Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Dureza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Adureza é a capacidade que ten un material de soportar esforzos sen se deformar permanentemente. Non debe confundirse coatenacidade. Hai diversas formas de medir a dureza, se ben a maioría consiste en utilizar un pequeno indentador, dispositivo que trata de penetrar no material e que pode ser un pequeno balote ou unha agulla.

Escalas de uso industrial

[editar |editar a fonte]

Enmetalurxia a dureza mídese utilizando undurómetro para o ensaio de penetración. Dependendo do tipo de punta empregada e do rango de cargas aplicadas, existen diferentes escalas, axeitadas para distintos rangos de dureza.

O interese da determinación da dureza nosaceiros estriba na correlación existente entre a dureza e aresistencia mecánica, sendo un método de ensaio máis económico e rápido que oensaio de tracción, polo que o seu uso está moi estendido.

Ata a aparición da primeira máquina Brinell para a determinación da dureza, esta medíase de forma cualitativa empregando unha lima de aceirotemperado que era o material máis duro que se empregaba nos talleres.

As escalas de uso industrial actuais son as seguintes:

  • Dureza Brinell: Emprega como punta unha bóla de aceiro. Para materiais duros, é pouco exacta.
  • Dureza Rockwell: Utilízase como punta un cono dediamante (nalgúns casos unha bóla de aceiro). É a máis estendida, xa que a dureza se obtén por medición directa e é apta para todo tipo de materiais. Adóitase considerar unensaio non destrutivo polo pequeno tamaño da pegada.
  • Rockwell superficial: Existe unha variante do ensaio, chamada Rockwell superficial, para a caracterización de pezas moi delgadas, coma coitelas de afeitar ou capas de materiais que recibiron algún tratamento de endurecemento superficial.
  • Dureza Webster: Emprega máquinas manuais na medición, sendo apto para pezas de difícil manexo coma perfiles longosextruídos. O valor obtido adoita converterse a valores Rockwell.
  • Dureza Vickers: Emprega coma penetrador un diamante con forma de pirámide cuadrangular. Para materiais brandos, os valores Vickers coinciden cos da escala Brinell.

Escala de Mohs

[editar |editar a fonte]

Enmineraloxía utilízase aescala de Mohs, creada porFriedrich Mohs, que mide a resistencia ó raiado dos minerais.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dureza&oldid=4463800»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp