Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Disneyland Paris

Coord.:48°52′07″N2°46′54″L / 48.868719444444,2.7818
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Disneyland Paris


Tipoparque de atracciónsEditar o valor en Wikidata
EpónimodisneylandEditar o valor en Wikidata
Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 48°52′07″N2°46′54″L / 48.868719444444,2.7818
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsIlla de Francia
DepartamentoSena e Marne
Comuna francesaChessyEditar o valor en Wikidata
Código postal77420Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación12 de abril de 1992Editar o valor en Wikidata
Inauguración12 de abril de 1992Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Superficie22,3 km²Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
PropietarioThe Walt Disney CompanyEditar o valor en Wikidata
OperadorEuro Disney S.C.A.(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Visitantes anuais13.400.000Editar o valor en Wikidata
Composto por
Contacto
Páxina WEBdisneylandparis.comEditar o valor en Wikidata
RedesFacebook: DisneylandParisInstagram: disneylandparisYoutube: UC1t74cS15eURW0YCpsRaDuwTikTok: disneylandparisDiscogs: 6849103Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Disneyland Paris (chamado noutroraEurodisney) é un monumento, parque de divertimento temático, e complexoturístico daThe Walt Disney Company localizado enMarne-la-Vallée, a 32 km deParís. É a atracción turística máis visitada deEuropa, atraendo 12.8 millóns de visitantes en2006 e 15.3 millóns en2008.

Oresort consiste en dous parques temáticos, un dedicado aosEstudios Disney e sete hoteis do conglomeradoDisney. O parque foi inaugurado en 1992 e é o segundo parque da Disney fóra dosEstados Unidos (despois doTokyo Disney Resort).

O complexo foi obxecto de controversia durante a súa construción nas décadas dos e 80 e 90, cando un número significativo da poboación local,sindicatos e até algunhas celebridades francesas protestaron contra a súa inauguración.

Creación e desenvolvemento

[editar |editar a fonte]

En medio do éxito da tradicionalDisneyland enAnaheim (California) e doWalt Disney World enFlorida, xurdiron planos para construír un parque semellante en Europa xa nadécada de 1970. Baixo o liderado de Card WalkerTokyo Disney Resort inaugurouse en 1983 cun gran número de visitantes, motivando á Disney a considerar a construción. Xa en 1984 os directores do proxecto presentaron unha suxestión de 1.200 lugares en toda a Europa, onde podería construírse o parque da Disney.[1] Pouco despois as ideas de lugares para a construción diminuíron a só cinco lugares, dous enFrancia, outros dous enEspaña, e un enPortugal. A Disney xa expresara un certo interese na cidade deToulon, preto deMarsella, mais a empresa acabou por escoller a pequena cidade de Marne-la-Vallée por esta estar preto deParís. Michael Eisner, director executivo da Disney, fechou o acordo coGoberno francés e adquiriu unha área de 20 km² (4.940 acres) en decembro de 1985. A construción comezou en agosto de 1988 e en decembro de 1990, un centro de visitas chamadoEspace Euro Disney xa informaba sobre a conclusión do complexo. O primeiro parque temático foi inaugurado en 1992.

Nomes

[editar |editar a fonte]

"Disneyland Resort Paris" é soamente un dos nomes que o complexo ten recibido desde o seu proxecto na década de 80.

Nun principio o parque coñeceuse coma EuroDisney; mais aínda que a palabra"Euro" para os americanos ten un significado de glamour, para os europeos tornouse nun termo asociado cos negocios e o comercio exteriou; por iso o parque rebautizouse coma"Disneyland Paris", un xeito de relacionalo cunha das cidades máis románticas e lindas do mundo.[2]}} Michael Eisner

199219931994199519961997199819992000200120022003200420052006200720082009
ComplexoEuro Disney ResortEuro Disneyland ParisDisneyland ParisDisneyland Resort ParisDisneyland Paris
Primeiros ParquesEuro Disneyland1Disneyland Park (Inglés)/Parc Disneyland (Francéas)4
Áreas de EntretementoFestival DisneyDisney Village

Parques

[editar |editar a fonte]
Vista xeral do Disneyland Park dende oCastelo da Bela Dormente, París.

Disneyland Park

[editar |editar a fonte]

É o principal parque temático inspirado enDisneyland deCalifornia. Ocupa unha área de máis de 560 mil m², sendo pouco maior que a Disneyland deAnaheim. Recibe anualmente cerca de 10 millóns de visitantes. Foi inaugurado en abril de 1992.

Walt Disney Studios Park

[editar |editar a fonte]

É o segundo parque inaugurado en Disneyland Resort Paris, é o corazón do complexo recibindo mais de 2 millóns de visitantes anualmente.

Disney Village

[editar |editar a fonte]

É a área do complexo destinada a recibir os visitantes durante a súa estada na Disneyland Resort. Acolle varios bares, tendas, restaurantes e un show de bucinas. Incribelmente, este parque temático só se abre cando os outros dous primeiros fechan as súas actividades.

Golf Disneyland

[editar |editar a fonte]

Destinado aos adultos, é unha característica rara dos parques Disney que son concibidos para o medio infantil. Consiste nun campo degolf para mozos e adultos.

Hoteis

[editar |editar a fonte]

O complexo inclúe sete hoteis do conglomerado Disney localizados preto da Disney Village. O máis famoso é oDisneyland Hotel (París). Os tres maiores hoteis atópanse en torno dunha lagoa coñecida comoLago Disney:Hotel New York (Disney),Disny's Newport Bay Club e o maiorDisney's Sequoia Lodge. E os outros catro hoteis:Disney's Hotel Cheyenne,Disney's Hotel Santa Fe eDisney's Davy Crockett Ranch.

O resort inclúe tamén outros seis hoteis non operados pola Disney:Marriott's Village d'lle-de-France, Radisson BLU Hotel,Vienna International Magic Circus Hotel,Vienna International Dream Castle Hotel,MyTravel's Explorers e Kyriad Hotel.

Transportes

[editar |editar a fonte]

No centro do parque está situada aEstación ferroviaria Gare de Marne-la-Vallée - Chessy que forma parte doRER (tipo de metro parisién). Tamén circulan osTGVs eThalys que conectan os parques temáticos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Lainsbury, Andrew (2000).Once Upon an American Dream: The Story of Euro Disneyland. University Press of Kansas.ISBN 0-7006-0989-X-1. 
  2. Individual Term Paper International Marketing, Dan Snyder April 30, 2002[Ligazón morta]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Disneyland ParisModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Disneyland_Paris&oldid=6994184»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp