| EcuRed | |
|---|---|
Instancia de | |
| Datas e cronoloxía | |
Fundación | |
| Localización | |
País | |
| Fontes e ligazóns | |
Páxina WEB | |
| Wikidata C:Commons |
EcuRed[1][2] é un proxecto deenciclopedia en rede do goberno deCuba.[3] Está desenvolvido e administrado principalmente por persoas afíns aosJoven Club de Computación y Electrónica, entidade do Ministerio de Informática e Comunicacións, que posúe máis de 600 filiais en todo o país encargadas de ensinarcomputación. Lanzouse oficialmente o14 de decembro de2010, co auspicio do goberno cubano e apoiado pola Oficina Nacional para a Informatización (ONI) e o Instituto de Información Científica e Tecnolóxica (IDICT).
A súa filosofía é a acumulación e o desenvolvemento do coñecemento cun obxectivo democratizador e non lucrativo, desde un punto de vista descolonizador. O seu nome vén deecúmene, que significa mundo. Polo momento conta con máis de 200 000 artigos e 286 000 arquivos, moitos deles relacionados con biografías e historia cubana, posúe ademais máis de 50 000 usuarios rexistrados e 3,5 millóns de edicións realizadas.
EcuRed utiliza o softwareMediaWiki, similar ao deWikipedia, aínda que en aparencia o deseño da páxina mostra as cores da bandeira cubana.[4]
A totalidade dos contidos de EcuRed só poden ser modificados por usuarios rexistrados. O rexistro na wiki é como en calquera sitio a través dun correo de confirmación e pode rexistrase calquera persoa sen importar o país. Inicialmente previuse permitir o libre rexistro aos meses seguintes da inauguración do sitio. Os cubanos que non teñen correo electrónico poden editar as páxinas mediante osJoven Club de Computación estendidos por toda a illa.[1]
A maior parte das súas páxinas divídense entre artigos de historia e biografías de personalidades, aínda que non están ausentes os asuntos xeográficos e de divulgación científica.
EcuRed ocupa o lugar 20 entre os sitios que máis se visitan enCuba segundo datos do sitio web Alexa.[5] Unha das razóns para esta cifra é que a enciclopedia pódese consultar dende a intranet cubana (.cu) que é 10 veces máis barata que a conexión a Internet desde a illa.
Como parte do proxecto EcuRed, o14 de decembro de2011 foi lanzada oficialmente a EcuRed Portátil, tamén chamada EcuRed Portable, que é unha aplicación de escritorio multiplataforma que permite xestionar toda a información que está contida dentro desta enciclopedia colaborativa cubana e ser utilizada por todas as persoas tanto cubanas como estranxeiras.
Foi creada polo Centro de Desenvolvemento Territorial Holguín, entidade produtiva pertencente á Universidade das Ciencias Informáticas (UCI) e posteriormente asumido polo Grupo Técnico de EcuRed, que atende directamente a hospedaxe e funcionalidade da enciclopedia.
O 7 de setembro de2013 foi lanzada a versión 2.0i, que entre outras melloras contén as imaxes dos modelos dos artigos.[6]
O7 de setembro de2016, comezou a utilización do proxecto de software libreKiwix na súa versión portátil para computadoras persoais, quedando sen soporte as versións anteriores.
O4 de abril de2013 lanzouse oficialmente a EcuMóvil, unha aplicación para dispositivos móbiles que cumpre o mesmo obxectivo que EcuRed Portátil, pero para dispositivos que utilicen sistema operativoAndroid 2.2 ou superior. O proxecto foi coordinado entre a Oficina Nacional de Informatización (investidor), o Grupo Técnico de EcuRed (xestor do contido) pertencente aosJoven Club de Computación y Electrónica e Empresa Nacional de Software (desenvolvedor). Sendo asumida polo Grupo Técnico de EcuRed a partir do seu lanzamento.
O7 de setembro de2013, foi lanzada unha versión con imaxes. Entre outras melloras inclúe opcións de autocompletamento nas procuras e posibilidade de xiros e achegamento do texto dentro do teléfono móbil.[7]
O7 de setembro de2016, comezou a utilización do proxecto de software libreKiwix na súa versión portátil para dispositivos móbiles, quedando sen soporte as versións anteriores.
Desde o seu lanzamento EcuRed obtivo varios recoñecementos, entre eles:[8]
Debido ás súas características finais e editoriais, EcuRed foi valorado por algúns medios como "unha versióncastrista da Wikipedia,[12] non ecuánime e tendenciosa en artigos sobre política, historia contemporánea e biografías de figuras relevantes da historia recente de Cuba."[13] Foi criticada por verter información calumnias contra membros da chamada disidencia cubana e servir como medio oficial de comunicación do goberno cubano.[14] Por exemplo, a activista Yoani Sánchez é cualificada de "ciber-mercenaria vinculado ao goberno dos Estados Unidos".[15] Tamén aborda outros temas como "Terrorismo de Estado en Colombia" que fai referencia á chamada "política de seguridade democrática" do goberno deÁlvaro Uribe .
O suposto nesgo do seu contido custoulle o alcume deCastropedia nun artigo publicado polo xornal británicoThe Guardian pouco despois da inauguración do portal.[16]