A illa foi colonizada polosarauacos que chegaban de Suramérica no século V. Oskalinagos, ou caribes, desprazaron aos arauacos no século XV.Colón di que pasou a illa o domingo 3 de novembro de 1493. Posteriormente foi colonizada polos europeos, predominantemente polos franceses desde a década de 1690 ata 1763. Os franceses importaron escravos de África Occidental a Dominica para traballar en plantacións de café.Gran Bretaña tomou posesión en 1763 despois daGuerra dos Sete Anos, e gradualmente estableceu o inglés como a súa lingua oficial. A illa gañou a independencia como república en 1978.
O nome de Dominica pronúnciase localmente con énfase na terceira sílaba,[1][2] seguindo a pronuncia española do seu nome[10] que lle deu Cristovo Colón.
Noséculo XIV oscaribes exterminaron ou expulsaron da illa á poboación indíxena dosarauacos.Cristovo Colón arribou a Dominica o13 de novembro de1493, sendo a primeira illa descuberta na súa segunda viaxe a América. O nome co que Colón bautiza á illa derívase do nome do día da semana en que avistan a illa,domingo. Os barcos españois chegaron con frecuencia durante oséculo XVI, pero unha resistencia feroz de parte dos caribes disuadiu aEspaña dos seus esforzos de asentarse alí.
En1627 osbritánicos tamén fallaron ao intentar capturar a illa. Pouco despois en1635, osfranceses reclamaron a illa e mandaron misioneiros, pero foron incapaces de ocupar a illa polos indios caribes e abandonaron cara aSan Vicente na década de1660.
Por case unséculo Dominica permaneceu illado e aínda chegaban máis indios caribes doutras illas a asentarse en Dominica, logo de abandonar as illas veciñas e refuxiarse en Dominica debido a que os europeos dominaban a rexión. Francia formalmente cede a posesión da illa ao Reino Unido en1763, que converteron a illa encolonia en1805 e por fin un goberno é establecido polos británicos. A emancipación dos escravos africanos provoca a interrupción de relacións co Imperio Británico en1834 e en1838 convértese na primeira e única colonia británica do Caribe en ter unha lexislatura dominada polos negros. En1896, os británicos retoman o control da illa e é convertida enColonia da Coroa. Medio século despois convértese en provincia daFederación das Indias Occidentais de1958 a1962.
Logo da disolución da federación, Dominica converteuse, en1967, nun estado asociado do Reino Unido e fíxose cargo formalmente dos seus asuntos internos. O 3 de novembro de 1978, o Reino Unido concedeu a independencia á Mancomunidade de Dominica (Commonwealth of Dominica), dentro daMancomunidade Británica de Nacións.
A independencia fixo pouco para resolver os problemas que resultaron de séculos de subdesarrollo económico e, a mediados de1979, o descontento político levou á formación dun goberno interino. Este foi substituído logo das eleccións de1980 por un goberno dirixido polo Partido da Liberdade de Dominica, baixo a primeira ministraEugenia Charles, a primeira muller en ocupar ese cargo no Caribe. Os problemas económicos crónicos foron complicados polo grave impacto dosfuracáns en1979 e1980. A finais da década de1980, a economía gozou dunha saudable recuperación, a que se debilitou na década de 1990 debido a unha baixa nos prezos dasbananas.
Nas eleccións de febreiro de2000, o Partido de Traballadores Unidos de Edison James (UWP) foi derrotado polo Partido Laborista de Dominica (DLP), dirixido por Roosevelt P. "Rosie" Douglas. Douglas faleceu logo de soamente algúns meses de asumir o mando e foi substituído porPierre Charles, tamén do DLP.
Dominica é unhademocracia parlamentaria dentro da Mancomunidade Británica de Nacións. O Presidente é o xefe de Estado, mentres que o poder executivo descansa noGabinete, encabezado poloPrimeiro Ministro. Oparlamentounicameral consiste nunha Asemblea de 30 membros, que consiste en 21 membros elixidos de xeito directo e nove senadores, que son seleccionados polo Presidente ou elixidos por outros membros da Asemblea.
A economía de Dominica depende sobre todo doturismo e daagricultura, en especial, do cultivo doplátano. O 40% dos traballadores pertencen ao sector agropecuario, principalmente agricultures. O país posúe tamén algunhas industrias que representan o 32% da forza de traballo.
Mais a economía do país ten altapobreza (30%),desemprego (23%), e un baixo índice per cápita (US$5,400). A economía dominica vese afectada por problemas na industria bananeira, cando o clima esnaquiza as colleitas de plátano ou cando o prezo deste baixa moito. Estados Unidos fechou o acceso das bananas ao seu mercado, causando unha creba na industria do plátano, polo que o goberno tivo que privatizalo dito sector. Tamén o goberno dominiqués tenta diversificar a economía e levantou os controles de prezo para intentar mover a economía. O goberno está tratando de desenvolver o turismo, en especial oecoturismo.
Dominica participa enPetrocaribe para abastecerse de comustible, recibindo petróleo a baixo custo deVenezuela. Está integrado noALBA (Alternativa Bolivariana para los Pueblos de Nuestra América).
Evolución da poboación entre 1961 e 2003 (cifras daFAO, 2005). Poboación en miles de habitantes
Case todos os habitantes de Dominica son descendentes deescravosafricanos traídos por plantadores coloniais noséculo XVIII. Dominica é a única illa do Caribe en reter algo da súa poboación precolombiana, os indioscaribes; ao redor de 3.000 viven na costa leste da illa.
A taxa de crecemento de poboación é moi baixa, debido principalmente á emigración cara a illas caribeñas máis prósperas, aoReino Unido, osEstados Unidos e oCanadá. Oinglés é o idioma oficial e universalmente entendido; con todo, debido á histórica dominaciónfrancesa, o crioulo antillanoPatwa, un patois francés, fálase amplamente. Cerca do 80% da poboación é católico. Nos últimos anos, establecéronse no país diversas igrexas protestantes.