Dirham marroquí |
---|
درهم مغربي (árabe) |
 |
Código: | MAD |
Ámbito: | Marrocos
Sáhara Occidental |
Símbolo: | د.م. |
Fracción: | 100 santim |
Moedas: | 5, 10 e 20 santimat, 1/2, 1, 2, 5 e 10 dirham |
Billetes: | 10, 20, 50, 100 e 200 dirham |
Emisor: | Bank Al-Maghrib |
Taxa de troco: 27-03-2010 | 1EUR = 11,2552 MAD 1USD = 8,393 MAD |
Troco actual |
Odírham[1] (enárabe درهم,pl.: درهمان , دراهم ou درهما) é amoeda oficial do Reino deMarrocos. A forma plural édarahim, aínda que enfrancés emprégase a formadirhams. O seu códigoISO 4217 é MAD. Divídese en 100 céntimos(santimat, enárabe سنتيما o سنتيمات) (sing.santim, enárabe سنتيم). OBank Al-Maghrib encárgase de emitir os billetes e as moedas. Segundo as leis marroquís, está prohibido sacar moedas e billetes do país.
Antes da introdución do novo sistema monetario en1882,Marrocosacuñou moedas decobre(falus), dirhams deprata ebenduqi deouro. Dende1882, o dirham foi unha división dorial marroquí (10 dirhams = 1 rial)
Logo dos protectoradosespañol efrancés,Marrocos volveu introducir o dirham en1960, substituíndo aofranco, aínda que non deixou de circular totalmente ata1974.
En1960 acuñáronse moedas de 1 dirham deprata, seguidas por denominacións de 1 e 5 dirhams deníquel en1965. En1974, coa aparición dosantim, iniciouse un novo sistema monetario en denominacións de 1, 5, 10, 20 e 50santimat e 1 dirham. As moedas de 1 santim eran dealuminio, as de 5, 10 e 20 santimat debronce-aluminio e as demais decuproníquel. En1980 engadiuse un novo tipo de moeda de 5 dirhams que foi substituído por unha moeda bimetálica do mesmo valor en1987. En1995 engadiuse outra moeda bimetálica de 10 dirhams.
A serie de moedas actualmente en circulación foron acuñadas no2002, substituíndo progresivamente á anterior serie emitida co busto do reiHassan II. As moedas de 5 e 10 Dirhams sonbimetálicas e as moedas de 1 santimat deixaron de ser acuñadas aínda que non foron retiradas oficialmente da circulación. Tamén en2002 se introduciu un novo valor correspondente a 2 dirhams. Estas son as características da última serie de moedas que se encontran en circulación:
Denominación | Período de circulación | Metal | Diámetro (mm.) | Peso (gr.) | Anverso | Reverso | Imaxe |
---|
Anel | Centro |
---|
5 santimat | 2002 | Bronce-Aluminio | 17,50 | 2,00 | Escudo de armas real | Valor facial e flor | |
10 Santimat | 2002 | Bronce-Aluminio | 20,00 | 3,00 | Escudo de armas real | Valor facial e figura humana en pista de atletismo | |
20 Santimat | 2002 | Bronce-Aluminio | 23,00 | 4,00 | Escudo de armas real | Valor facial e capitel | |
½ Dirham | 2002 | Cuproníquel | 21,00 | 4,00 | Escudo de armas real | Valor facial e satélite de telecomunicacións | |
1 Dirham | 2002 | Cuproníquel | 24,00 | 6,00 | Retrato do rei Mohamed VI | Valor facial e escudo de armas real | |
2 Dirhams | 2002 | Cuproníquel | 26,00 | 7,00 | Retrato do rei Mohamed VI | Valor facial e escudo de armas real | |
5 Dirhams | 2002 | Cuproníquel | Bronce-Aluminio | 26,20 | 6,80 | Retrato do rei Mohamed VI | Valor facial e escudo de armas real | |
10 Dirhams | 2002 | Bronce-Aluminio | Cuproníquel | 28,00 | 12,00 | Retrato do rei Mohamed VI | Valor facial e escudo de armas real | |
Os primeiros billetes impresos con denominacións en dirhams eran sobreimpresións dos primeiros billetes en francos, con denominacións de 50 dirhams (sobre os antigos 5.000 francos) e 100 dirhams (sobre os antigos 10.000 francos). En1965 emitíronse novos billetes de 5, 10 e 50 dirhams. En1970 introducíronse os billetes de 100 dirhams, seguidos das denominacións de 200 dirhams en1991 e 20 dirhams en1996. Os billetes de 5 dirhams substituíronse por moedas en1980, e o mesmo pasou en1995 cos de 10 dirhams.
A nova serie de billetes emitida baixo o actual reinado deMohamed VI convive coa do seu pai, o anterior reiHassan II, ámbalas dúas poden verse en circulación con relativa facilidade, aínda que os billetes emitidos polo monarca predecesor están sendo retirados polos bancos e substituídos polos novos paulatinamente. As cores das dúas series permanecen invariables, tan só os deseños se alteraron coa efixie do novo monarca ademais de estar impresos cun deseño gráfico máis actual e cunhas novas medidas de seguridade máis modernas.
Series de 2002-2005Denominación | Efixie | Cor predominante | Dimensións | Imaxe do anverso | Imaxe do reverso |
---|
20 Dirhams | Mohamed VI | Violeta | 70 x 140 mm |  |  |
50 Dirhams | Mohamed VI | Verde | 70 x 147 mm |  |  |
100 Dirhams | Mohamed VI e Hassan II | Vermello | 78 x 150 mm |  |  |
200 Dirhams | Mohamed VI e Hassan II | Azul | 78 x 158 mm | | |