Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Dragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Dragón (homónimos).
MS Harley 3244, un manuscritomedieval datado ao redor de1260, contén a imaxe máis antiga recoñecible dundragón europeo moderno.

Undragón[1] é unha criaturaréptillendaria que aparece nofolclore emitoloxía de moitasculturas en todo o mundo. As crenzas sobre os dragóns varían considerablemente entre as rexións, pero os dragóns das culturasoccidentais desde aAlta Idade Media foron a miúdo representados comoalados, concornos e capaces de respirarlume. Os dragóns das culturasorientais adoitan representarse como criaturas serpentinas sen ás, de catro patas e cunha intelixencia superior á media. As características comúns entre os trazos dos dragóns adoitan ser unha mestura de característicasfelinas,réptiles eaviarias. Os estudosos cren que os grandescrocodilos extintos ou en migración poden coincidir co modelo das imaxes modernas dos dragóns orientais.[2][3]

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

Procedente dofrancés antigodragon, que, á súa vez, provén dolatín:draconem (nominativodraco) que significa "enormeserpe, dragón", dogrego antigoδράκων,drákōn (xenitivoδράκοντος,drákontos) "serpe".[4][5] O termo grego e latino referíase a calquera gran serpe, non necesariamente mitolóxica. A palabra gregaδράκων probablemente derive doverbo gregoδέρκομαι (dérkomai) que significa "eu vexo", cuxa formaaoristo éἔδρακον (édrakon).[5] A palabra grega probablemente derive dunha baseindoeuropea*derḱ- que significa "ver"; a raízsánscritaदृश् (dr̥ś-) tamén significa "ver".[6]

Omušḫuššu é un monstro serpentino semellante ao dragón da antigamitoloxía mesopotámica con corpo e pescozo dunhaserpe, as patas dianteiras dunleón e as traseiras dunpaxaro. Aquí móstrase como aparece naporta de Ishtar da cidade deBabilonia.

Orixes dos mitos

[editar |editar a fonte]

Criaturas semellantes ao dragón aparecen en practicamente todas as culturas do mundo[7] e as primeiras representacións semellan serpes xigantes. Os dragóns descríbense por primeira vez nas mitoloxías do antigoOriente Próximo e aparecen na antiga arte e literaturamesopotámicas. As historias sobre os deuses das tormentas que mataban serpes xigantes ocorren en case todas as mitoloxías do Próximo Oriente e indoeuropeas. Os dragóns prototípicos famosos inclúen osmušḫuššu daantiga Mesopotamia;Apep namitoloxía exipcia;Vṛtra noRigveda; oLeviatán naBiblia hebrea;Grand'Goule na rexión dePoitou enFrancia;Pitón,Ladon,Wyvern eKulshedra namitoloxía albanesa e aHidra de Lerna namitoloxía grega;Jörmungandr,Níðhöggr eFafnir namitoloxía nórdica; e o dragón deBeowulf.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paradragón.
  2. Stromberg, Joseph (2012)."Where Did Dragons Come From?".Smithsonian(en inglés). 
  3. "Archeologists Find Crocodile is Prototype of Dragon".People´s Daily(en inglés). 2000. 
  4. Ogden, Daniel (2013).Drakon: Dragon Myth and Serpent Cult in the Ancient Greek and Roman Worlds. Oxford University Press.ISBN 978-0-19-955732-5. 
  5. 5,05,1Liddell, Henry George; Scott, Robert (1940)."A Greek-English Lexicon".Perseus project. 
  6. Skeat, Walter W. (1888)."An etymological dictionary of the English language".Oxford Clarendon Press: 178. 
  7. Malone, Michael S. (2012).The Guardian of All Things: The Epic Story of Human Memory. St. Martin's Press.ISBN 978-1-250-01492-4. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dragón&oldid=6379332»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp