Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

E

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfabeto
AaBbCcDdEe
FfGgHhIiLl
MmNnÑñOoPp
QqRrSsTtUu
VvXxZz
 Non galego:Çç -Jj -Kk -Ww -Yy 

OE é a quinta letra doalfabeto galego, e representa osfonemas /e/ (vogal anterior media pechada) e /ɛ/ (vogal anterior media aberta).

Historia

[editar |editar a fonte]

Pénsase que a letra daslinguas semíticas representaba inicialmente unha oración ou figura humana chamada (hillul festejar), probablemente baseada nunxeroglífico exipcio similar que era pronunciado e utilizado en forma distinta. En semítico, a letra representaba/h/, e/e/ en palabras estranxeiras.

A letrafenicia, representaba máis ou menos o son /h/. Cando os gregos adoptaron oalfabeto fenicio, encontraron dificultades para pronunciar a primeira parte do carácter, e abandonárano conservando soamente oe, dándolle o nome deepsilon (ε). Co tempo simplificaron o seu deseño, virando os trazos horizontais para o lado dereito. Usouse co mesmo valor noalfabeto etrusco e noalfabeto latino.

O seu uso nalingua inglesa inclúe varios sons; así, como consecuencia doGreat Vowel Shift representa/iː/ (a partir de/eː/ como en "me" ou "bee"), mentres que noutras palabras como "bed", a pronunciación é similar ao latín e outras linguas similares.

Xeroglífico exipcio
(veneración)
Proto-semítico
H
Fenicio
H
Grego
Epsilon
Etrusco
E
Romano
E
A28
Roman E

Uso

[editar |editar a fonte]

En galego úsase a letrae (/e/) comoconxunción copulativa, proveniente do latínet. Amais, úsase a letraé (/ɛ/, conacento diacrítico) para a terceira persoa de singular do presente de indicativo do verbo ser.

É a letra máis frecuente na lingua galega, así como encastelán[1][2],checo[3],danés[3],neerlandés[3],inglés[4],francés[5],alemán,[6],húngaro[3]latín,[3],noruegués[3] esueco.[3].

Representacións alternativas

[editar |editar a fonte]

Noalfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabraEco. Nocódigo Morse é ·. Nanotación musical anglosaxoa representa a nota o acorde demi.

Códigos

[editar |editar a fonte]

EnUnicode a letrae ten o código U+0065, eE é U+0045. O códigoASCII parae é 101, e paraE é 69. Ensistema binario úsase 01000101 parae e 01100101 paraE. O códigoEBCDIC parae é 133, e paraE é 197.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Vexa a entrada doGalizionario acerca de  e

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Fletcher Pratt,Secret and Urgent: the Story of Codes and Ciphers. Blue Ribbon Books, 1939, pp. 254-255.
  2. "Frequency of Occurrence of Letters in Spanish". Santa Cruz Public Libraries. Arquivado dendeo orixinal o 11-05-2008. Consultado o 25-06-2008. 
  3. 3,03,13,23,33,43,53,6Kelk, Brian."Letter frequencies". 
  4. Lewand, Robert."Relative Frequencies of Letters in General English Plain text".Cryptographical Mathematics.Central College. Arquivado dendeo orixinal o 08-07-2008. Consultado o 25-06-2008. 
  5. "Frequency of Occurrence of Letters in French". Santa Cruz Public Libraries. Arquivado dendeo orixinal o 12-03-2008. Consultado o 25-06-2008. 
  6. "Frequency of Occurrence of Letters in German". Santa Cruz Public Libraries. Arquivado dendeo orixinal o 28-06-2012. Consultado o 25-06-2008. 
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=E&oldid=6539809»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp