Estudou na escola militar deWest Point. É o conselleiro delegado (en inglés,CEO) deThe Trump Organization, unha compañía inmobiliaria, e o fundador deThe Trump Entertainment, compañía dedicada a xestionar casinos. Fíxose especialmente famoso en televisión conThe Apprentice (O Aprendiz), unreality show do que foipresentador, narrador e xuíz, ademais de produtor executivo, durante as tres primeiras temporadas.Donald Trump é coautor dun libro chamadoWhy we want you to be rich ("Por que queremos que ti sexas rico"), que coescribiuxunto co seu amigoRobert Kiyosaki.
Ademais, participou naBatalla dos millonarios contraVince McMahon (presidente e accionista maior daWWE) enWrestlemania 23. A batalla consistiu en que cada milmillonario era representado por un loitador,Bobby Lashley (chamado oSuperman moreno) representando a Trump eUmaga representando a McMahon; a vitoria foi para Bobby Lashley e como consecuencia Vince McMahon foi rapado por completo, o invitado foi a lenda da loita libreStone Cold Steve Austin, quen ten fortes rivalidades con Vince McMahon. Esta particular loita foi o grande evento do1 de abril de2007.
Chapa da campaña de Reagan co lema 'Fagamos os EUA grandes outra vez', que inspirou o lema de Trump. Outros precedentes dun lema similar remóntanse ádécada de 1920.
Trump iniciou a súa carreira política cando anunciou a súa candidatura á presidencia dos Estados Unidos en xuño de2015 como representante doPartido Republicano. Co seu lema "Make America Great Again" (MAGA), enfocou a súa campaña en temas como ainmigración, aeconomía e a desregulación. Venceu naseleccións presidenciais de novembro de 2016, derrotando á candidatademócrataHillary Clinton, e tomou posesión como o 45º presidente dos EUA o 20 de xaneiro de2017. A súa presidencia estivo marcada por políticas internas controvertidas e un enfoque deAmerica First ("América Primeiro") na política exterior.[2]
Escenario do atentado contra Donald Trump. Ademais do candidato republicano, foron acadados tres homes, resultando morto un deles.[3]
Despois de perder as eleccións en2020 contraJoe Biden, volveuse presentar naseleccións presidenciais de novembro de 2024 contra a candidata demócrataKamala Harris, que volveu gañar Trump, após unha campaña axitada na que tivo un papel destacado o magnate de orixe surafricanaElon Musk[4] e que incluíu un atentado no que foi ferido na orella dereita.
Donald Trump recibido por Kim Jong Un o mércores 27 de febreiro de2019 enHanoi,Vietmam, para a súa segunda reunión cumio. (Foto oficial daCasa Branca)
Durante a súa presidencia, Trump adoptou un enfoque depolítica exterior que moitas veces se caracterizou por ser unilateral e de confrontación. Realizou unha serie de achegamentos a líderes usualmente consideradosautoritarios, incluíndo tentativas de diálogo conKim Jong-un deCorea do Norte[5] e unha postura conciliadora cara aVladimir Putin, aínda que estas relacións foron complexas e obxecto de crítica dentro e fóra dos Estados Unidos. ConChina, Trump iniciou a súa presidencia impondo tarifas e demandando negociacións comerciais que aumentaron as tensións, aínda que non escalou a conflitos abertos.[6]
Ademais, a administración Trump caracterizouse por unha postura de retirada de importantes acordos e tratados internacionais. En políticaambiental internacional Trump retirou oficialmente aos Estados Unidos doAcordo de París sobre ocambio climático, argumentando que era desfavorable para aeconomía estadounidense e negou repetidamente a existencia dun cambio climático antropoxénico.[7]
Tamén abandonou o Plan de Acción Integral Conxunto (Acordo Nuclear con Irán) acordado porBarack Obama, reforzando unha política de "máxima presión" contraIrán.[8]
NaOTAN, Trump acusou aos outros membros de manter un gasto insuficiente en defensa, tanto no seu primeiro mandato como durante a campaña e logo de ser electo en 2024.[9] Tamén tentou impór aranceis a produtos europeos, aumentando as tensións transatlánticas.[10] En relación cos veciños deNorteamérica, Trump mantivo tensións comerciais e políticas tanto conCanadá como conMéxico, chegando a renegociar oTratado de libre comercio de América do Norte,[11] resultando no USMCA (Acordo Estados Unidos-México-Canadá).
Ademais, as súas declaracións despectivas sobreEstados-nación como os paísesafricanos,Haití ePorto Rico (Estado asociado aos EUA) suscitaron indignación internacional e doméstica.[12][13] Na súa visión de política exterior, Trump pareceu favorecer un retorno ás "esferas de influencia", un punto que podería aliñarse con as visións de Putin, aínda que isto resultou controvertido en canto ásrelacións internacionais tradicionais dos EUA.[14]
Donald Trump estivo envolto en numerosas controversias e problemas xudiciais. Un dos máis destacados foi a investigación sobre a interferenciarusa nas eleccións de 2016, que desembocou nunha investigación extensa dirixida polo fiscal especialRobert Mueller. A pesar de que o informe final non estableceu que houbese conspiración co goberno ruso, citou varios casos de posible obstrución á xustiza por parte de Trump.[18]
En2015, o cociñeiro de orixe asturianaJosé Andrés planeaba abrir un restaurante no Trump International Hotel enWashington, D.C. Despois de que Trump fixera comentarios despectivos sobre os inmigrantesmexicanos, Andrés retirouse do contrato, polo que foi denunciado, e el mesmo presentou unha contra-demanda. As partes chegaron a un acordo en abril de2017. O hotel de Trump pechou, foi vendido aCGI Merchant Group, e reaberto en2022.[19][20] Andrés anunciou que volvería alí para abrir o restaurante.[21]
Tamén en 2022, a empresa de Trump foi condenada por esquema defraude fiscal.[22]
Ademais, Trump enfrontou varios litixios civís e criminais que incluían cuestións sobre a súa fundación, prácticas empresariais e acusacións sobre o manexo dedocumentos clasificados tras deixar o cargo. Outra grave controversia xurdiu co seu apoio tácito e, ás veces, explícito, aoasalto ao Capitolio o 6 de xaneiro de 2021. Ademais, Trump foi acusado reiteradamente de promover noticias falsas (fake news) e desinformación, especialmente en relación coa integridade do proceso electoral nos EUA e apandemia de COVID-19.
O 9 de maio de2023, un xurado concedeulle 5 millóns de dólares á xornalistaE. Jean, considerando a Donald Trump culpable de difamación eabuso sexual contra ela.[23]
As acusacións remóntanse aosanos 70 cando a empresa de Trump foi demandada polo Departamento de Xustiza dos EUA por supostamente discriminar a inquilinos afroamericanos e hispanos nos seus complexos de apartamentos. O caso rematou cun acordo no que a empresa Trump acordou non discriminar sen admitir culpabilidade.[24]
Ademais, o pai de Donald Trump,Fred Trump, foi arrestado durante unha manifestación doKu Klux Klan enQueens en1927, aínda que non hai evidencias claras de que fose membro do KKK. Este evento histórico foi citado frecuentemente como contexto sobre as actitudes raciais na familia Trump.[25]
Omúsico folk americanoWoody Guthrie escribiu letras criticando a Fred Trump, a quen acusou de segregacionismo nas súas urbanizacións.[26]