![]() | Atención:Este artigo ou sección semella conterinvestigacións orixinais. |
![]() | Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde abril de 2017.) |
Adulzaina é un instrumento de vento de lingüeta dobre da familia doóboe (é o equivalente dabombarda bretoa). Ten forma cónica e uns 30cm de lonxitude.
Os instrumentos precursores dadulzaina orixináronse naMesopotamia polo ano 3000 a C., onde había unha ampla diversidade de instrumentos moi parecidos. Todos estes instrumentos de vento e lingüeta son englobados dentro do termoabub. Este foi o precursor dos seus sucesoresaulos naGrecia etibia naRoma. Todos teñen elementos comúns, como sección cónica e lingüeta; foron extensamente coñecidos en tódalas civilizacións antigas mediterráneas, até o punto de relegar ós instrumentos derivados da frauta a un segundo plano.
Ás veces estes instrumentos contaban con dous tubos, situados en ángulo pechado e unidos por un traveseiro, sendo un melódico e o outro de nota fixa ou bordón, coma agaita e o propioaulos grego.
Este instrumento de vento da antigüidade estivo a punto de desaparecer nos albores daIdade Media, posto que as invasións nórdicas impuxeron os seus propios instrumentos. Polo que atangue ós de vento, preferían as trompas, motivo polo cal no século V extinguíronse moitos instrumentos de lingüeta, que tiveron que ser reimportados polos árabes cando penetraron tres séculos despois enEspaña. Isto explica que durante un longo período de tempo, só se encontren dulzainas no sur, citadas nos textos con variantes arábigas do termozolami, moi común nos escritos musicais deAl-Ándalus, a actualAndalucía.