Abolboreta flama (Dryas iulia) é unhaespecie delepidóptero pertencente á familiaNymphalidae. É o único membro doxéneroDryas e ten catorce subespecies.
As súas ás teñen unha forma alongada e cor alaranxada con estreitas marxes negras. As femias teñen un ton máis escuro que os machos. Os ovos son de cor amarela-limón.[1] En estadolarval despide substancias químicas tóxicas para as súas predadores. Aeiruga desenvólvese sobre especies dePassiflora.
Distribúese desde o sur dosEstados Unidos até oParaguai.
- Dryas iulia iulia - Descrita por Fabricius en1775, de exemplar proveniente dePorto Rico.
- Dryas iulia fucatus - Descrita por Boddaert en1783, de exemplar proveniente daRepública Dominicana.
- Dryas iulia delila - Descrita por Fabricius en 1775, de exemplar proveniente deXamaica.
- Dryas iulia alcionea - Descrita por Cramer en1779, de exemplar proveniente doSuriname.
- Dryas iulia dominicana - Descrita por Hall en1917, de exemplar proveniente daDominica.
- Dryas iulia framptoni - Descrita por Riley en1926, de exemplar proveniente deSan Vicente e as Granadinas.
- Dryas iulia lucia - Descrita por Riley en 1926, de exemplar proveniente deSanta Lucía.
- Dryas iulia carteri - Descrita por Riley en 1926, de exemplar proveniente dasBahamas.
- Dryas iulia moderata - Descrita por Riley en 1926, de exemplar proveniente deHonduras.
- Dryas iulia nudeola - Descrita por Bates en1934, de exemplar proveniente deCuba.
- Dryas iulia warneri - Descrita por Hall en1936, de exemplar proveniente deSaint Kitts e Nevis.
- Dryas iulia martinica - Descrita por Enrico & Pinchon en1969, de exemplar proveniente daMartinica.
- Dryas iulia largo - Descrita por Clench en1975, de exemplar proveniente daFlorida (Estados Unidos).
- Dryas iulia zoe - Descrita por Miller & Steinhauser en1992, de exemplar proveniente dasillas Caimán.