Unhadoenza[1] ouenfermidade[2] é unha condición anormal que afecta ó corpo dunorganismo. A miúdo é interpretada como unhacondición médica asociada a unssíntomas e sinais específicos. Pode ser causada por factores procedentes dunhas fontes externas, como asenfermidades infecciosas, e poden causardor, disfunción, malestar, problemas sociais ou a morte á persoa aflixida. No senso máis amplo, tamén se inclúen feridas,discapacidades, desordes,síndromes,infeccións,síntomas illados, desviación docomportamento, e variacións atípicas de estruturas e funcións, mentres que noutros contextos e para outros propósitos son consideradas noutras categorías. As doenzas adoitan afectar ás persoas non só fisicamente, senón tamén emocionalmente, xa que poden alterar a perspectiva da vida e a personalidade das persoas.
Existen catro tipos principais de doenzas: doenzas patóxenas, doenzas de discapacidade, doenzas hereditarias e doenzas psicolóxicas. Tamén poden ser clasificadas como transmisibles e non transmisibles. A doenza máis común do mundo é doenza dasenxivas que afecta a 3 de cada 4 persoas.[3] A doenza máis mortal do mundo é a doenza isquémica do corazón (obstrución da circulación do sangue),[4] seguida polas cerebrovasculares e as infeccións das vías respiratorias.[5]
A morte causada por unha doenza é chamada morte por causas naturais. O estudo das doenzas denomínasepatoloxía, mentres que amedicina é un corpus do coñecemento máis amplo, abranguendo tanto o coñecemento das enfermidades como o seu tratamento.
O concepto de doenza é unha aproximación que orienta sobre o tipo de problema de saúde en cuestión, e axuda no seu entendemento. Toda doenza ten un compoñente conceptual que a categoriza, e proporciona un punto de referencia para identificar que pode ter en común ou diferenciarse unha entidade nosolóxica doutra.
Por definición, existe unha soa doenza, pero a caracterización e identificación de variados procesos e estados diferentes da saúde levou á discriminación dun universo de entidades distintas (entidades nosolóxicas), moitas delas entendidas estritamente como enfermidades pero outras non (cf.síndrome,entidade clínica etrastorno). Deste xeito, as enfermidades e procesos sucedáneos eanálogos, son entendidas como categorías determinadas polamente humana.
As enfermidades que afectan ásplantas concirnen áfitopatoloxía, e as patoloxías que afectan ós animais son dominio daciencia veterinaria. A doenza humana é o núcleo organizador daciencia médica, pois gran parte do coñecemento médico está orientado cara a enfermidade e a súa solución.[6]
Estritamente, as doenzas son obxecto de estudo dapatoloxía (do grego παθος: 'afección', 'sufrimento'), póla da medicina que investiga as características propias de cada entidade, os seus compoñentes e o proceso que desenvolven, en relación coa evidencia morfofisiolóxica que se imprime na bioloxía do organismo enfermo. Porén, é anosoloxía a disciplina encargada de gobernar a definición e clasificación das diversas doenzas segundo unha normativa baseada na caracterización e identificación dos compoñentes e funcións que definen cada entidade nosolóxica como algo único e discernible do resto. Así, son estudadas nun contexto máis amplo, comparativo e sistemático, dentro dun esquema global da patoloxía.
Para denominar unha doenza, como regra xeral, especifícase a parte do corpo afectada, seguida dunsufixo que indica aetiopatoxenia do problema de saúde.
Exemplos:
tendinite:tendón (estrutura anatómica lesionada) + "-ite" (indica proceso inflamatorio).
artrose:articulación (estrutura anatómica lesionada) + "-ose" (indica proceso dexenerativo).
osteoma:óso (estrutura anatómica afectada) + "-oma" (indica que se desenvolveu unha masa ou tumor).
Aínda que coloquialmente se emprega moito nese senso, a palabrapatoloxía non é sinónimo de 'enfermidade', xa que fai referencia a unha disciplina, e non ó nome das enfermidades.[7]
Un doente é un ser humano que padece unha enfermidade, sexa consciente ou non do seu estado. Joan Riehl-Sisca define orol do doente como «a posición que asume unha persoa cando se sente enferma». A forma na que un individuo percibe a saúde e a enfermidade é un fenómeno complexo e particular de como este reacciona en conxunto e se enfronta á situación en diferentes dimensións da súa personalidade. Así, cada persoa vivirá a experiencia de saúde-enfermidade de xeito diferente e isto condicionará o significado que lle dea a tales experiencias.[8]
En2019 aOrganización Mundial da Saúde (OMS) estableceu o día17 de setembro como oDía Mundial da Seguridade do Paciente, co obxectivo de concienciar á sociedade e mellorar a seguridade do paciente e reducir os danos causados durante o tratamento[9].
En xeral, as «persoas enfermas» actúan dunha forma especial fronte o seu estado; os sociólogos médicos chamanconduta de enfermidade a tal modificación na actitude. A conduta de enfermidade implica como o doente controla o seu organismo, define e interpreta os seus síntomas, adopta accións e fai uso do sistema sanitario. Existe unha gran variabilidade na forma na que as persoas reaccionan fronte á enfermidade, tanto a propia como a allea. Porén, a manifestación da conduta de enfermidade pode usarse para controlar as adversidades da vida. A conduta de enfermidade pode converterse en anómala cando é desproporcionada respecto ó problema e a persoa persiste no papel de doente.