Osdrusos (en árabe:duruzi دروزي, plural:duruzدروز ; en hebreo:druzi דרוזי, pl.druzim דרוזים) son unha minoría relixiosa que habita, principalmente, noLíbano,Israel,Siria, eXordania. Así mesmo, existen pequenas comunidades de emigrantes drusos nosEstados Unidos,Canadá,América do Sur,Australia, eEuropa. Falan oárabe e seguen patróns sociais moi similares aos dosárabes deOriente Próximo. A maioría dosmusulmáns da rexión non os consideranmusulmáns, aínda que eles defenden que a súa relixión é oislam. A maior parte dos drusos considérase árabe, aínda que algúns drusosisraelís non. Existen ao redor dun millón de drusos nomundo, a meirande parte noOriente Próximo.
EnIsrael os drusos israelís serven noexército, de forma voluntaria desde1948, e de forma obrigatoria desde1956. Os seus privilexios e responsabilidades son as mesmas que as dosxudeus israelís, polo que todos son recrutados, aínda que se lles conceden excepcións aos estudantes relixiosos e por outras razóns.
Os drusos chámanse a si mesmosAhl al-Tawhid ("xentes dun só Deus"), polo que se consideran monoteístas. Discútese cal é a orixe do nome «druso», que se adoita atribuír ao ismaelitaMuhammad al-Darazi, morto en1021, un dos primeirosprofetas daseita, considerado un herexe polos drusos actuais.
Arelixión,monoteísta e desenvolvida noséculo X, acepta a lexitimidade dos profetas das tradiciónsgrega, xudeu-cristiá e islámica, incorpora elementosgnósticos e, segundo algunhas fontes,[quen?] cren na reencarnación. Os drusos manteñen en segredo boa parte dos detalles da súafe (practicando ataqiyya, tomada doislamxiíta), non aceptan conversións e desaconsellan firmemente o paso dunharelixión a outra. Isto débese en parte a motivos históricos; os drusos foron violentamente perseguidos durante séculos por outras comunidades relixiosas.