Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Doutrina Monroe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Doutrina Monroe
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
Implicados
 Creador/a
Datas
 Fundación / creación
1823Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Localización
 Lugar de publicación
 País
Identificadores
Freebase/m/053xkEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX553951
Wikidata C:Commons

ADoutrina Monroe, enunciada inicialmente en1823 polo entón presidente dosEstados Unidos de AméricaJames Monroe, en resposta á ameaza que supuña a restauración monárquica enEuropa e aSanta Alianza, sintetizouse posteriormente na coñecida fórmula "América para os americanos". Coas súas transformacións e adaptacións ao longo das décadas representa o ortograma da política exterior norteamericana, desde o isolacionismo do novo continente ao veto fronte ás pretensións das nacións europeas de intervir enAmérica. En virtude dela os Estados Unidos interpretarían como perigosa para a súa paz e seguridade toda tentativa do Vello Mundo de recuperar ou espallar a súa influencia sobre o continente americano.

A doutrina foi presentada polo presidenteJames Monroe durante o seu sétimo discurso no Congreso sobre o Estado da Unión. Foi tomado inicialmente con dúbidas e posteriormente con entusiasmo. Foi un momento definitorio na política exterior dos Estados Unidos. A doutrina foi concibida polos seus autores, especialmenteJohn Quincy Adams, como unha proclamación dos Estados Unidos da súa oposición aocolonialismo, pero foi posteriormente reinterpretada de diversos xeitos.

Ao comezo doséculo XX Estados Unidos afirmou o seu destino manifesto e o presidenteTheodore Roosevelt, Jr. emitiu o Corolario de1904 (Corolario Roosevelt) afirmando que, se un país americano situado baixo a influencia dos Estados Unidos ameazaba ou puña en perigo os dereitos ou propiedades de cidadáns ou empresas estadounidenses, o goberno dos Estados Unidos estaba obrigado a intervir nos asuntos internos do país "exasperado" para reordenalo, restablecendo os dereitos e o patrimonio da súa cidadanía e as súas empresas. Este corolario supuxo, en realidade, unha carta branca para a intervención dos Estados Unidos enAmérica Latina e oCaribe.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
  • Doutrina Monroe (Textos en inglés e en español da doutrina e unha ampla selección de textos sobor da mesma.)
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Doutrina_Monroe&oldid=7277422»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp