DresdenLocalización Estado Alemaña Estado federado Saxonia - Sachsen Capital de Contén a división administrativa Poboación Poboación 566.222(2023) (1.723,76hab./km² ) Xeografía Superficie 328,48 km² Bañado por Río Elba ,Weißeritz (en) ,Lockwitzbach (en) ,Prießnitz (en) ,Kaitzbach (en) eLausenbach (en) Altitude 126 m Punto máis alto Triebenberg (383 m)Punto máis baixo Niederwartha (en) Comparte fronteira con Datos históricos Creación 1206(Gregoriano) Evento clave
Organización política • Xefe do goberno Dirk Hilbert (2015–) Órgano lexislativo Dresden City Council (en) ,Membro de Identificador descritivo Código postal 01067, 01326, 01309, 01069, 01097, 01099, 01159, 01127, 01307, 01129 e 01279 Fuso horario Prefixo telefónico 351 e 35201 Código NUTS DED21 Clave de rexión en Alemaña 146120000000 Número de municipio alemán 14612000 Outro Irmandado con Sitio web dresden.de
Dresden [ 1] [ 2] ouDresde [ 3] (enalemán :Dresden ) é unha cidadealemá á beira doElba e capital doestado federado deSaxonia . Conta con 512.234 habitantes (2008 ) e está altamente industrializada (por exemplo, hai fábricas deVolkswagen ,Airbus etc.).
Limita ao noroeste codistrito de Meißen , ao nordés co deBautzen e ao sur co deSächsische Schweiz-Osterzgebirge . Dresden atópase xusto no centro daconurbación homónima. Situada no centro deEuropa , constitúe un nó de transportes fundamental á vez que un centro económico de grande importancia.[ 4] Esta aglomeración, xunto coa deChemnitz -Zwickau e a deLeipzig -Halle , constitúen a chamada "rexión metropolitana do triángulo saxón".[ 5] A poboación total de Dresden supera os 525.000 habitantes eo seu correspondente Regierungsbezirk ou rexión administrativa, o millón e medio.[ 6]
OVal do Elba en Dresden foiPatrimonio da Humanidade daUnesco entre2004 e2009 , pero perdeu o seu sitio en dita lista debido á construcióndunha ponte a dous quilómetros docentro histórico . Deste xeito, converteuse no primeiro lugar en Europa e segundo en todo o mundo en perder esta condición.[ 7]
En 2015, a cidade foi laureada, xunto coa suecaVara coPremio de Europa , unha distinción outorgada anualmente poloConsello de Europa , desde 1955, a aqueles municipios que fixesen notables esforzos para promover o ideal da unidade europea.
↑ "Mitgliedsstädte" .Deutscher Städtetag (enalemán ) . 31 de decembro de 2022. Consultado o 27 sw maio de 2025 .