![]() (1955) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1897![]() Hamburgo, Alemaña ![]() |
Morte | 14 de xaneiro de 1987![]() Lugano (Suíza) ![]() |
Educación | Universidade de Múnic![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Leipzig Hollywood ![]() |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, guionista, realizador![]() |
Período de actividade | 1934![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Hamburgische Biografie NFF Archief ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Hans Detlef Sierck, nado enHamburgo o26 de abril de1897 e finado enLugano (Tesino) o14 de xaneiro de1987 foi undirector de cinemaalemán, coñecido comoDouglas Sirk e famoso polosmelodramas que dirixiu en Hollywood na década de 1950.
Tras triunfar no teatro alemán na década de 1920, uniuse áUFA en 1934, comezando unha exitosa carreira en curtametraxes e comedias musicais. Abandonou Alemaña en 1937 polas súas ideas políticas e porque a súa segunda esposa, a actriz Hilde Jary, era xudía. Tras traballar en varios países europeos chegou aosEstados Unidos, conseguindo en 1942 un contrato conColumbia Pictures, xa co nome artístico de Douglas Sirk.
Cando acabou asegunda guerra mundial volveu brevemente ao seu país, pero de novo nos Estados Unidos estableceu unha gran reputación cos coloridos melodramas que dirixiu paraUniversal Studios entre 1952 e 1959. A pesar do éxito obtido conImitation of Life (axudado polo escándalo provocado co asasinato do noivo deLana Turner) deixou o país e a dirección.
Finou en Lugano (Suíza) trinta anos máis tarde, cando xa era unha referencia recoñecida para autores contemporáneos comoPedro Almodóvar,John Waters ouTodd Haynes.