Duque é un dostítulos nobiliarios europeos con que osmonarcas amosan a súa gratitude a certas persoas. A súa forma feminina é duquesa. Oseñorío dun duque recibe o nome de ducado. Sóeselle conceder a fillos da realeza que non son herdeiros. Este título, enEspaña, leva ligada a dignidade deGrande de España.
O título ten a súa orixe nos cargostardorromanos ebizantinos do latínDux, plural "duce". En latín clásico,Dux denotaba o rango militar deXeneral (palabra que, á súa vez, deriva a súa semántica probablemente do infinitivo"duco": guiar desde a fronte, en oposición a"ago": guiar desde atrás, de xeito que "o que guía desde a fronte" denotaría orixinalmente a un guía militar ou caudillo).
Eventualmente, a raíz da práctica de conceder terras aos xenerais vitoriosos, o dito título utilizouse coma unha referencia nobiliaria que designa a un membro da clase alta. Durante séculos usaríase esa mesma forma latina enVenecia, para designar ao xefe daRepública Adriática.
Conforme se foron desenvolvendo os reinosxermánicos tras a caída do imperio, o título foi usado por altos cargos, gobernadores, caudillos... etc. No sistema social e político coñecido comoFeudalismo queCarlomagno fundou ao dividir os seus dominios encondados, os duques ocupaban o nivel máis alto na escala nobiliaria.
Posteriormente, coaCapitular de Quierzy, converteuse en hereditario, pasando de pais a fillos.
Noséculo XIX, coa abolición dosdereitos señoriais perderon a súa autoridade e poder, aínda que en moitos países conservouse o título por herdanza de forma honorífica e ás veces a súa riqueza e influencia.
O súa etimoloxía foi moi utilizada polos movementos de corte fascista do século XX, así o apelativo "IlDuce" utilizado polo ditadorBenito Mussolini é unha derivación da voz Dux/duce. O equivalente xermano “Der Führer” (o guía, o líder) é unha tradución do mesmo termo. "Elcaudillo", título que se concedeu a si mesmo o xeneralFrancisco Franco (se ben proveniente do latíncapitellum) é unha equivalencia destes termos, todos eles orixinados no concepto Dux (duque) “o que guía desde a fronte”