Dromaius | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Dromaius é un xénero deavesestrutioniformes dafamiliaDromaiidae. Son aves grandes, non voadoras (ratites). O seu hábitat natural atópase no continente de Oceanía; na actualidade só sobrevive unhaespecie, oemú, que é a segunda ave de maior tamaño do mundo, após aavestruz.
A súaplumaxe é de cor cinsenta apardada, cunha distintiva gorxa de cor azul pálida. Son aves omnívoras que se alimentan deinsectos e de sementes. Foron moi comúns, porén durante o século pasado se decimaron as súas poboacións, xa que o home europeo, ao colonizar este continente, descubriu que esta ave era incompatíbel coaagricultura que pretendía desenvolver. Unha curiosidade que ten esta ave é que os seus ovos, a diferenza doutras aves, son dunha cor verde escura.
Estas aves foron clasificadas dentro dunha familia propia,Dromaiidae e posteriormente foron incluídas, xunto coscasuarios, dentro da familiaCasuaridae.[1] Agora tornan a se clasificaren na familia Dromaiidae.[2]
Unicamente sobrevive unha especie,Dromaius novaehollandiae que á súa vez ten tres subespecies viventes e unha extinta: o emú deTasmania. As outras dúas especies de emú extintas son o emú da Illa King (Dromaius ater), extinta en1822, e o emú daIlla Kangaroo (Dromaius baudinianus) extinta en1920.