hill

Ao nordeste, alzándose no centro da cidade, encóntraseCalton Hill. No seu cumio érguense diferentes edificios, entre eles dous observatorios, unha torre en lembranza deHoratio Nelson, a Royal High School (que no seu tempo acolleu o parlamento) e o National Monument, cuxo modelo é oPartenón de Atenas, mais está inacabado. O alcumeAtenas do Norte dado a Edimburgo vén deste monumento, entre outros motivos. Calton Hill abeira as festividades deBeltane cada primeiro de maio.

Blackford Hill é a terceira e máis meridional das elevacións da cidade.

O outeiroArthur’s seat en pleno corazón de Edimburgo

Leith

[editar |editar a fonte]
Vista de Leith e do Fiorde de Forth dendeArthur's Seat
Portobello Beach

Leith é o porto de Edimburgo. Aínda retén unha parte separada da cidade de Edimburgo e foi un tema de gran resentimento cando en1920 Leith foi incorporado a Edimburgo. Mesmo hoxe en día o representante no parlamento di que representa a Edimburgo “e” a Leith. Co desenvolvemento de Leith, Edimburgo gañou o comercio de varias compañías de cruceiros que agora ofrecen cruceiros cara aNoruega,Suecia,Dinamarca,Alemaña e osPaíses Baixos. Leith tamén loce oRoyal Yatch Britannia (o iate da familia real inglesa), que se atopa ancorado detrás do centro comercialOcean Terminal.

Poboación

[editar |editar a fonte]

No censo do 2005, segundo as estimacións daGeneral Register Office for Scotland, a cidade tiña unha poboación residente de 457 830 habitantes.[2] No censo do 2001 a cidade tiña unha poboación de 448 624, sendo a sétima cidade máis poboada doReino Unido e a segunda daEscocia, despois deGlasgow.[3]

Aínda que a poboación da cidade está avellentándose, a gran poboación de estudantes da cidade está arranxando este problema. Na actualidade residen na cidade uns 100 000 estudantes.[4]

A poboación da área metropolitana de Edimburgo é de 1'25 millóns e proxéctase que acade os 1'33 millóns no ano 2020. O goberno da cidade agarda que se acaden os 1'5 millóns para o 2040, igualando así as poboacións das áreas metropolitanas das tres grandes cidades donorte de Europa:Estocolmo,Helsinqui eOslo.[5]

Evolución demográfica
17551791181118211831184118511861187118811891
57.19581.86582.624112.235136.054138.182160.511168.121196.979228.357261.225
19011911192119311951196119711981199120012004
316.837320.318420.264439.010466.761468.361453.575425.575418.914448.624453.670
Fontes :Ville d’Édimbourg eEdinphoto

Clima

[editar |editar a fonte]

Como moitas partes do resto deEscocia, Edimburgo posúe un clima mariño temperado, relativamente suave malia a súa latitude Norte. Os invernos son especialmente suaves, considerando que a Moscova e o Labrador enTerra Nova están na súa mesma latitude, con temperaturas que durante o día raramente baixan dos 0 °C. As temperaturas estivais son normalmente moderadas, con máximas que non adoitan pasar dos 23 °C.

A proximidade da cidade co mar axuda a moderar as extremas variacións do clima. Debido á súa posición, atopada entre outeiros, é coñecida por ser unha cidade ventosa. O vento adoita vir do suroeste e está asociado co ar quente daCorrente do Golfo, que pode dar lugar a precipitacións, aínda que menores ca nas cidades do oeste comoGlasgow.

Edimburgo posúe precipitacións anuais máis baixas cá maioría das cidades doReino Unido agás o Sueste e arredor de 100 mm3 menos queDublín. Os ventos procedentes de dirección leste adoitan ser máis secos, mais tamén máis fríos. As precipitacións atópanse tamén repartidas ao longo de todo o ano. As fortesborrascas doocéano Atlántico adoitan afectar a cidade entre outubro e marzo.

Media / MesMediaXanFebMarAbrMaioXuñoXulloAgostSetOctNovDec
Altas temperaturasCelsius (°F)12,1 (53,8)6,2 (43,2)6,5 (43,7)8,7 (47,7)11,1 (52,0)14,2 (57,6)17,3 (63,1)18,8 (65,8)18,5 (65,3)16,2 (61,2)13,2 (55,8)8,7 (46,6)6,9 (44,4)
Baixas temperaturas Celsius (°F)4,8 (40,6)0,3 (32,5)0,0 (32,0)1,5 (34,7)3,1 (37,6)5,7 (42,3)8,7 (47,7)10,3 (50,5)10,2 (50,4)8,4 (47,1)5,9 (42,6)2,1 (35,8)0,9 (33,6)
Precipitacións en mm (pol)ano: 668 (26,3)57 (2,24)42 (1,65)51 (2,01)41 (1,61)51 (2,01)51 (2,01)57 (2,24)65 (2,56)67 (2,64)65 (2,56)63 (2,48)58 (2,28)
Número de días de chuviaano: 182,817,213,616,214,014,413,313,115,216,516,716,316,3
Fonte:World Meteorological Organization

Economía

[editar |editar a fonte]

Edimburgo é unha das cidades máis prósperas doReino Unido. A cidade goza dunha mellor saúde económica dende1999 cando se creou a sede do Parlamento Escocés na cidade, o cal xerou unha importante cantidade de emprego grazas ás distintas oficinas que existen na cidade. O nivel dedesemprego de Edimburgo é un dos máis baixos do país, e tamén é unha das cidades con máis capacidade de creación de emprego. A poboación de Edimburgo tamén está medrando significativamente, sobre todo grazas á migración estranxeira e particularmente do resto doReino Unido.

Centro de operacións do Banco de Escocia

A economía de Edimburgo baséase en gran parte nosector servizos, oturismo nos servizos financeiros particularmente importantes, e na educación e nas investigacións de altas tecnoloxías. O Banco de Escocia foi fundado en1695, nun acto no Parlamento Escocés orixinal. O Royal Bank of Scotland foi fundado en1747 porReal Cédula é constitúe o quinto banco máis grande do mundo por capitalización.

New Town e o centro da cidade foron tradicionalmente o fogar de moitas compañías, mais hoxe en día, por mor das súas novas necesidades mudáronse cara ao oeste do centro da cidade onde hoxe en día se atopa o distrito de negocios, que abeira grandes compañías comoScottish Widows,Standard Life, oClydesdale Bank eBaillie Gifford.Edinburgh Park é unha zona de negocios localizada ao oeste da cidade, preto do aeroporto de Edimburgo, e coa súa propia estación de tren.HSBC,Royal Bank of Scotland eHBOS teñen as sedes das súas compañías nesa zona. Após a apertura do centro de operacións doRoyal Bank of Scotland, existen na actualidade arredor de 20.000 persoas traballando ás aforas occidentais da cidade.

Hoxe en día os centros comerciais e tendas son moi importantes para a economía da cidade. Os centros comerciaisSt James Centre ePrinces Mall foron creados nos anos setenta, despois abriu oCameron Toll no anos oitenta. Outros máis recentes son oGyle preto doEdinburgh Park, oOcean Terminal enLeith e as prazas comerciais deHermiston Gait,Straiton eFort Kinnaird.

Fermentaría Caledonian

Afermentación alcólica é unha das industrias tradicionais máis importantes da cidade. Aínda que a fermentaríaFountainbridge pechou as súas portas no2005, deixou a outra, aCaledonian Brewery como a maior da cidade xunto coa famosaScottish & Newcastle que aínda mantén o seu centro de operacións na cidade.

Oturismo é outra fonte económica importante para a cidade. Edimburgo é a cidade máis popular entre os turistas que viaxan aEscocia,Glasgow, a maior cidade deEscocia é a segunda. O número de turistas está a medrar cada ano, grazas á expansión do Aeroporto de Edimburgo e ás conexións de tren que conectan a cidade co resto do país. OFestival de Edimburgo atrae milleiros de turistas cada verán, como tamén o fai a festa deHogmanay (fin de ano). O Festival de Edimburgo en agosto, por si só, xera un beneficio de 100 millóns de libras para a economía da cidade.

Outro grande elemento para a industria turística de Edimburgo son as conferencias ou o “turismo de negocios” os cales son unha gran contribución para a economía.

O12 de marzo do2004, Edimburgo recibiu o status deCidade do Comercio xusto.

Política

[editar |editar a fonte]

Como capital daEscocia, Edimburgo é a sede doParlamento escocés, e tivo a oportunidade de ser en diversas ocasións a sede de importantes xuntanzas como a dos xefes de goberno daCommonwealth (en 1997) e doConsello de Europa.

Parlamento escocés

A nivel nacional, a cidade de Edimburgo está representada no seu propio parlamento e noParlamento do Reino Unido.

No parlamento escocés, a cidade está representada por 6 membros no parlamento (Members of the scottish Parliament,MSPs) no nome dos 6 distritos nos que se atopa dividida a cidade:Northern Edinburgh and Leith,Edinburgh centers,Edinburgh east and Musselburgh,Edinburgh Pentlands,Southern Edinburgh eWestern Edinburgh. Debido ao xeito en que se elixen os membros do parlamento en Escocia, a rexión de Lothians, á que pertence Edimburgo, elixe 9 representantes, dos cales 7 representan só a cidade de Edimburgo. Polo tanto, a cidade de Edimburgo está representada por 13 MSPs (6+7).

NaCámara dos Comúns, a cidade está representada polas 5 circunscricións de Edimburgo sur, Edimburgo oeste, Edimburgo suroeste, Edimburgo norte e Leith, e Edimburgo leste. Coa redefinición das circunscricións de 2005, o escano de Edimburgo Pentlands pasou a ser na súa meirande parte o de Edimburgo suroeste. O centro de Edimburgo ficou repartido entre as outras circunscricións. De cada circunscrición sae un membro doparlamento do Reino Unido.

A nivel municipal, existe unCity Council (equivalente aoconcello). Os residentes elixen nas súascircunscricións cidadáns da vila como concelleiros. Estes concelleiros representan as diferentes circunscricións e reúnense mensualmente para tomar decisións sobre o xeito no que se debe xestionar a cidade.

A cidade de Edimburgo posúe 58 concelleiros, elixidos por 4 anos e que representan os habitantes de Edimburgo. Na actualidade, a repartición dos concelleiros é a seguinte[6] :

As vindeiras eleccións celebraranse en 2007.

Os 58 concelleiros conforman o concello da cidade (city council), presidido poloLord Provost Lesley Hinds (Partido laborista).

Ensino

[editar |editar a fonte]

Ensino superior

[editar |editar a fonte]

AUniversidade de Edimburgo creouse1583 por orde dunha carta real, sendo a cuarta universidade máis vella daEscocia. A parte máis vella da universidade que se emprega na actualidade (Old College) atópase en South Bridge e data de1820. Co aumento do número de estudantes, construíronse novos edificios en George Square onde continúa a darse clase; na actualidade co crecemento do número de estudantes, estanse a facer novos planos de ampliación.

A real facultade de cirurxía (Royal College of Surgeons) e a real facultade de medicina (Royal College of Physicians) creáronse tamén por orde de cartas reais, en1506 e1681. A academia de debuxo de Edimburgo fundouse en1760, converténdose en1907 noEdinburgh College of Art (Escola de arte de Edimburgo). AQueen Margaret University, fundada en1875 para atender a educación das rapazas, emprégase na actualidade como colexio de negocios, asistencia médica e xornalismo.

Na década de1960, creáronse aUniversity Heriot-Watt e oNapier Technical College. A historia daUniversity Heriot-Watt data de1821, cando se abriu unha escola de educación técnica para a clase traballadora. Heriot-Watt, localizada en Riccarton, no oeste da cidade, posúe unha sólida reputación no campo da enxeñaría. ONapier College era oNapier Polytechnic na década de1980, e obtivo o estatuto de universidade en1992. ANapier University posúe varios campus nos distritos sur e oeste da cidade.

Donaldson College

Atópanse na cidade outras escolas de ensino superior. Estas son: oTelford College, aberto en1968, oStevenson College, aberto en1970 e a Escola escocesa de agricultura (Scottish Agricultural College) a cal posúe un campus ao sur da cidade.

Ensino secundario

[editar |editar a fonte]

Edimburgo posúe diversos centros de educación secundaria, dos cales aRoyal High School, é considerada o máis vello da cidade. Destacan tamén oDonaldson's College, destinado aos rapaces xordos. Entre os centros privados, cabe destacar aEdinburgh Academy, oFettes College, oGeorge Heriot's (fundado en1628), oGeorge Watson's College e oMerchiston Castle School.

Cultura

[editar |editar a fonte]

Festival

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Festival de Edimburgo.

Edimburgo ten sona internacional grazas ao seufestival de teatro, ópera, música e danza que ten lugar todos os veráns no mes de agosto e atrae a máis dun millón de visitantes á cidade. Ao mesmo tempo teñen lugar na cidade outros festivais e feiras como oFringe, e as feiras do libro e do cinema, ademais tamén teñen lugar grandes competicións como oEdinburgh Military Tattoo, competición de música militar.

Museos

[editar |editar a fonte]

A cidade de Edimburgo posúe tres museos de grande importancia:

Transportes

[editar |editar a fonte]
Torre de control do aeroporto de Edimburgo

Aeroporto

[editar |editar a fonte]

O aeroporto de Edimburgo, situado no distrito de Turnhouse, 8 km ao oeste da cidade, é a principal porta de entrada internacional da cidade. O aeroporto é manexado pola BAA Limited, compañía que se ocupa tamén dos aeroportos deLondres (Heathrow, Gatwik e Stansted), e dos aeroportos deGlasgow,Aberdeen eSouthampton. O aeroporto de Edimburgo posúe moitos destinos nacionais e internacionais, e ve pasar cada ano uns 8 millóns de pasaxeiros. As previsións agardan que chegue aos 26 millóns de pasaxeiros para o 2030[7].

Autobús

[editar |editar a fonte]
Moderno autobús de dous andares da cidade de Edimburgo.
Estación de tren de Waverley, no centro de Edimburgo.
Conexión da City Bypass A720 coa M8.

Edimburgo posúe unha ampla rede deautobuses, os cales circulan por todos os distritos e arrabais da cidade. Co fin de diminuír o tráfico no centro da cidade, o concello de Edimburgo estabeleceu unha serie de aparcadoiros nos arrabais da cidade para que os condutores deixen os seus automóbiles e collan o bus.

ALothian Buses é a principal compañía de autobuses de Edimburgo. A compañía tamén presta os seus servizos enEast Lothian eMidlothian.Lothian tubes é a única compañía pública de autobuses daEscocia. O 91% dos seus autobuses traballan na cidade de Edimburgo, o 9% restante fano nos concellos deEast Lothian,Midlothian, eWest Lothian.Na actualidade existe unha lanzadeira que conecta o centro da cidade co aeroporto internacional.[8]

Tren

[editar |editar a fonte]

A estación de Waverley é a principal de Edimburgo. A estación atópase no centro da cidade, moi preto dos xardíns de Princes Street. Esta é empregada cada ano por máis de 13 millóns de viaxeiros, sendo a principal estación na''East Coast Main Line'' (ECML), liña de tren que comunicaLondres e Edimburgo, pasando porYorkshire,North East England e outras pequenas rexións entre ambas as dúas cidades. A GNER (Great North Eastern Railway) eVirgin Trains son as compañías ferroviarias que operan con trens de alta velocidade naECML. Dentro daEscocia o fai aFirst ScotRail.

Tranvía

[editar |editar a fonte]

Na actualidade a cidade de Edimburgo non posúe ningunha liña de tranvía. Como moitas cidades doReino Unido, Edimburgo tivo tranvía no pasado; este tiña algunhas liñas que circulaban polos distritos de Leith e Portobello, mais foi eliminado o16 de novembro de1956.
No ano2004, presentáronse dous proxectos noparlamento escocés para o reestabelecemento dunha rede de tranvías na cidade. Os dous proxectos foron aprobados no2006 e agárdase que as obras comecen en2007.

Para 2011 agárdase que a cidade de Edimburgo inaugure unha nova rede de tranvías composta por 3 liñas, as cales conectarán o aeroporto internacional situado no oeste da cidade, coa rúa de princes Street, co centro da cidade, e cos distritos de Leith, Granton e co porto occidental[9].

Estradas

[editar |editar a fonte]

AA720, tamén chamadaEdinburgh City Bypass é unha das autoestradas máis importantes da Escocia. Serve de anel de circunvalación da cidade. Parte da A720:

  • A A1, conecta a cidade co nordés daInglaterra.
  • A A702, conecta a cidade co noroeste daInglaterra.
  • A A8, conecta a cidade conStirling.
  • A M8, conecta a cidade conGlasgow. A M8 é a estrada máis concorrida daEscocia.

Deportes

[editar |editar a fonte]
Murrayfield Stadium

Edimburgo posúe dous equipos profesionais defútbol: oHeart of Midlothian e oHibernian. Coñecidos localmente comoHearts (ou Jambos) e Hibs (ou os Hibees). Os dous equipos xogan nadivisión de honra escocesa de fútbol: os Hearts noTynecastle Stadium enGorgie e os Hibernian noEaster Road Stadium preto de Leith. Outros equipos de menor categoría son osSpartans e oEdinburgh City. Edimburgo foi a sede doMeadowbank Thistle, até que mudaron a súa sede pola cidade deLivingston en1995, trocando o seu antigo nome polo deLivingston F.C. OScottish national team ou o Equipo Nacional Escocés adoita xogar noHampden Park, na cidade deGlasgow, aínda que en anos recentes xogou noEaster Road (tres partidos dende o2000) e enTynecastle (1998 e 2002).

ASelección de rugby de Escocia xoga noMurrayfield Stadium, propiedade daScottish Rugby Union e empregado tamén para outro tipo de eventos como concertos etc. O equipo deRugby profesional de EdimburgoEdinburgh Rugby, xoga naCeltic League noMurrayfield. O maior estadio deEscocia.

No tocante aoRugby, oScottish cricket team representa aEscocia internacionalmente nos partidos decrícket e noC&G Trophy. Os partidos decricket xóganse noThe Grange enStockbridge (Edimburgo).

OEdinburgh Capitals é o último equipo dehóckey sobre xeo en representar á capital escocesa. Anteriormente a cidade foi representada poloMurrayfield Racers e oEdinburgh Racers. O equipo xoga os seus partidos noMurrayfield Ice Rink e constitúe o único equipo escocés daElite Ice Hockey League.

Edinburgh tamén foi a sede de diversas competicións internacionais como aWorld Student Games, osCommonwealth Games, de1970 e1986 e osCommonwealth Youth Games do2000. Para os xogos de1970 construíu importantes intalaciónsolímpicas como a piscinaRoyal Commonwealth Pool e oMeadowbank Stadium.

O maratón de Edimburgo ten lugar na cidade dende1999 con máis de 13.000 participantes cada ano.

Eventos anuais

[editar |editar a fonte]

Ofestival de Edimburgo está formando por un conxunto de festivais que teñen lugar cada mes de agosto. Estes festivais son:

  • Edinburgh International Festival: é o festival oficial. Nel pódense atopar representacións de teatro clásico, contemporáneo, ópera, música e danza.
  • Edinburgh Festival Fringe: é o festival máis importante a nivel mundial de arte na rúa[10].
  • Edinburgh Military Tattoo: espectáculo de pasarúas no castelo, conkilts,gaitas e pandeiros.
  • Edinburgh International Film Festival (festival de cinema)
  • Edinburgh International Book Festival (festival do libro)
  • Edinburgh Jazz and Blues Festival
  • Edinburgh International Television Festival
  • Edinburgh Interactive Entertainment Festival
  • Edinburgh People’s Festival
  • Edinburgh Mela

OHogmanay, é o festival de celebración do cabo de ano. As celebracións teñen lugar dende o31 de decembro até o2 de xaneiro.O Festival de Beltane, ten lugar cada ano o1 de maio no monte do Calton Hill.

Irmandamentos

[editar |editar a fonte]

Edimburgo está irmandada coas cidades de:

Outras cidades do mesmo nome

[editar |editar a fonte]

Debido á emigración escocesa hoxe en día existen múltiples vilas co nome inglés da vila,Edinburgh:

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004).Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304.ISBN 9788482887524. 
  2. General Register Office for Scotland, 2006 (ed.)."Mid Year Population Estimates, 2006". Arquivado dendeo orixinal o 20 de agosto de 2006. Consultado o2007-01-28. 
  3. Edinburgh City Council (ed.)."City Comparisons Table"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 05 de febreiro de 2009. Consultado o2007-01-28. 
  4. Graduate Prospects (ed.)."Napier University Edinburgh". Arquivado dendeo orixinal o 23 de outubro de 2007. Consultado o2007-03-23. 
  5. City of Edinburgh Council, ed. (2006)."A Vision for Capital Growth"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 14 de xuño de 2007. Consultado o2007-03-23. 
  6. Segundo aVille d’ÉdimbourgArquivado 16 de abril de 2007 enWayback Machine. (en anglais)
  7. D’aprèsScotland.gov.ukArquivado 17/08/2014, enWayback Machine.
  8. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 09 de febreiro de 2011. Consultado o 01 de abril de 2007. 
  9. "tiedinburgh.co.uk". Arquivado dendeo orixinal o 17 de novembro de 2006. Consultado o 01 de abril de 2007. 
  10. "edfringe.com". Arquivado dendeo orixinal o 27 de xaneiro de 2006. Consultado o 01 de abril de 2007. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Collectif,Edimbourg, Guides Autrement,París, 1997.
  • Collectif,Édimbourg, Guides Gallimard,París, 2006.
  • James Buchan,Capital of the Mind: How Edinburgh Changed the World, 2003.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Edimburgo
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Edimburgo&oldid=7316576»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp