A serie trata das aventuras dun viaxeiro no tempo extraterrestre coñecido comoO Doutor que, xunta cos seuscompañeiros, explora o espazo e o tempo solucionando problemas, corrixindo desfeitas e enfrontándose a criaturas varias. Posúe unha nave espacial e temporal coñecida comoTARDIS, que ten o aspecto dunhacabina de policía inglesa da década dos 50.
O Undécimo Doutor (Matt Smith) xunto coa compañeira de viaxes Amy Pond (Karen Gillian) na rodaxe da quinta tempada.
O personaxe do Doutor está rodeado de misterio, o seu mesmo alcume o indica, máis ao longo das temporadas o público coñece máis detalles sobre el. Sábese que provén do planeta Gallyfrey, berce dunha das razas máis poderosas de todos os tempos, osTimelords ouSeñores do Tempo, capaces de utilizar o tempo e o espazo. Debido ao seu carácter belicista gañaron multitude de inimigos ao longo de toda a galaxia. Disto desligase o personaxe do Doutor, quen a bordo daTARDIS, acrónimo deTimeAndRelativeDimensionInSpace (Tempo e Dimensión Relativa no Espazo), unha nave espacial con forma decabina de policía inglesa, trata de desfacer entortos e salvar vidas sempre e cando as súas actuacións non afecten o espazo-tempo.
O Doutor, como todo Timelord, ten a posibilidade de rexenerarse nun novo corpo cando esta preto da morte ata un límite de doce veces. Polo momento o personaxe rexenerouse xa once veces.
O 8 de maio de 2022 anunciouse queNcuti Gatwa tomaría o relevo de Jodie Whittaker como o seguinte doutor, converténdoo no primeiro actor negro en encabezar a serie.[1]
O Doutor xeralmente viaxa con de 1 a 3 compañeiros. Na maioría das historias de Doutor Who, o compañeiro ofrece un substituto con quen o público poida identificar e promover a historia, facendo preguntas e meterse en problemas, ou axudando ou rescatar o Doutor. A maioría dos compañeiros do Doutor son humanos, con algunhas excepcións, como Kamelion, nisto, Adric, Turlough, Astrid e Romana. Dos compañeiros non-humanos, alén de robot K-9, son membros de razas humanoides. Ata a data, Romana e Susan son os únicos Timelords que viaxaron co Doutor.
A raza dos Daleks, apareceu por primeira vez en1963, e son os máis antigos inimigos do Doutor. Os Daleks son mutantes de voz metalizada protexidos nunha especie de tanque que actúa como armadura e que proceden do planeta Skaro. O seu papel principal na serie é o deexterminar a todos os seres inferiores a eles, chegando incluso a atacar os Señores do Tempo na Última Gran Guerra do Tempo. A súa aparición máis recente foi no episodio The Witch´s Familiar, na novena temporada da nova serie.
Os cybermen (ciberhomes en galego) eran orixinalmente unha especie de humanoides totalmente orgánicos orixinarios de Mondas, un planeta xemelgo áTerra que comezaron a implantar máis e máis partes artificiais nos seus corpos.
No2006 presentouse unha variación totalmente nova dos Cybermen. Estes Cybermen Cybus foron creados nun universo paralelo polo inventor tolo John Lumic, quen estaba tentando preservar a vida dun ser humano a través do transplante dos seus cerebros en corpos de metal poderoso, enviándolles ordes a través dunha rede sen fíos e inhibindo as súas emocións cun chip electrónico.
The Master (o mestre en galego) é un Señor do Tempo renegado, arquienemigo do Doutor. Este personaxe apareceu por primeira vez en1971 e o seu papel foi interpretado por varios actores debido a que como pertencente a esta raza, ten a capacidade de rexenerarse.
Aínda que non se declaran como inimigos oficiais do Doutor, ben é certo que en contadas ocasións teñen acontecido confrontacións entre ambos bandos, principalmente por conflitos de intereses. Na UGGT, o Doutor chegou a aniquilar a súa propia especie, xunto cos Daleks, para así poder rematar as hostilidades entre Daleks e Señores do Tempo, as cales produciran graves desastres no devir do Universo; máis tarde comprobouse que isto non fora de todo así.
A finais dos anos 80, aTelevisión de Galicia emitiu os episodios protagonizados porTom Baker como o cuarto doutor. Nesta versión o encargado de dobrar a súa voz foi o actorGonzalo Uriarte.