Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Durban

Coord.:29°51′30″S31°01′30″L / -29.8583,31.025
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDurban
Vista aérea
Imaxe

EpónimoBenjamin d'Urban(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 29°51′30″S31°01′30″L / -29.8583,31.025
EstadoSuráfrica
ProvinciaKwaZulu-Natal
Municípios metropolitanos da África(pt)TraducireThekwini Metropolitan Municipality(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación595.061(2011)Editar o valor en Wikidata (2.634,06hab./km²)
Xeografía
Superficie225,91 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude22 mEditar o valor en Wikidata
Creación1835Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal4001 e 4000Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico031Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webdurban.gov.zaEditar o valor en Wikidata
BNE: XX5473683
Vista da praia e da cidade de Durban.

Durban (eThekwinien enzulú) é unha cidade da provincia deKwaZulu-Natal,Suráfrica, localízase nunha baía natural e ten un dos maiores portos doocéano Índico.

Posúe 3.100.000 habitantes. O 68,3 % dos habitantes son de etnia negra, o 19,9 % son asiáticos, o 8,98 % son brancos e o 2,82 % colorados. O 63 % da poboación fala zulú, 30%inglés, 3'4%xhosa, 1'4%afrikaans, 0'7 %sesotho.

Historia

[editar |editar a fonte]

O25 de decembro de1497 o explorador portuguésVasco da Gama ancorou na actual localización da cidade e deulle o nome de Río de Natal, pero non deixou ningún asentamento europeo e o territorio seguiu pertencendo aoszulús.

En1824 Francis Farewell e Henry Fynn, aventureiros e comerciantes británicos deixaron a colonia do Cabo para establecer un negocio de comercio demarfil en Natal, máis tarde uníuselles Nathaniel Isaacs que marchara na súa busca e xuntos estableceron un posto comercial nun terreo que lles dera o rei Shaka dos zulús, que denominaron Port Natal, o pequeno asentamento converteuse nunha cidade e en 1835 déronlle o nome de Durban, en honra do gobernador da colonia do Cabo,Benjamin d'Urban. Os boers establecéronse sobre as montañas de Drakensberg en 1838 e, despois dunha serie de batallas, o goberno do Cabo construíu un forte. En 1844 o territorio pasou a formar parte da colonia do Cabo e os colonos británicos comezaron a establecerse na cidade. A partir de 1860 os británicos trouxeron milleiros de traballadores daIndia e doutros países asiáticos para traballaren nos campos decana de azucre.Mahatma Gandhi viviu na cidade, e foi onde adquiriu conciencia política, ao ver a discriminación que sufrían os indios.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]

Web oficial de Durban (en inglés)

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Durban&oldid=6930171»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp