Unedificio ouedificación é unhaestrutura pechada cuntellado eparedes como, por exemplo, unhacasa. A palabraedificio quere dicir "facer fogo" (do indoeuropeoæde,fogo e do latínfacere, facer), o que non debe estrañar cando un dos termos que se utiliza para a vivenda éfogar. Unedificio é normalmente unha construción realizada conmateriais resistentes (madeira,pedra,metal,formigón etc.) para poder protexerse das inclemenciasmeteorolóxicas cando se realizan tarefas que precisan de certa privacidade.
Da orixe do nome explícase as finalidades dos edificios primitivos, que se crearon para albergar o fogo, evitando que se apagase por mor da choiva, o vento e demais inclemencias do tempo, debido a que acendelo non era doado.
A inventiva humana foi mellorando as técnicas deconstrución e elaborando as diversas partes doedificio, ata facer da actividade de edificar unha dasBelas Artes: aArquitectura.
Pódense describir os corpos dun edificio como as partes físicas que o compoñen. Distínguense da seguinte maneira:
Á é o corpo que se estende por un lateral relacionándose con outro.
Pórtico é o corpo formado por unha galería decolumnas ou porarcadas ante a portada do edificio e tamén toda galería de columnas oupilastras, cuberta e apoiada no chan pero aberta ao ar libre.
Perístilo é o pórtico que se estende ao redor do edificio tanto na súa parte interior como na exterior.
Cruceiro, o mesmo que o transepto e tamén a intersección deste coa nave principal.
Deambulatorio, nave circular detrás da capela maior configurada como unha prolongación das naves laterais.
Tramo, cada unha das porcións transversais (de columna a columna ou de pilastra a pilastra) en que se divide unha nave.
Ábsida, corpo de planta semicircular ou poligonal situado no extremo oposto á entrada principal, que se denomina menor ou secundario. Chámanseabsidiolas as subdivisións da parte absidal.
Cripta é acapela ou igrexa subterránea situada polo xeral debaixo doutra.
Cruxía é o ámbito que se atopa entre dous muros de carga.
Galería, todo ámbito con arcadas abertas ao ar libre a calquera altura do chan e tamén toda obra saínte en forma debalcón prolongado ou unha estancia moi longa.
Triforio é a galería que se sitúa no piso superior das naves laterais.
Coroamento é o conxunto deremates do edificio como termo ou coroa do mesmo.
Os corpos do edificio constan de membros principais e secundarios. Os membros principais pódense clasificar en dous tipos:
Ossoportes. A este grupo corresponden osmuros e as columnas. Estes elementos denomínanse de modo xeralmacizos para distinguilos dos vans (espazos de luz entre os anteriores). Entre os macizos, merece especial consideración oaparello que é a disposición e trabazón que se lle dá aos materiais empregados na obra.