Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Equinodermos

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Echinodermata»)

Este artigo non posúe formato wiki axeitado
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia.
Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes.
Equinodermos
Rango fósil:Cámbrico -actualidade

Equinodermos. Lámina deErnst Haeckel.
Clasificación científica
Superreino:Eukaryota
Reino:Animalia
Subreino:Eumetazoa
(sen clasif.)Deuterostomia
Filo:Echinodermata
Klein, 1734
Subfilos eClases
Thymiosycia hilla =Holothuria hilla, unholoturoideo.

Osequinodermos (Echinodermata, plural latino dogrego ἐχινόδερμαechinóderma, "pel con espiñas", de ἐχῖνοςechínos, "espiña" δέρμα, -ατοσdérma, -atos, "pel",echinodermata, da forma plural grega ἐχινοδέρματα).[1] son unfilo deanimaisdeuteróstomosmariños ebentónicos. O seu nome alude ao seu exclusivoesqueleto interno formado por osículoscalcarios. Posúen, en estado adulto, simetría pentarradial secundaria, caso único noreino animal, e un sistema vascular acuífero característico.

Os equinodermos xurdiron noCámbrico, hai uns 600 millóns de anos,[2] e a día de hoxe seguen sendo un dos filos máis importantes, contendo cerca de 7.000especies viventes e arredor de 13.000 extintas.[3]

Características

[editar |editar a fonte]

Este grupo ten, ademais da súa particular simetría que o fai doado de recoñecer, unhas características propias que se poden resumir do seguinte xeito:

  1. Teñen un esqueleto interno (endoesqueleto) formado porósiculoscalcarios, que aparece recuberto por unhaepiderme con cilios.
  2. Oceloma e amplo e complexo e dá lugar aosistema hemal e aosistema ambulacral, característicos destes animais.
  3. Sondeuteróstomos eenterocélicos, comesoderma derivado doarquéntero e oblastóporo orixina oano, características todas elas comúns aoscordados.
  4. A maioría dos membros deste grupo teñen untubo dixestivo completo, conboca,esófago,intestino e ano.
  5. Osistema circulatorio tamén se chamasistema hemal e está formado por ringleiras de células con lagoas entre elas. Existe tamén unsistema perihemal que rodea ao anterior e que ten unhas cavidades chamadas seos e desenvolve un papel na nutrición do animal.
  6. Osistema nervioso non está centralizado nunha zona cerebroide (acefalia), e consta de tres aneis nerviosos dos que saen os nervios radiais cara aos distintos brazos.
  7. Carecen dunaparato respiratorio definido, só algúns presentan adaptacións para arespiración. Tamén carecen desistema excretor.
  8. Areprodución ésexual, e sondioicos, con órganos reprodutores sinxelos egonodutos simples.
  9. Teñen dous tipos de rexións: as cinco que posúen uns pés oupodios (ambulacro) e as que están no medio delas que carecen de podios (interambulacro).
  10. Aslarvas nacen consimetría bilateral que logo nos adultos se transforma ensimetría radial e nalgúns casos aparece unha simetría radial secundaria.

Clasificación

[editar |editar a fonte]

Segundo oITIS

[editar |editar a fonte]
Estrelas de mar (Asteroidea).
Paracentrotus lividus, unourizo de mar moi abundante nas costasgalegas (Echinoidea).
Cogombro de mar noAquarium Finisterrae daCoruña. (Holothuroidea).

FiloEchinodermata

Segundo oWRMS

[editar |editar a fonte]

FiloEchinodermata

Segundo oNCBI

[editar |editar a fonte]

FiloEchinodermata

Filoxenia

[editar |editar a fonte]

O seguintecladograma amosa as posibles relaciónsfiloxenéticas dos principais grupos de equinodermos:[4][5]

Echinodermata

Homalozoa

Helicoplacoidea

Edrioasteroidea*

Pelmatozoa

Crinoidea

Blastoiea

Eleutherozoa
  Asterozoa   

Somasteroidea

Asteroidea

Ophiuroidea

Echinozoa

Holothuroidea

Echinoidea

(*)Parafilético.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. A galeguización do latín científicoEchinodermata comoequinodermos trátase dunha especie detradución-adaptación, xa que existe un sinónimo latinoEchinoderma, practicamente sen uso, e en todos os idiomas romances utilízanse termos equivalentes aequinodermos. É un caso similar ao deCyclostomata /Cyclostomi que se adapta comociclóstomos.
  2. Brusca & Brusca (2005).
  3. "Animal Diversity Web - Echinodermata". University of Michigan Museum of Zoology. Consultado o 17/01/2013. 
  4. "Wray, Gregory A. 1999. Echinodermata. Spiny-skinned animals: sea urchins, starfish, and their allies. Version 14 December 1999 (under construction). in The Tree of Life Web Project, http://tolweb.org/". Arquivado dendeo orixinal o 29 de abril de 2009. Consultado o 02 de decembro de 2009. Ligazón externa en|title= (Axuda)
  5. "Univerity of California, Museum of Paleontology - Systematics of the Echinodermata". Arquivado dendeo orixinal o 27 de febreiro de 2010. Consultado o 02 de decembro de 2009. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Equinodermos
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Equinodermos

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005):Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España.ISBN 0-87893-097-3.
  • Frings, H. e Frings, M. (1975):Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra.ISBN 84-205-0505-6.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976):Invertebrados. (En Grassé, P.-P.,Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson.ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006):Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.ISBN 84-481-4528-3.
  • Meglitsch, P. A. (1986):Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide.ISBN 84-368-0316-7.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980):Zoología sistemática.Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega.ISBN 84-282-0608-2.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Equinodermos&oldid=6265532»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp