Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Doce de leite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Doce de leite.

Odoce de leite é undoce típico deAmérica do Sur, elaborado con leite e azucre cocidos até adquiriren unha consistencia cremosa, e que pode consumirse só ou utilizarse como recheo de diversas preparacións[1]. Faise fervendoleite conazucre, mais tamén pode obterse cociñandoleite condensado durante varias horas ou arredor de 40 a 60 minutos nunha ola a presión.

Úsase encaramelos e outras lambetadas, comobolos,biscoitos,filloas,churros oupasteis. Nalgúns lugares cómese espallado entorradas.

Orixe

[editar |editar a fonte]

A orixe do doce de leite é incerta, mais está ligada á rápida expansión na produción desacarosa decana de azucre nas illas ibéricas atlánticas, noséculo XV, e noBrasil,América Central e asAntillas a partir doséculo XVI e á posibilidade do seu uso para preservación doleite. Como primeiroedulcorante de produción a grande escala, oazucre da cana pasa a ser usado na conservación de varios produtos orgánicos, incluído oleite devaca ou decabra, dando orixe a produtos semellantes ao doce de leite actual, pastoso ou sólido, en toda aAmérica Latina e en determinadas localidades ibéricas.

Na Arxentina existe un relato popular e lendario que data a súa invención en 1829. Nesa época estaba a piques de asinar un tratado de paz entre o gobernador Juan Manuel de Rosas e o seu inimigo político Juan Lavalle nunha facenda do gobernador na localidade de Cañuelas, na periferia de Bos Aires. Lavalle foi o primeiro en chegar e, canso, deitouse na cama de Rosas, ficando durmido. A criada de Rosas, mentres fervía o leite con azucre (preparación coñecida nesa época comolechada) para acompañar o té da tarde, encontrouse con Lavalle durmindo na cama do patrón. Ela considerou unha insolencia e foi avisar os gardas.

Pouco tempo máis tarde chegou Rosas, e tranquilo pediu á criada o té con leite. Esta lembrou nese momento que deixara o leite ao lume, deixándoo quecer por moito tempo. Ao regresar, a criada encontrou unha substancia mesta e amarronada. O sabor agradou a Rosas e contan que partillou o doce con Lavalle mentres discutían os puntos do tratado, dando así orixe accidental ao doce de leite. É unha historia simpática, mais non hai ningunha fonte que demostre o conto.

As variacións máis comúns son a pastosa e a sólida (que pode cortarse en barras ou pedaxos), que se diferencian pola súa consistencia.

Outros nomes

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. VV. AA. (2012)Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Doce de leiteModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Doce_de_leite&oldid=6760721»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp