Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Dipluros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dipluros
Diplura

Rango fósil:carbonífero tardío -actualidade[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Subreino:Ecdysozoa
Filo:Arthropoda
Subfilo:Hexapoda
Clase:Entognatha (?)
Orde:Diplura
Börner, 1904
Familias

A dosdipluros[2] (Diplura) é unhaclase deartrópodoshexápodos moi próximos aosinsectos verdadeiros (claseInsecta).

Son animais de pequeno tamaño, membros abundantes doedafón (abiota dosolo), que reciben o seu nome ("os de cola dupla") porque presentan douscercos patentes ao final do seu corpo.

Coñecense unhas 800especies.[3]

Características

[editar |editar a fonte]

Son de dimensións pequenas (dun poucosmilímetros) aínda que algún pode alcanzar os 50mm. Como é común nafauna intersticial do solo, non presentanpigmentación apreciábel. A súa superficie corporal aparece máis ou menos densamente cuberta de sedas (como pelos). O seu corpo é deprimido, esvelto e flexíbel.

Acabeza porta dúasantenas moi características, moniliformes (en forma derosario) conartellos moi recoñecíbeis e musculado cada un independentemente, un trazo evolutivamente primitivo que se observa tamén noscolémbolos, pero que se perdeu nosinsectos.

Diferenzas anatómicas entreCampodea (Campodeidae) eJapyx (Japygidae).

Non teñen ollos, e son entognatos, é dicir, coaspezas bucais encaixadas en posición inferior dentro dun suco da cabeza, trazo co que coinciden cos outros hexápodos non insectos (proturos e colémbolos).

Otórax está formado por trestagmas ou segmentos, como nos demais hexápodos, que, neste caso, se articulan de maneira especialmente flexíbel, o que contrasta coa relativa rixidez do tórax dos insectos.

Oabdome está formado por dez segmentos, contando otelson (último segmento), que levan en posición ventrolateral pequenos apéndices sen articular chamadosestilos, que pode que sexan residuos evolutivos de antigaspatas locomotoras.

Tamén están presentes neles vesículas pares, evaxinábeis, que teñen que ver coa regulación hídrica, facilitando a absorción darosada ou orballo. Ao final do abdome hai dous apéndices, cercos, como os que se observan en certas ordes de insectos verdadeiros, e que son os que dan nome o grupo. Nafamilia dosCampodeidae os cercos son longos e moniliformes, pero nos das familias dosJapygidae e osAnajapygidae evolucionaron cara a pezas breves e duras que, nos primeiros, son verdadeiras pinzas.

Ecoloxía

[editar |editar a fonte]

Os dipluros son parte da fauna do solo, onde chegan a presentarse con densidades considerábeis. Algúns son habitantes das covas.[4] OsCampodeidae son hábiles corredores que ademais escavan galerías no solo; os demais son especialistas en forzar o seu paso a través de gretas preexistentes e son marchadores pouco competentes. Os campodeidos realizan aautotomía dos seus cercos, ao estilo dos lagartos, desprendéndoos cando son atrapados por undepredador. OsJapygidae usan as súas pinzas posteriores como arma defensiva, aínda que se presta pouco crédito á interpretación que algúns fan de que tamén lles valen para capturar as súaspresas.

Os dipluros teñen pezas bucais mastigadoras, e aliméntanse dunha gran variedade de presas vivas e de materia orgánica morta. Son esencialmente omnívoros que devoran residuos orgánicos, fungos do solo e pequenas presas animais.[5]

Reprodución e desenvolvemento

[editar |editar a fonte]

Non existeapareamento. Os machos liberan pequenosespermatóforos (paquetes sólidos de esperma) que as femias localizan e manipulan, inserídoos no seugonóporo (poro xenital). A posta consiste en conxuntos deovos pedunculados. Nalgúns casos observouse coidado parental dos xuvenís. Os dous primeirosestadios (fases entremudas) sonlarvas sen capacidade para alimentarse, que se alcanza, como a morfoloxía adulta típica, coa terceira muda. Os adultos seguen mudando ao longo da súa vida, o que facilita a rexeneración dos órganos, e poden seren moi lonxevos (até dous anos) dado o seu pequeno tamaño.

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

Descrición

[editar |editar a fonte]

A orde foi desscrita en1904 poloentomólogo ebotánicoalemánCarl Julius Bernhard Börner en "Zur Systematic der Hexapoden".Zoologischer Anzeiger, vol. 27, pp. 511–533.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

onome científicoDiplura (substantivo neutro plural) está formado polos elementos dolatín científicodipl- e-ura, tirados dos termos dogrego διπλόςdiplós, 'dobre' e οὐράourá, 'cola' (de animal). Literalmente: 'os que teñen dúas colas'.

Clasificación e parentescos

[editar |editar a fonte]

Existen unhas 800especies que se clasifican en tresordes e oitofamilias. Distribúense por todo o mundo, agás nas rexións de clima ártico.

Os dipluros clasificáronse adoito nuntaxon chamadoEntognatha, cosEllipura (Protura+Collembola), baseándose na posición escondida daspezas bucais, que contrasta coas visíbeis que teñen os insectos verdadeiros (Insecta, chamados por isoEctognatha). Porén, ese carácter es seguramente unha simplesiomorfía e o grupo que define éparafilético. É máis probábel, pero non seguro, que os dipluros sexan o grupo irmán dos insectos. As relacións entre os catro grupos de hexápodos non están aínda ben dilucidadas, pero os estudos máis recentes están en contra dun grupomonofiléticoEntognatha.[6]

Orexistro fósil dos dipluros é escaso, pero un aparente dipluro data docarbonífero.[7]

O máis antigo dipluro coñecido,Testajapyx, tiñaollos compostos, e piezas bucais que se asemellaban máis ás dos insectos verdadeiros que ás dos dipluros modernos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Hoell, H. V., Doyen, J. T. & Purcell, A. H. (1998).Introduction to Insect Biology and Diversity, 2nd ed. Oxford University Press. p. 320.ISBN 0-19-510033-6. 
  2. dipluro -ra 1adx Relativo ou pertencente aos dipluros.2s m ANIMAL/ENTOM Insecto (sic) da orde dos dipluros.3s m pl AIMAL/ENTOM Orde de insectos (sic) ápteros de corpo alongado que presenta pequenos apéndices en gran parte dos esternitos abdomianais, ademais de dúas grandes sedas no extremo do abdome. NoDicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004,ISBN 84-7680-504-7.
  3. Comunidad Virtual de Entomología - ¿Cuántos insectos existen en la península Ibérica?
  4. Order Diplura McMaster University, 1999.
  5. DipluraArquivado 26 de maio de 2010 enWayback Machine. Guide to New Zealand Soil Invertebrates. Massey University, Palmerston North, New Zealand.
  6. A. Carapelli; F. Nardi; R. Dallai; F. Frati (2006). "A review of molecular data for the phylogeny of basal hexapods".Pedobiologia50 (2): 191–204.doi:10.1016/j.pedobi.2006.01.001. 
  7. David R. Maddison (1 de xanerio de 2005).Diplura en Tree of Life.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Dipluros

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Börner, C. (1904): "Zur Systematic der Hexapoden".Zoologischer Anzeiger, vol. 27, pp. 511–533.
  • A. Carapelli; F. Nardi; R. Dallai; F. Frati (2006). "A review of molecular data for the phylogeny of basal hexapods".Pedobiologia50 (2): 191–204.doi:10.1016/j.pedobi.2006.01.001. 
  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005):Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España.ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Graening, G. O.; Shcherbanyuk, Y. & Arghandiwal, M. (2014): "Annotated checklist of the Diplura (Hexapoda: Entognatha) of California".Zootaxa3780 (2): 297–322.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004):Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole.ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dipluros&oldid=6827497»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp