Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Donostia

Coord.:43°19′N1°59′O / 43.32,-1.98
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:San Sebastián.
Modelo:Xeografía políticaDonostia
Donostia (eu)
San Sebastián (es)Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe

Lema«Fidelidad, nobleza y lealtad»Editar o valor en Wikidata
Alcumekaskarinak eñoñostiarrakEditar o valor en Wikidata
EpónimoSebastiánEditar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°19′N1°59′O / 43.32,-1.98
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaGuipúscoa
ComarcasDonostialdeaEditar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalDonostia-San Sebastián(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación189.093(2024)Editar o valor en Wikidata (3.105,49hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie60,89 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico eRío UrumeaEditar o valor en Wikidata
Altitude6 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1180Editar o valor en Wikidata
Evento clave
7 de xullo de 1813Siege of San Sebastián(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataEneko Goia(2015–)Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal20001–20018Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico943 e 843Editar o valor en Wikidata
Código INE20069Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webdonostia.eusEditar o valor en Wikidata
Facebook: 129288810450590Twitter: ayto_SSYoutube: UCR3gY8dxEdj9utVlGSxpKlAEditar o valor en Wikidata

Donostia[1] (enéuscaroDonostia; encastelánSan Sebastián; as dúas denominacións cooficiais[2]) é unha cidade econcello do norte doPaís Vasco, na costa dogolfo de Biscaia e na proximidade da fronteira conFrancia. É a capital da provincia deGuipúscoa desde1854. A súa poboación é de 188.240 habitantes (2020), e a súaárea metropolitana alcanza os 436.500 (2010).

As súas principais actividades económicas son o comercio e o turismo,[3] constituíndo no pasado un dos máis famosos destinos turísticos deEspaña. A súa paisaxe, dominada polabaía da Concha, así como o seu desenvolvemento arquitectónico moderno iniciado na segunda metade doséculo XIX, que configurou unha cidade de corte francés e aburguesado, propiciaron o desenvolvemento da actividade turística a escala europea. Todo iso, unido a eventos internacionais como oFestival Internacional de Cine de Donostia, deu proxección exterior á cidade, malia as súas pequenas dimensións.

Donostia foi aCapital Europea da Cultura en2016 xunto conWrocław.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O seu nome provén da Igrexa de San Sebastián. O nomeéuscaroDonostia é unha posible evolución deDone Sebastiane (Done significa santo). Tamén é coñecida comoA Bela Easo. O seuxentilicio é donostiarra (engalego,éuscaro ecastelán), se ben no pasado tamén se empregaba o xentilicio de easonenses (da Bela Easo).

O concello da cidade admite 2 denominacións oficiais[2]:

  • Donostia, a denominación oficial enéuscaro.
  • San Sebastián, a denominación oficial encastelán.

Entre1980 e2012 a denominación oficial da cidade foi a bilingüeDonostia-San Sebastián. Tamén é coñecida comoSanse (forma coloquial),Donosti (variante coloquial deDonostia, a máis utilizada polos cidadáns),A Bela Easo ouIrutxulo.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Donostia aséntase a beiras domar Cantábrico, tendo varias praias (sendo a máis coñecida a daConcha, nabaía homónima) e un pequeno porto ao abrigo domonte Urgull. Posúe ademais outras montañas, tanto promontorios costeiros como terra dentro, estando a súa cima máis alta, Urdaburu (602 msnm), nunexclave homónimo. Aínda que o relevo é accidentado atópanse algunhas zonas planas de certa amplitude nos vales, chairas onde se concentra boa parte do núcleo urbano.

Clima

[editar |editar a fonte]

Donostia, que posúe unclima oceánico, é unha das cidades máis chuviosas de España. Aschoivas son abundantes en todas as estacións do ano, especialmente nooutono. As precipitacións en forma de neve son escasas e o número de xeadas adoita variar entre 5 e 10 anuais. A finais de setembro e principios de outubro adoitan darsemareas vivas, preamares máis altas e baixamares máis baixas do normal.

Climograma de Donostia.

As temperaturas son suaves e temperadas (cunha media de 15 °C), aínda que no verán e inverno a alta humidade (situada en torno a un 70-80 % a maior parte dos días do ano) provoca sensacións térmicas máis acusadas. Os días que sopra o vento do sur, que provocaefecto Foehn, eleva as temperaturas ata os 20 °C en pleno inverno e ata os 37-38 °C no verán, descendendo a humidade considerablemente, aínda que esta situación de altas temperaturas no verán adoita durar pouco tempo, interrompéndose cun xiro de vento a compoñente noroeste, o cal provén do mar Cantábrico. Este fenómeno é agalerna e vén acompañado dun brusco descenso das temperaturas e en ocasións de nubes, tormentas ou ata néboa mariña.

En situación de invasión de aire frío procedente de Europa (ventos do nordés), Donostia é unha das primeiras cidades en notar o frío e adoita ser unha das capitais costeiras españolas máis afectadas dada a súa proximidade aFrancia, isto débese a que os ventos non teñen percorrido marítimo e polo tanto tempéranse menos que noutras cidades, polo que non é raro ver apraia de La Concha cuberta de neve. As temperaturas extremas de San Sebastián son de 40 °C e de -13 °C, ambas tomadas no aeroporto.

Demografía

[editar |editar a fonte]

A poboación de Donostia creceu de xeito progresivo ao longo doséculo XX. Entre1900 e1930 o crecemento foi regular, pasando a duplicarse nos apenas 35 anos que separan1930 de1965. Esta repunta no crecemento demográfico viuse atenuada por un menor crecemento a partir da década de 1970, chegando a reducirse a poboación por primeira vez no século a finais da década de 1980, como consecuencia da caída xeneralizada da natalidade en todo o país.

O crecemento actual da poboación é lento, aínda que o fenómeno dainmigración, aínda incipiente na cidade (os inmigrantes, a 2006, chegan ao 5 % do padrón de habitantes, segundo a Sociedade de Fomento do concello), pode incidir nunha repunta do crecemento demográfico. Segundo os datos a1 de xaneiro de2009, a poboación total é de 185.357 habitantes, dos cales 97.192 son mulleres (53 %) e 86.116 homes (47 %).

Barrios

[editar |editar a fonte]
Ponte de Kursaal, co Hotel María Cristina (esquerda) e o Teatro Victoria Eugenia (dereita) ao fondo, desde o río Urumea.
Ponte María Cristina, coaEstación de ferrocarril e Tabacalera ao fondo, conecta o Centro co barrio deEguía.
As fachadas da Rúa da Raíña Rexente, fronte ao Teatro Vitoria Eugenia, son unha boa mostra da típica arquitectura donostiarra de finais doséculo XIX e comezos doséculo XX. Forman parte do que se denominou barrio novo de Salamanca, que se desenvolveu en sentido Leste desde a Parte Vella ata orío Urumea, e non no sentido Sur do Ensanche de Cortázar.
Sede da Deputación de Guipúscoa na Praza de Guipúscoa.
O barrio donostiarra deZubieta está situado nun contorno rural a pouca distancia deLasarte. Nel atópase o Hipódromo de Donostia e as instalacións de adestramento daReal Sociedad.
Vista daPraia de La Concha desde os Xardíns de Alderdi Eder, fronte ó concello.
APraia de La Concha ten unha anchura que varía en gran medida en función das mareas, con marea alta.
  • Aiete: barrio residencial.
  • Altza: é o Barrio máis densamente poboado da cidade, de orixe rural, experimentou un gran crecemento nos anos 60 debido á inmigración, chegou a ser municipio independente, aspiración que aínda existe en parte da poboación.
  • Amara: é o barrio que máis creceu ultimamente, divídese en varias partes Amara zaharra (Amara Vello) e Amara Berri (Amara Novo), barrio de moita actividade comercial onde se atopa oEstadio de Anoeta.
  • Antigua: é o barrio onde estaba o primeiro asentamento humano da cidade, é un barrio moi diverso xa que hai dende casas modestas ata señoriais vilas e pazos a lado daPraia de Ondarreta.
  • Añorga: barrio situado na Periferia de Donostia a medio camiño do municipio deLasarte-Oria. É unha barrio moi pequeno, só teñen dúas rúas de menos de 200 metros. Esta separado do núcleo urbano, só se pode acceder a este andado bordeando a estrada ou por medio detren,autobús ou coche.
  • Bidebieta: populoso barrio inconfundible polos seus altos rañaceos, linda co municipio dePasaia.
  • Centro: é o barrio donostiarra por excelencia. Expandiuse nos séculos XIX e XX; como o ensancheCortázar. Neste barrio situouse o centro da cidade e o Km. 0 das estradas Guipuscoanas no cruzamento da Avenida da Liberdade (ou "A Avenida"); unha das rúas máis importantes da cidade e centro económico dela; coa rúaHernani. O seu plano ortogonal ou en cuadrícula é típico doModernismo, que organiza os edificios en cuadrículas e rúas perpendiculares. De feito compárase o Centro deDonosti con cidades tan importantes comoBarcelona ouParís, ata, gañouse o nome de "A Pequena París"
  • Egia: barrio separado do centro da cidade polas vías do Ferrocarril, é un barrio con grandes costas onde se atopa o Cemiterio de Polloe.
  • Gros: barrio que pode considerarse como centro da cidade, con moita actividade comercial, que tivo unha gran revalorización coa ampliación da praia de Gros (Zurriola) e a creación do Palacio de CongresosKursaal.
  • Ibaeta: zona en expansión, tanto para usos industriais como de vivenda. Neste barrio se sitúa o campus universitario daUPV.
  • Igeldo: o 17 de decembro do2013, o barrio de Igeldo separouse do concello de Donostia, facéndose efectiva ao día seguinte e constituíndose no 89º concello deGuipúscoa[4]. Dous meses máis tarde oTribunal Superior de Xustiza de Euskadi anulou a súa segregación.
  • Intxaurrondo: outro barrio moi populoso. Afastado do casco urbano.
  • Loiola: barrio coñecido por estar situado o cuartel militar de Loiola, hoxe case en desuso.
  • Martutene: barrio coñecido por estar situada o cárcere do mesmo nome.
  • Parte Vella: é o barrio máis vello da cidade, os seus habitantes divídense enKoxkeros (Os nados xunto á Igrexa de Santa María) ejoxemaritarras (Os nados xunto á Igrexa de San Vicente). O nome San Sebastián vén da parroquia do mesmo nome situada neste barrio.
  • Zubieta: caso parecido ao de Igeldo, neste caso o municipio atópase dividido entre os termos municipais de Donostia eUsurbil, moi coñecido porque se atopan as instalacións deportivas daReal Sociedad de Fútbol.

Festividades

[editar |editar a fonte]

A tamborrada

[editar |editar a fonte]

A noite do 19 ao 20 de xaneiro a Praza da Constitución da Parte Vella énchese de donostiarras ao redor do taboado no que se sitúa atamborrada da Sociedade Gaztelubide, composta ata o2005 soamente por homes. A lei de Igualdade doGoberno Vasco, tivo como consecuencia a entrada da muller por primeira vez, en2006; nesta tradición dende mediados do século XIX. O ambiente vai crecendo ata que ás doce da noite toda a cidade está pendente da izada da bandeira ao mesmo tempo que os tambores e barrís da sociedade Gaztelubide tocan o himno da cidade e o resto de cancións compostas porRaimundo Sarriegi para esta data.

Ao longo da mañá do día 20, sae á rúa a Tamborrada Infantil, con máis de medio centenar de compañías infantís de centros escolares da vila, que seguen un percorrido establecido polas rúas máis importantes da cidade ao son das melodías de Sarriegi.

Ademais, durante todo o día pódense ver distintas compañías que van por outros percorridos, cada unha cos seus orquestras. Aínda que é máis común velas pola tarde, xa que respectan o percorrido infantil. En moitas ocasións, debido á gran cantidade de tamborradas que existen, varias compañías diferentes atópanse en distintos puntos dos seus percorridos. Aí aproveitan para tocar xuntos algunhas cancións.

A festa continúa ata a noite do 20 ao 21, cando a cidade se reúne de novo na Praza da Constitución esta vez ao redor da tamborrada da Unión Artesá (a Sociedade máis antiga da cidade). Esta compañía toca as cancións de Sarriegui por última vez este ano, para acabar tocando o himno da cidade ás doce da noite, á vez que se ergue a bandeira da vila.

Himno

[editar |editar a fonte]

O himno de Donostia é un texto enéuscaro deRaimundo Sarriegi, dividido en tres partes. A primeira enxalza a cidade, única no mundo; e o santo, único no ceo. A segunda parte fala dos "joxemaritarras", que van tocando de rúa en rúa divertindo á xente. Na terceira parte faise referencia a que dende as doce da noite hai que esquecer as mágoas, xa que os tamorreros van ir berrando pola cidade. Ademais, ao principio e ao final do himno, dise "estamos aquí nós tamén, sempre felices, sempre alegres".

Ba gera, gu ere bai, gu beti pozez, beti alai. Beti alai!!
Sebastian bat bada zeruan, Donosti bat bakarra munduan.
Hura dá santua, ta hau dá herria, horra zer dan gure Donostia!! (bis)
Hiru txuloko, gaztelupeko
joxemaritar zahar eta gazte, joxemaritar zahar eta gazte
kalerik kale, danborra joaz, humore ona zabaltzen hor dihoaz. Joxemari!! (bis)
Gautandik gerora, penak txokora!!
Festara!! Dantzara!!
Donostiarrei oihu egitera gatoz!!
Poz aldiz!! Inauteriak datoz!! (bis)
Ba gera, gu ere bai, gu beti pozez, beti alai. Beti alai!!

Outras festividades

[editar |editar a fonte]

En agosto, durante a semana anterior ao día daAsunción, celébrase a Semana Grande Donostiarra, as festas da cidade. Entre as diversas actividades que se dan, está o concurso internacional delumes artificiais. Cada noite desa semana unha casa pirotécnica distinta, todas elas chegadas de distintas partes do mundo, encárgase de lanzar os seus lumes artificiais dende os xardíns deAlderdi Eder sobre abaía da Concha.

Ademais, o31 de agosto lémbrase o incendio que arrasou a cidade en 1813 deixando en pé unha soa rúa; a máis antiga da cidade: a rúa 31 de Agosto, na Parte Vella.

O21 de decembro é odía de Santo Tomás. Durante este día por toda a cidade pódense ver postos de produtos artesanais entre os que destacan por ser a comida típica do día otalo, achistorra (ou txistorra en éuscaro) e asidra.

Cultura

[editar |editar a fonte]

Música

[editar |editar a fonte]

A cidade é a sede doOrfeón Donostiarra e daEuskadiko Orkestra Sinfonikoa.

Festival Internacional de Cine de Donostia

[editar |editar a fonte]

A mediados de setembro, a cidade acolle personalidades do celuloide nun dos catro Festivais de Cine máis importantes do mundo. As estrelas acomódanse no hotel máis importante da cidade, o María Cristina, e as cerimonias celébranse noKursaal tan só cruzando o río Urumea dende o hotel. Neste Festival o premio máis importante é a Cuncha de Ouro de Donostia á mellor película e a Cuncha de Prata, disputada por directores e actores.

Deporte

[editar |editar a fonte]

Regatas

[editar |editar a fonte]
Donostia - Veleiros

As dúas primeiras semanas de setembro celébranse asregatas detraiñeiras daBaía da Concha. Teñen moito arraigo entre as festas populares porque cada traiñeira vai en representación doutras localidades guipuscoanas, comoHondarribia ouOrio, biscaíñas, cántabras e mesmo galegas.

A Real Sociedad

[editar |editar a fonte]

AReal Sociedad de Fútbol, coñecida popularmente como A Real (enéuscaroReala ouErreala) é o principal equipo defútbol de Donostia. Foi campión daLiga Española en dúas ocasións e gañou outros trofeos como aCopa do Rei, e estivo moitas veces ao as portas de gañar outros campionatos nacionais e internacionais.

O campo de fútbol da Real é oEstadio Municipal de Anoeta, no barrio deAmara; pero para os adestramentos utiliza asinstalacións de Zubieta, nobarrio homónimo.

Predecesor:
BélxicaMons
República ChecaPlzeň

Capital Europea da cultura
xunto conPoloniaWrocław

2016
Sucesor:
DinamarcaAarhus
ChiprePaphos

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paradonostiarra.
  2. 2,02,1Donostia / San Sebastián, nova denominación oficial
  3. Sección de Economía deGeografía e historia de Donostia-San Sebastián (referenciada o 29/08/2007)
  4. Mikel Ormazabal (17 de decembro de 2013)."Bildu aplica el derecho a decidir e independiza un barrio donostiarra".El País(encastelán). 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Donostia

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Capitais deprovincias deEspaña
Capitais europeas da cultura
Bandeira da Unión Europea
Mapa de Europa coas CEC
Escudo de armas de Guipúscoa
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Donostia&oldid=6859518»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp