Don Quixote da Mancha (encastelán:Don Quijote de la Mancha),[1] é unhanovela escrita porMiguel de Cervantes. Publicada a súa primeira parte co título deO enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha (encastelán:El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha) a comezos de 1605, é a obra máis destacada daliteratura española e unha das principais daliteratura universal.[2][3] En 1615 apareceu a súa continuación baixo o título deSegunda parte del ingenioso caballero don Quijote de la Mancha. OQuixote de 1605 publicouse dividido en catro partes; pero semella que oQuixote de 1615 en calidade deSegunda parte da obra, quedou revocada de feito a partición en catro seccións do volume publicado dez anos antes por Cervantes.[4]
É a primeira obra xenuinamente desmitificadora da tradicióncabaleiresca ecortés polo seu tratamento chanceiro. Representa a primeiranovela moderna e a primeiranovela polifónica; como tal, exerceu un enorme influxo en toda anarrativa europea. Por considerarse «o mellor traballo literario xamais escrito», encabezou a lista das mellores obras literarias da historia, que se estabeleceu coas votacións de cen grandes escritores de 54 nacionalidades a petición do Club Noruegués do Libro en 2002; así, foi a única excepción na estrita orde alfabética que se dispuxo.[5]
Foi traducido ó galego en1990 porXela Arias,Valentín Arias, Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez,Xavier Senín e Xesús Senín (Xuntanza,ISBN 84-86614-64-3).[6] Esta tradución, do texto completo, fora precedida pola tradución dun fragmento do capítulo 11 da primeira parte, realizada porAntón Valcárcel e publicada no nº 6 d'A Nosa Terra, do 5 de xaneiro de 1917, e pola de Juan Beceiro en 1972.[7] SegundoXesús Alonso Montero, este foi o primeiro texto de Cervantes traducido ó galego.[8]
Varias edicións do Quixote, entre elas dúas en galego.
Comeza cun prólogo no cal se burla da erudición pedantesca cuns poemas cómicos, a maneira de preliminares, compostos en loor da obra polo mesmo autor, xa que non atopou ninguén que quixese loar unha obra tan extravagante (como sabemos por unha carta deLope de Vega). Segundo Lope, trataríase dunhaescritura desatada libre de normativas, que mestura o xénero lírico, épico, tráxico e cómico e onde se meten no medio do desenvolvemento historias de diversos xéneros, como as deGrisóstomo e a pastoraMarcela, a novelaEl curioso impertinente, a historia do cativo, o discurso sobre as armas e as letras, a daIdade de ouro do home, a primeira saída de Don Quixot e a segunda co seu inseparable escudeiroSancho Panza. Esta digresión estilística foi corrixida na segunda parte da novela, con Don Quixote e Sancho como protagonistas absolutos.
Cervantes crea unha orixe ficticia da historia facendo ver que se basea no manuscrito dun tal Cide Hamete Benengeli, historiador mourisco inventado con nome de carácter humorístico (Benengeli faría referencia a unha berenxena).[9] O libro comeza coa frase posiblemente máis famosa da literatura castelá:
Nun lugar da Mancha de cuxo nome non me quero lembrar, non hai moito tempo vivía un fidalgo dos de lanza en estaleiro, adarga antiga, cabalo fraco e galgo corredor.[10]
O libro narra as aventures por terras deCastela-A Mancha e aCoroa de Aragón do xentilhome Alonso Quijano, que é descrito no capítulo I como un home da baixa nobreza castelá (castellano viejo), esmirrado e amareleto que gastara todos os seus recursos e enerxías na adquisición e lectura delibros de cabalaría. O protagonista tolea porque confunde a ficción e a realidade nas súas lectures e querendo emular os protagonistas, faise nomear cabaleiro no capítulo III. Para armarse cabaleiro, Don Quixote entra nun hostal que confunde cun castelo, toma a dúas prostitutas por doncelas, o porqueiro por trompeteiro que anuncia a súa chegada o hostaleiro retranqueiro como gobernador do castelo. A cerimonia é unha autentica burla porque non cumpre ningún requisito dunha ordenación cabaleiresca,[11] mais Don Quixote marcha de alí satisfeito.
A segunda parte de Don Quixote caracterízase per estar máis achegada estilisticamente á novela moderna por que non aparecen tantos personaxes como na primeira parte (o protagonismo recae exclusivamente en Don Quixote e Sancho) e o punto de vista narrativo é máis homoxéneo. Na segunda parte nárrase a terceira e derradeira saída, co encontro co bandoleiroPerot Rocaguinarda, a estadía enBarcelona, a recuperación do siso e o final de Don Quixote.
↑Na primeira edición da novela, publicada a comezos de 1605, o título que aparece na portada éEL INGENIOSO HIDALGO DON QVIXOTE DE LA MANCHA. En canto ós aspectos ortográficos, a grafía V era a habitual na época para representar en letra maiúscula ó fonema vocálico /u/; en canto á X, representaría neste caso, moi probablemente, o fonema fricativo alveolar /x/ (pronunciado como aj castelá), algo que seguiría facendo (a carón das grafías «j» e «i») tanto en letra maiúscula como en minúscula, até o século XVIII. En canto ó título orixinal, postulouse que foseEl ingenioso hidalgo de la Mancha, segundo aparece na«tasa» e o«privilegio real» dos preliminares da primeira parte de 1605, aínda que non se puido discernir se esta formulación responde á intención de Cervantes ou a un descoido ó tramitar a publicación da novela, é unha abreviación deEl ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha ou procede dun erro administrativo. Cfr.nota 2 da tasa na ed. de F. Rico publicada por el CVC.
↑Pérez de Antón, Francisco (decembro de 2004)."La lección moral de Cervantes"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 13 de outubro de 2017. Consultado o 04 de decembro de 2018.
↑Traducido do orixinal:En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho tiempo que vivía un hidalgo de los de lanza en astillero, adarga antigua, rocín flaco y galgo corredor.