Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ducado de Cornualla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo do ducado de Cornualla.

Oducado de Cornualla é un título nobiliario dacoroa británica e que corresponde ao fillo máis vello e herdeiro do monarca. Dende2022 o duque de Cornualla éGuillerme de Gales.

O ducado de Cornualla

[editar |editar a fonte]

O ducado de Cornualla posúe unha extensión de 52 449hectáreas localizadas, fundamentalmente, ao longo de vintecondados nosueste deInglaterra e nasillas Scilly.[1] Polo tanto, a maior parte das propiedades do ducado están fóra deCornualla, pois aló ten 7 571 hectáreas.[2]

Anualmente, o ducado de Cornualla proporciona uns ingresos de máis de 20 millóns delibras esterlinas que se destinan a manter ás obras públicas e privadas da familia do titular.[3] Estímase que cobra o arrendamento dunhas 600 residencias e 700 labradíos.[4]

Ademais, sendo duque de Cornualla,Carlos III do Reino Undio promoveu a edificación das cidades planificadas de Poundbury (Dorset) e Nansledan (Cornualla) dentro das terras do ducado.[5][6] Tamén destacou polo pulo dado á agricultura sustentable nas súas explotacións e o coidado dabiodiversidade.[7]

Historia

[editar |editar a fonte]

A partir doséculo XIV algunhasmonarquías europeas crearonseñoríos que cederon aos herdeiros primoxénitos do rei para que as rendas do mesmo os dotase dun patrimonio de seu. Deste xeito, o título foi creado en1337 polo reiEduardo III para o seu fillo e herdeiro,Eduardo de Woodstock, chamado o "príncipe negro".[8] Dende entón este título corresponde ao fillo máis vello dorei de Inglaterra, a quen tamén se lle outorgan os títulos depríncipe de Gales, e dende oséculo XVII, o de duque de Rothesay como herdeiro do trono deEscocia.

A persoa que máis tempo ostentou este título foi Carlos III. Entre2005 e2022 o título gañou notoriedade pois foi empregado porCamila do Reino Unido logo do seu matrimonio conCarlos de Inglaterra.

Lista de duques de Cornualla

[editar |editar a fonte]
Duque de CornuallaPaiDendeAté
Príncipe NegroEduardo III13371376 (morte)
Ricardo IIPríncipe Negro13761377
Henrique VHenrique IV1399 (Parlamento)1413
Henrique VIHenrique V1421 (nacemento)1422
Eduardo de WestminsterHenrique VI1453 (nacemento)1471 (morte)
Eduardo V de InglaterraEduardo IV14701483
Eduardo, Conde de SalisburyRicardo III1483 (Inicio do reinado do pai)1484 (morte)
Arturo TudorHenrique VII1486 (nacemento)1502 (morte)
Henrique VIIIHenrique VII15021509
HenriqueHenrique VIII1511 (nacemento)1511 (morte)
HenriqueHenrique VIII1514 (nacemento)1514 (morte)
HenriqueHenrique VIII1534 (nacemento)1534 (morte)
Eduardo TudorHenrique VIII1536 (nacemento)1536 (morte)
Eduardo VIHenrique VIII1537 (nacemento)1547
Henrique EstuardoXacobe I1603 (inicio do reinado do pai)1612 (morte)
Carlos IXacobe I16121625
Carlos XacobeCarlos I1629 (nacemento)1629 (morte)
Carlos IICarlos I1630 (nacemento)1649
Xacobe Francisco EstuardoXacobe II de Inglaterra e VII de Escocia1688 (nacemento)1689
Xurxo IIXurxo I17141727
Federico LuisXurxo II17271751 (morte)
Xurxo IVXurxo III17621820
Eduardo VIIVitoria I18411901
Xurxo VEduardo VII19011910
Eduardo VIIIXurxo V19101936
Carlos IIISabela II19522022
GuillermeCarlos III2022no cargo

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "About the Duchy".duchyofcornwall.org. Arquivado dendeo orixinal o 20 de setembro de 2022. Consultado o2022-09-18. 
  2. Becquart, Charlotte (2022-09-09)."King Charles owned lots of Cornwall from castles to Camel estuary".CornwallLive(eninglés). Consultado o2022-09-18. 
  3. "What is the Duchy of Cornwall - and what does it mean for Prince William?".ITV News(eninglés). 2022-09-12. Consultado o2022-09-18. 
  4. "The Duchy of Cornwall: facts".www.princeofwales.gov.uk(eninglés). Consultado o2022-09-18. 
  5. Saunders, Doug (2022-09-16)."Poundbury, the experimental town designed by King Charles, offers a window into his thinking".The Globe and Mail(eninglés). Consultado o2022-09-18. 
  6. Smallcombe, Mike (2019-10-20)."Life inside the new town being built by Prince Charles in Cornwall".CornwallLive(eninglés). Consultado o2022-09-18. 
  7. Griffin, Susan (2022-04-18)."Behind the scenes of the Duchy of Cornwall".Great British Life(eninglés). Consultado o2022-09-18. 
  8. "History of the Duchy".duchyofcornwall.org. Arquivado dendeo orixinal o 04 de outubro de 2022. Consultado o2022-09-18. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
A Galipedia ten unportal sobre:Cornualla

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ducado_de_Cornualla&oldid=7109274»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp