Durante a dinastía Han, os seus reis adoptaron os ensinos dos grandes filósofos da antigüidade,Lao Zi eConfucio. O goberno desenvolveuse ben logrando expansión territorial. Fomentouse a educación e a escritura co recentemente inventado papel de arroz. Propiciouse un grande intercambio de mercadorías polaruta da seda, que vai do océano Pacífico ata Persia e a India. A China converteuse oficialmente nun Estadoconfuciano e prosperou no ámbito interno: a agricultura, os produtos manufacturados e o comercio floreceron, e a poboación chegou aos 50 millóns. Entrementres, o imperio estendeu a súa influencia cultural e política sobre os actuaisVietnam,Asia central,Mongolia eCorea antes de se derrubar baixo unha combinación de presións internas e externas. O primeiro dos dous períodos da dinastía, chamado Dinastía Han Anterior (前漢朝, qián hàn cháo) ou Dinastía Han Occidental (西漢朝, xī hàn cháo) que durou ata o ano9, tivo a súa capital enChang'an (actualXi'an, provincia deShaanxi). A Dinastía Han Posterior (後漢朝, hòu hàn cháo) ou Dinastía Han Oriental (東漢朝, dōng hàn cháo), que durou do25 ao220, tivo a súa capital enLuoyang. A convención de denominalas occidental e oriental úsase hoxe en día para evitar a confusión coa dinastía Han doperíodo das Cinco Dinastías e os Dez Reinos, aínda que a nomenclatura de anterior/posterior se usaba nos textos históricos, incluíndo enZizhi Tongjian deSima Guang. A dinastía foi fundada pola familia Liú (劉).
Os logros intelectuais, artísticos e literarios reviviron e floreceron durante a dinastía Han. O período Han produciu o historiador máis famoso da China,Sima Qian (145 a.C. -87a.C.?), cuxasMemorias históricas provén unha crónica detallada desde os tempos da lendariadinastía Xia a aqueles do emperador Wu (141a.C. -87 a. C.). Os avances tecnolóxicos tamén marcaron este período. Un dos grandes inventos chineses, opapel, data da época Han.
Sería correcto afirmar que os imperios contemporáneos dos Han e osromanos eran os maiores que existían nese momento no mundo coñecido. A pesar de que non había unha relación directa entre os dous, ambos eran conscientes da existencia do outro, e existía un vínculo comercial a través dos outros imperios que existían en Asia Central e que actuaban como intermediarios, comoPartia. Era un intercambio bastante desigual; China exportaba especias, teas, e, principalmente, seda. O imperio romano unicamente podía ofrecer ouro e prata en troco, pois non posuían outras manufacturas de interese para os chineses. Un dos poucos contactos directos rexistrados entre ambos os imperios aparecen noHou Hanshu onde se conta que un convoi romano representando aAntonino Pío alcanzou a capital Luoyang e foi recibido polo emperador Huan.
A dinastía Han, que deu nome ao principal grupo étnico da China, "Os Han", foi notable tamén polo seu poderío militar. O imperio expandiuse cara ao oeste ata chegar á depresión deTarim (na actualRexión Autónoma Uigur de Xinjiang. Os exércitos chineses tamén invadiron e se anexionaron partes do norte da Vietnam e Corea no final doséculo II a. C. Pero o control por parte dos Hans das rexións periféricas era xeralmente escaso. Para asegurar a paz cos poderes locais fóra da China, a Corte Han desenvolveu un "sistema tributario" mutuamente benéfico. Aos estados non chineses permitíase autonomía a cambio da aceptación simbólica da dominación Han. Os lazos tributarios confirmáronse e reforzáronse a través de ligazóns matrimoniais entre clases altas e intercambios periódicos de agasallos e bens.
A primeira dinastía imperial da China foi adinastía Qin (221-206 a.C.), que instaurou as bases da futura China. Os Qin, mediante a conquista militar, unificarón o territorio tras operíodo dos Reinos Combatentes, pero o seu imperio volveuse inestable despois da morte do seu primeiro emperador,Qin Shi Huang. Xurdiron en todo o país unha serie de revoltas que envolveron campesiños, prisioneiros, soldados e descendentes dos nobres dos nomeados Reinos Combatentes.Chen Sheng eWu Guang, membros dun grupo de 900 soldados asignados á loita contra osxiongnu,[n. 1] foron os líderes da primeira revolta.
As continuas revoltas e enfrontamentos levaron á caída definitiva da dinastía Qin no 206 a.C., co ascenso ao poder deXiang Yu, un destacado comandante militar sen coñecemento político, que dividiu China en 18 estados feudais. Como resultado desta división comezou un novo período de catro anos de revoltas e enfrontamentos,[2] e cada un dos dezaoito estados tomou unha posición entre o bando de Xiang Yu e o deLiu Bang.[3] Finalment o ano 202 a.C. as tropas partidarias de Liu Bang derrotan as de Xiang Yu nabatalla de Gaixian (actualmentAnhui). Como resultado da derrota Xiang Yu suicídase eLiu Bang proclamouse a si mesmo emperador (huangdi) por pedimento dos seus seguidores, e postumamente sería coñecido comoemperador Gaozu (r. 202–195 a.C.).[4]Chang'an (actualXi'an) vai ser elixida como a nova capital de imperio reunificado.[5]
Emprégase a convención de denominar estes períodos como occidental e oriental para evitar a confusión coa dinastía Han doPeríodo das Cinco Dinastías e os Dez Reinos. A nomenclatura de anterior e posterior é empregada en textos históricos como noZizhi Tongjian deSima Guang.
Trececomandancias de control directo, incluída a rexión capital (Amarela) e dez reinos semiautónomos dos primeiros períodos, 195 a.C.
.
A principios da dinastía dosHan occidentais(enchinés), tamén coñecido como oAntigo Han(enchinés), no terzo occidental do imperio existían trececomandancias controladas centralmente -incluída a rexión da capital-, mentres que os dous terzos orientais estaban divididos en dezreinos semiautónomos..[6] Para aplacar aos seus destacados comandantes da guerra con Chu, o emperador Gaozuenfeudou a algúns deles como reis.
No ano 196 a.C., a corte Han substituio a todos estes reis menos a un (a excepción estaba noReino de Changsha) por membros da familia realLiu, xa que se cuestionaba a lealdade ao trono dos non parentes.[6] Tras varias insurreccións dos reis Han -a maior das cales foi aRebelión dos Sete Estados no ano 154 a.C.-, a corte imperial promulgou unha serie de reformas a partir do ano 145 a.C. que limitaban o tamaño e o poder destes reinos e dividían os seus antigos territorios en novas comandancias controladas centralmente.[7] Os reis xa non podían nomear ao seu propio persoal; este deber foi asumido pola corte imperial.[8][9] Os reis convertéronse en xefes nominais dos seusfeudos e recadaron unha parte dos ingresos fiscais como os seus ingresos persoais.[8][9] Os reinos nunca foron abolidos do todo e existiron durante o resto da era Han Occidental e Oriental.[10]
Ao norte daChina propia[n. 2], o xefe nómadexiongnuModu Chanyu (r. 209 174 a.C.) conquistou varias tribos que habitaban a parte oriental daEstepa eurasiática. Ao final do seu reinado, controlabaManchuria,Mongolia, e aConca do Tarim, subxugando a máis de vinte estados ao leste deSamarcanda.[11][12][13] O emperador Gaozu estaba preocupado polas abundantes armas de ferro fabricadas por Hanos que se comerciaban cos xiongnu ao longo das fronteiras setentrionais, e estableceu unembargo comercial contra o grupo.[14]
En represalia, os xiongnu invadiron a actual provincia deShanxi, ondederrotaron ás forzas Han en Baideng no 200 a.C.[15][16]. Tras as negociacións, o acordoheqin de 198 a.C. mantiña nominalmente aos líderes dos xiongnu e hanos como socios iguais nunha alianza matrimonial real, pero os hanos víronse obrigados a enviar grandes cantidades de artigos de tributo comoseda,roupa,comida eviño aos xiongnu.[17][18][19]
Estatua dun cabalo pisando a un guerreiroXiongnu, no mausoleo do xeneral Han occidentalHuo Qubing (m. 117 a.C.), que loitou naGuerra Han-Xiongnu. Trátase da primeira estatua monumental de pedra coñecida na China.[20]
A pesar do tributo e a negociación entreLaoshang Chanyu (r. 174- 160 a.C.) e oEmperador Wen (r. 180-157 a.C.) para reabrir os mercados fronteirizos, moitos dos subordinados xiongnu doChanyu optaron por non obedecer o tratado e asaltaban periodicamente os territorios Han ao sur daGran Muralla en busca de mercadorías adicionais.[21][22][23] Nunha conferencia da corte convocada poloEmperador Wu (r. 141-87 a.C.) no 135 a.C., oconsenso maioritario dos ministros foi manter o acordoheqin. O emperador Wu aceptouno, a pesar das continuas incursións xiongnu.[24][25]
Con todo, unha conferencia da corte ao ano seguinte convenceu á maioría de que unenfrontamento limitado en Mayi que implicase o asasinato do Chanyu sumiría ao reino xiongnu no caos e beneficiaría os Han.[26][27] Cando este complot fracasou no 133 a.C.,[28] O emperador Wu lanzou unha serie deinvasións militares masivas en territorio xiongnu. O asalto culminou no 119 a.C. nabatalla de Mobei, cando os comandantes HanHuo Qubing (m. 117 a.C.) eWei Qing (m. 106 a.C.) obrigaron á corte xiongnu a fuxir cara ao norte dodeserto de Gobi, e as forzas han chegaron tan ao norte como olago Baikal.[29][30]
Tras o reinado de Wu, as forzas Han continuaron loitando contra os xiongnu. O líder xiongnuHuhanye Chanyu (r. 58-31a.C.) someteuse finalmente a os Han como vasalo tributario no 51 a.C. O pretendente rival de Huhanye ao trono,Zhizhi Chanyu (r. 56-36a.C.), foi asasinado polas forzas Han ao mando deChen Tang e Gan Yanshou (甘延壽) nabatalla de Zhizhi, na actualTaraz,Kazakhstán.[31][32]
No ano 121 a.C., as forzas Han expulsaron os xiongnu dun vasto territorio que abarcaba desde oCorredor de Hexi ataLop Nur. Repeleron unha invasión conxunta dos xiongnu e dosqiangs deste territorio noroccidental no 111 a.C. Nese mesmo ano, a corte Han estableceu catro novas comandancias fronteirizas nesta rexión para consolidar o seu control:Jiuquan,Zhangyi,Dunhuang eWuwei.[33][34][35] A maioría dos habitantes da fronteira eran soldados.[36] En ocasións, a corte trasladaba pola forza a campesiños a novos asentamentos fronteirizos, xunto con escravos propiedade do goberno e convictos que realizaban traballos forzados.[37] A corte tamén animou aosplebeos, como granxeiros, comerciantes, terratenentes e traballadores contratados, a emigrar voluntariamente á fronteira.[38]
Imaxe da esquerda: Xerra de cerámica d era dos Han occidental adornada e pintada conrelevos dedragóns,fénix etaotie Imaxe dereita: Reverso dunespello de bronce dos Han occidental con deseños pintados dun motivo floral.
Para pagar as súas campañas militares e a súa expansión colonial, o emperador Wunacionalizou varias industrias privadas. Creoumonopolios do goberno central administrados en gran parte porantigos comerciantes. Estes monopolios incluían a produción de sal,ferro elicor, así comomoeda de bronce. O monopolio do licor só durou do 98 ao 81 a.C., e os monopolios do sal e o ferro foron finalmente abolidos a principios dos Han orientais. A emisión de moeda seguiu sendo monopolio do goberno central durante o resto da dinastía Han.[53][54][55][56][57][n. 3]
Os monopolios gobernamentais foron finalmente derrogados cando unha facción política coñecida como os reformistas adquiriu maior influencia na corte. Os reformistas opuxéronse á facción modernista que dominara a política da corte no reinado do emperador Wu e durante a posteriorrexencia deHuo Guang (m. 68 a.C.). Os modernistas defendían unha política exterior agresiva e expansionista apoiada nos ingresos procedentes da forte intervención do goberno na economía privada. Os reformistas, porén, anularon estas políticas, favorecendo un enfoque cauteloso e non expansivo da política exterior, unha reformaorzamentaria frugal e taxas impositivas máis baixas impostas aos empresarios privados.[58][59][60]
Estas ruínas de terra apisoada restos dunceleiro na fortaleza de Hecang (chinés: 河仓城; pinyin: Hécāng chéng), situada a uns 11 km ao nordés daPorta de Xade construíronse durante a dinastía Han occidental (202 a.C. - 9 d.C.) e reconstruíronse significativamente durante a dinastía Xin occidental (280-316 d.C.).[61]
Imaxe da esquerda: Soldado de cabalería pintado en cerámica da era dos Hans Occidentis procedente da tumba dun xeneral militar enXianyang,Shaanxi Imaxe dereita: Figura dun cabalo debronce con montura de chumbo dos Han occidental ou oriental
Wang Zhengjun (71 a.C. – 13 d.C.) foi a primeira emperatriz, daquelaemperatriz viúva e finalmentegran emperatriz viúva durante os reinados dos emperadoresYuan. (r 49-33 a.C.),Cheng (r 33-7 a.C.), eAi (r 7-1 a.C.), respectivamente. Durante este tempo, unha sucesión dos seus parentes homes ostentou o título de rexente.[62][63] Tras a morte de Ai, o sobriño de Wang Zhengjun,Wang Mang (45 a.C.-23 d.C.), foi nomeado rexente como Mariscal de Estado o 16 de agosto baixo o mandato doemperador Ping (r 1 a,C-6 d.C).[64]
Cando Ping morreu o 3 de febreiro do 6 d. C.,Ruzi Ying (m. 25 d. C.) foi elixido como herdeiro e Wang Mang foi designado para servir como emperador en funcións do neno.[65] Wang prometeu cederlle o control a Liu Ying unha vez que fose maior de idade.[66] A pesar desta promesa, e contra as protestas e revoltas da nobreza, Wang Mang afirmou o 10 de xaneiro que o divinoMandato do Ceo esixía o fin da dinastía Han e o comezo da súa: adinastía Xin (9-23 dC).[67][68][69]º
Wang Mang iniciou unha serie de importantes reformas que finalmente non tiveron éxito. Estas reformas incluíronprohibición da escravitude,nacionalización da terra paradistribuír equitativamente entre os fogares, e introdución de novas moedas, un cambio que degradou o valor da moeda.[70][71][72][73] Aínda que estas reformas provocaron unha considerable oposición, o réxime de Wang sufriu a súa caída definitiva coas inundacións masivas dos anosc. 3 e 11 a. C.. A acumulación gradual de limo norío Amarelo elevara o seu nivel de auga e desbordara as obras decontrol de inundacións. O río Amarelo dividiuse en dous novos brazos: un que desembocaba ao norte e outro ao sur dapenínsula de Shandong, aínda que os enxeñeiros Han conseguiron represar o brazo meridional cara ao ano 70 d.C.[74][75][76]
A inundación desaloxou a miles de campesiños, moitos dos cales se uniron a grupos itinerantes de bandidos e rebeldes como asCellas Vermellas para sobrevivir.[74][75][77] Os exércitos de Wang Mang foron incapaces de sufocar estes grupos rebeldes ampliados. Finalmente, unha turba insurxente forzou a súa entrada noPalacio de Weiyang e matou a Wang Mang.[78][79]
Oemperador Gengshi (r. 23-25 d.C.), descendente doemperador Jing (r. 157-141 a.C.), tentou restaurar a dinastía Han e ocupou Chang'an como capital. Con todo, os rebeldes da Cella Vermella derrotaron, depuxeron, asasinaron e substituírono polo monarca monicrequeLiu Penzi.[80][81] O curmán afastado de Gengshi, Liu Xiu, coñecido postumamente comoEmperador Guangwu (r. 25-57 d.C.), tras distinguirse naBatalla de Kunyang no 23 d.C., houbo de suceder a Gengshi como emperador.[82][83]
Baixo o goberno de Guangwu restaurouse o Imperio Han. Guangwu fixo deLuoyang a súa capital no ano 25 d.C., e no 27 d.C. os seus oficiaisDeng Yu eFeng Yi obrigaran ás Cellas Vermellas a renderse executando aos seus líderes portraizón.[83][84] Do 26 ao 36 d.C., o emperador Guangwu tivo que librar guerras contra outros caudillos rexionais que reclamaban o título de emperador; cando estes caudillos foron derrotados, China reunificouse baixo os Hans.[85][86]
O período comprendido entre a fundación da dinastía Han e o reinado de Wang Mang coñécese como Han Occidental (西漢; 西汉; Xīhàn) ou Han Antigo (前漢; 前汉; Qiánhàn) (206 a.C.-9 d.C.). Durante este período, a capital estivo en Chang'an (a actual Xi'an). A partir do reinado de Guangwu, a capital trasladouse cara ao leste, a Luoyang. A época que vai desde o seu reinado até a caída dos Han coñécese como Han Oriental ou Han Posterior (25-220 d.C.).[87]
OsHan Oriental (chinés tradicional :東漢; chinés simplificado :东汉; pinyin : Dōnghàn ), tamén coñecidos como osHan Posterior' (後漢;后汉; Hòuhàn ), comezou formalmente o 5 de agosto do 25 d.C., cando Liu Xiu converteuse noemperador Guangwu de Han.[88] Durante a rebelión xeneralizada contraWang Mang, o estado deGoguryeo tivo liberdade para asaltar ascomandancias coreanas; Os Han non reafirmaron o seu control sobre a rexión até o ano 30 d.C..[89]
Asirmás Trưng doVietnam rebeláronse contra os Han no ano 40 d. C. A súa rebelión foi esmagada polo xeneral HanMa Yuan (m. 49 d.C.) nunha campaña entre os anos 42 ao 43 d.C.[90][91] Wang Mang renovou as hostilidades contra osxiongnu. que estiveron afastados dos Han ata que o seu líder Bi (比), un rival reclamante ao trono contra o seu primo Punu (蒲奴), sometía a os Han como vasalos tributarios no ano 50. Isto creou dous estados xiongnu rivais: o xiongnu do sur dirixido por Bi, un aliado dos Han, e o xiongnu do norte dirixido por Punu, un inimigo dos Han.[92][93]
Selo de bronce dun xefe xiongnu con impresión e transcrición, conferido polo goberno Han oriental e inscrito co seguinte texto:漢匈奴,歸義親,漢長 («O xefe dos hans, Xiongnu, que volveron á rectitude e abrazarón a os Hans»)[94]
Durante o turbulento reinado de Wang Mang, China perdeu o control sobre a conca do Tarim, que foi conquistada polos xiongnu do norte no ano 63 d.C. e utilizada como base para invadir o corredor de Hexi enGansu.[95]Dou Gu (m. 88 d. C.) derrotou aos xiongnu do norte nabatalla de Yiwulu no ano 73 d.C., desaloxándoos deTurpan e perseguíndoos até olago Barkol antes de establecer unha guarnición en Hami.[96] Despois de que o novo Protector Xeral das Rexións OccidentaisChen Mu (m. 75 d. C.) fora asasinado por aliados dos xiongnu enKarasahr eKucha, a guarnición de Hami foi retirada.[97][98]
Nabatalla de Ikh Bayan no ano 89 d. C.,Dou Xian (m. 92 d. C.) derrotou aosxiongnu chanyu do norte que logo se retiraron ásmontañas Altai.[97][99] Despois de que os Xiongnu do norte fuxiran cara val do río Ili no ano 91 d. C., os nómades xianbei ocuparon a zona desde as fronteiras do reino Buyeo en Manchuria até o río Ili do pobo wusun.[100] Os xianbei alcanzaron o seu apoxeo baixo o mando deTanshihuai (m. 181 d. C.), quen derrotou constantemente aos exércitos chineses. Con todo, a confederación de Tanshihuai desintegrouse despois da súa morte.[101]
Inscricións da dinastía Han Oriental nun lingote de chumbo, utilizando oalfabeto grego no estilo dos kushanos, escavado en Shaanxi, séculos I-II d. C. Museo Provincial de Gansu[102]
Ban Chao (m. 102 d.C.) solicitou a axuda doimperio cuxano, que controlaba territorios en toda Asia Meridional e Central, para someterKashgar e a súa aliada Sogdiana.[103][104] Cando unha solicitude do gobernante cuxano Vima Kadphises ( r. c. 90 - c. 100 d. C. ) para unha alianza matrimonial cos Han foi rexeitada no 90 d. C., enviou as súas forzas a Wakhan (actual Afganistán) para atacar a Ban Chao. O conflito rematou coa retirada dos cuxano por falta de subministracións.[103][104] No ano 91 d. C., restableceuse o cargo de Protector Xeral das Rexións Occidentais, que foi outorgado a Ban Chao.[105]
A corte foi centro de actividade intelectual, literaria, musical e artística. Desenvolveuse a poesíafu. Salientan os templos funerarios e os obxectos de terracota ou bronce, os parques e xardíns exóticos, as figuriñas que substituían aos sacrificios humanos. O defunto de sangue real era cuberto con placas dexade, que chegou a unha elaboración exquisita como pedra do ceo.
Ademais da creación dunha universidade propiciada polo letrado Dong Zongshu, salientou o historiadorSima Qian autor dasShiji ou Memorias históricas. Continuou o seu laborBan Gu, quen escribiu oHan Shu que narra a historia da dinastía Han occidental.
O confucianismo impregnou a mentalidade chinesa e foi utilizado para fundamentar o poder dos emperadores.
↑ Os xiongnu foron unha confederación de pobos nómades dasestepas orientais, xeralmente diseminados ao longo do territorio da actualMongolia
↑China propia foi un termo usado polos escritores occidentais na dinastía Qing para expresar unha distinción entre as rexións centrais e as fronteirizas da China.
Adshead, Samuel Adrian Miles (2000).China in World History. Londres: MacMillan Press.ISBN978-0-312-22565-0.
Akira, Hirakawa (1998).A History of Indian Buddhism: From Sakyamani to Early Mahayana. Traducido por Paul Groner. New Delhi: Jainendra Prakash Jain at Shri Jainendra Press.ISBN978-81-208-0955-0.
An, Jiayao (2002). "When glass was treasured in China". En Juliano, Annette L.; Lerner, Judith A.Silk Road Studies VII: Nomads, Traders, and Holy Men Along China's Silk Road. Turnhout: Brepols Publishers. pp. 79–94.ISBN978-2-503-52178-7.
Barbieri-Low, Anthony J. (2007).Artisans in Early Imperial China. Seattle & Londres: University of Washington Press.ISBN978-0-295-98713-2.
Barnes, Ian (2007).Mapping History: World History. Londres: Cartographica.ISBN978-1-84573-323-0.
Beck, Mansvelt (1986). "The fall of Han". EnTwitchett, Denis;Loewe, Michael.The Cambridge History of China: Volume I: the Ch'in and Han Empires, 221 B.C. – A.D. 220. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 317–376.ISBN978-0-521-24327-8.
Berggren, Lennart; Borwein, Jonathan M.; Borwein, Peter B. (2004).Pi: A Source Book. Nova York: Springer.ISBN978-0-387-20571-7.
——— (1986). "Wang Mang, the Restoration of the Han Dynasty, and Later Han". En Twitchett, Denis; Loewe, Michael.The Cambridge History of China: Volume I: the Ch'in and Han Empires, 221 B.C. – A.D. 220. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 223–290.ISBN978-0-521-24327-8.
Bulling, A. (1962).A landscape representation of the Western Han period.Artibus Asiae25. pp. 293–317.JSTOR3249129.doi:10.2307/3249129.
Chang, Chun-shu (2007).The Rise of the Chinese Empire: Volume II; Frontier, Immigration, & Empire in Han China, 130 B.C. – A.D. 157. Ann Arbor: University of Michigan Press.ISBN978-0-472-11534-1.
Ch'en, Ch'i-Yün (1986). "Confucian, Legalist, and Taoist thought in Later Han". En Twitchett, Denis; Loewe, Michael.Cambridge History of China: Volume I: the Ch'in and Han Empires, 221 B.C. – A.D. 220. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 766–806.ISBN978-0-521-24327-8.
Chung, Chee Kit (2005). "Longyamen is Singapore: The Final Proof?".Admiral Zheng He & Southeast Asia. Singapore: Institute of Southeast Asian Studies.ISBN978-981-230-329-5.
Cullen, Christoper (2006).Astronomy and Mathematics in Ancient China: The Zhou Bi Suan Jing. Cambridge: Cambridge University Press.ISBN978-0-521-03537-8.
Cutter, Robert Joe (1989).The Brush and the Spur: Chinese Culture and the Cockfight. Hong Kong: The Chinese University of Hong Kong.ISBN978-962-201-417-6.
Demiéville, Paul (1986). "Philosophy and religion from Han to Sui". En Twitchett, Denis; Loewe, Michael.Cambridge History of China: Volume I: the Ch'in and Han Empires, 221 B.C. – A.D. 220. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 808–872.ISBN978-0-521-24327-8.
Ebrey, Patricia Buckley (1974).Estate and family management in the Later Han as seen in theMonthly Instructions for the Four Classes of People.Journal of the Economic and Social History of the Orient17. pp. 173–205.JSTOR3596331.doi:10.1163/156852074X00110.
——— (1986). "The Economic and Social History of Later Han". En Twitchett, Denis; Loewe, Michael.Cambridge History of China: Volume I: the Ch'in and Han Empires, 221 B.C. – A.D. 220. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 608–648.ISBN978-0-521-24327-8.
Hardy, Grant (1999).Worlds of Bronze and Bamboo: Sima Qian's Conquest of History. Nova York: Columbia University Press.ISBN978-0-231-11304-5.
Hill, John E. (2009).Through the Jade Gate to Rome: A Study of the Silk Routes during the Later Han Dynasty, 1st to 2nd Centuries AD. Charleston, South Carolina: BookSurge.ISBN978-1-4392-2134-1.
Hsu, Cho-Yun (1965).The changing relationship between local society and the central political power in Former Han: 206 B.C. – 8 A.D.Comparative Studies in Society and History7. pp. 358–370.doi:10.1017/S0010417500003777.
Hsu, Elisabeth (2001). "Pulse diagnostics in the Western Han: how mai and qi determine bing". En Hsu, Elisabeth.Innovations in Chinese Medicine. Cambridge, NovaYork, Oakleigh, Madrid, e Cape Town: Cambridge University Press. pp. 51–92.ISBN978-0-521-80068-6.
Hsu, Mei-ling (1993).The Qin maps: a clue to later Chinese cartographic development.Imago Mundi45. pp. 90–100.doi:10.1080/03085699308592766.
Hulsewé, A.F.P. (1986). "Ch'in and Han law". En Twitchett, Denis; Loewe, Michael.The Cambridge History of China: Volume I: the Ch'in and Han Empires, 221 B.C. – A.D. 220. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 520–544.ISBN978-0-521-24327-8.
Knechtges, David R. (2010). "From the Eastern Han through the Western Jin (AD 25–317)". EnOwen, Stephen.The Cambridge History of Chinese Literature, volume 1. Cambridge University Press. pp. 116–198.ISBN978-0-521-85558-7.
——— (2014). "Zhang Heng 張衡". En Knechtges, David R.; Chang, Taiping.Ancient and Early Medieval Chinese Literature: A Reference Guide, Part Four. Leiden: Brill. pp. 2141–55.ISBN978-90-04-27217-0.
Kramers, Robert P. (1986). "The development of the Confucian schools". En Twitchett, Denis; Loewe, Michael.Cambridge History of China: Volume I: the Ch'in and Han Empires, 221 B.C. – A.D. 220. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 747–756.ISBN978-0-521-24327-8.
VV.AA., Historia universal Larousse, España, Spes editorial, 2005ISBN 84-8332-623-X
Liu, Guilin; Feng, Lisheng; Jiang, Airong; Zheng, Xiaohui (2003). "The Development of E-Mathematics Resources at Tsinghua University Library (THUL)". En Bai, Fengshan; Wegner, Bern.Electronic Information and Communication in Mathematics. Berlin, Heidelberg e Nova York: Springer Verlag. pp. 1–13.ISBN978-3-540-40689-1.
Lo, Vivienne (2001). "The influence of nurturing life culture on the development of Western Han acumoxa therapy". En Hsu, Elisabeth.Innovation in Chinese Medicine. Cambridge, Nova York, Oakleigh, Madrid and Cape Town: Cambridge University Press. pp. 19–50.ISBN978-0-521-80068-6.
Loewe, Michael (1968).Everyday Life in Early Imperial China during the Han Period 202 BC–AD 220. Londres: B.T. Batsford.ISBN978-0-87220-758-5.
——— (1986). "The Former Han Dynasty". En Twitchett, Denis; Loewe, Michael.The Cambridge History of China: Volume I: the Ch'in and Han Empires, 221 B.C. – A.D. 220. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 103–222.ISBN978-0-521-24327-8.
——— (2005). "Funerary Practice in Han Times". En Richard, Naomi Noble.Recarving China's Past: Art, Archaeology, and Architecture of the 'Wu Family Shrines'. New Haven e Londres: Yale University Press and Princeton University Art Museum. pp. 23–74.ISBN978-0-300-10797-5.
——— (2006).The Government of the Qin and Han Empires: 221 BCE–220 CE. Hackett Publishing Company.ISBN978-0-87220-819-3.
Mawer, Granville Allen (2013). "The Riddle of Cattigara". En Robert Nichols and Martin Woods.Mapping Our World: Terra Incognita to Australia. Canberra: National Library of Australia. pp. 38–39.ISBN978-0-642-27809-8.
McClain, Ernest G.; Ming, Shui Hung (1979).Chinese cyclic tunings in late antiquity.Ethnomusicology23. pp. 205–224.JSTOR851462.doi:10.2307/851462.
Morton, William Scott; Lewis, Charlton M. (2005).China: Its History and Culture (Fourth ed.). New York City: McGraw-Hill.ISBN978-0-07-141279-7.
Needham, Joseph (1972).Science and Civilization in China: Volume 1, Introductory Orientations. Londres: Syndics of the Cambridge University Press.ISBN978-0-521-05799-8.
——— (1986a).Science and Civilization in China: Volume 3; Mathematics and the Sciences of the Heavens and the Earth. Taipei: Caves Books.ISBN978-0-521-05801-8.
——— (1986b).Science and Civilization in China: Volume 4, Physics and Physical Technology; Part 1, Physics. Taipei: Caves Books.ISBN978-0-521-05802-5.
——— (1986c).Science and Civilisation in China: Volume 4, Physics and Physical Technology; Part 2, Mechanical Engineering. Taipei: Caves Books.ISBN978-0-521-05803-2.
——— (1986d).Science and Civilization in China: Volume 4, Physics and Physical Technology, Part 3, Civil Engineering and Nautics. Taipei: Caves Books.ISBN978-0-521-07060-7.
Needham, Joseph;Tsien, Tsuen-Hsuin (1986).Science and Civilisation in China: Volume 5, Chemistry and Chemical Technology, Part 1, Paper and Printing. Taipei: Caves Books.ISBN978-0-521-08690-5.
Needham, Joseph (1988).Science and Civilization in China: Volume 5, Chemistry and Chemical Technology, Part 9, Textile Technology: Spinning and Reeling. Cambridge: Cambridge University Press.ISBN978-0-521-32021-4.
Neinhauser, William H.; Hartman, Charles; Ma, Y.W.;West, Stephen H. (1986).The Indiana Companion to Traditional Chinese Literature: Volume 1. Bloomington: Indiana University Press.ISBN978-0-253-32983-7.
Nelson, Howard (1974).Chinese maps: an exhibition at the British Library.The China Quarterly58. pp. 357–362.doi:10.1017/S0305741000011346.
Nishijima, Sadao (1986). "The economic and social history of Former Han". En Twitchett, Denis; Loewe, Michael.Cambridge History of China: Volume I: the Ch'in and Han Empires, 221 B.C. – A.D. 220. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 545–607.ISBN978-0-521-24327-8.
O'Reilly, Dougald J.W. (2007).Early Civilizations of Southeast Asia. Lanham, Nova York, Toronto, Plymouth: AltaMira Press, Division of Rowman and Littlefield Publishers.ISBN978-0-7591-0279-8.
Pigott, Vincent C. (1999).The Archaeometallurgy of the Asian Old World. Philadelphia: University of Pennsylvania Museum of Archaeology and Anthropology.ISBN978-0-924171-34-5.
Ronan, Colin A (1994).The Shorter Science and Civilization in China: 4. Cambridge: Cambridge University Press.ISBN978-0-521-32995-8. (an abridgement of Joseph Needham's work)
Schaefer, Richard T. (2008).Encyclopedia of Race, Ethnicity, and Society: Volume 3. Thousand Oaks: Sage Publications Inc.ISBN978-1-4129-2694-2.
Shen, Kangshen;Crossley, John N.; Lun, Anthony W.C. (1999).The Nine Chapters on the Mathematical Art: Companion and Commentary. Oxford: Oxford University Press.ISBN978-0-19-853936-0.
Steinhardt, Nancy Shatzman (2004).The Tang architectural icon and the politics of Chinese architectural history.The Art Bulletin86. pp. 228–254.JSTOR3177416.doi:10.2307/3177416.
——— (2005a). "Pleasure tower model". En Richard, Naomi Noble.Recarving China's Past: Art, Archaeology, and Architecture of the 'Wu Family Shrines'. New Haven e Londres: Yale University Press and Princeton University Art Museum. pp. 275–281.ISBN978-0-300-10797-5.
——— (2005b). "Tower model". En Richard, Naomi Noble.Recarving China's Past: Art, Archaeology, and Architecture of the 'Wu Family Shrines'. New Haven e Londres: Yale University Press and Princeton University Art Museum. pp. 283–285.ISBN978-0-300-10797-5.
Sun, Xiaochun; Kistemaker, Jacob (1997).The Chinese Sky During the Han: Constellating Stars and Society. Leiden, Nova York, Köln: Koninklijke Brill.Bibcode:1997csdh.book.....S.ISBN978-90-04-10737-3.
Thorp, Robert L. (1986).Architectural principles in early Imperial China: structural problems and their solution.The Art Bulletin68. pp. 360–378.JSTOR3050972.doi:10.1080/00043079.1986.10788358.
Wang, Yu-ch'uan (1949).An outline of The central government of the Former Han dynasty.Harvard Journal of Asiatic Studies12. pp. 134–187.JSTOR2718206.doi:10.2307/2718206.
Wang, Xudang;Li, Zuixiong; Zhang, Lu (2010). "Condition, Conservation, and Reinforcement of the Yumen Pass and Hecang Earthen Ruins Near Dunhuang". En Neville Agnew.Conservation of Ancient Sites on the Silk Road: Proceedings of the Second International Conference on the Conservation of Grotto Sites, Mogao Grottoes, Dunhuang, People's Republic of China, June 28 – July 3, 2004. Getty Publications. pp. 351–352 [351–357].ISBN978-1-60606-013-1.
Xue, Shiqi (2003). "Chinese lexicography past and present". En Hartmann, R.R.K.Lexicography: Critical Concepts. Londres e Nova York: Routledge. pp. 158–173.ISBN978-0-415-25365-9.
——— (1986). "Han foreign relations". En Twitchett, Denis; Loewe, Michael.The Cambridge History of China: Volume I: the Ch'in and Han Empires, 221 B.C. – A.D. 220. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 377–462.ISBN978-0-521-24327-8.
Yule, Henry (1915). Henri Cordier, ed.Cathay and the Way Thither: Being a Collection of Medieval Notices of China, Vol I: Preliminary Essay on the Intercourse Between China and the Western Nations Previous to the Discovery of the Cape Route1. Londres: Hakluyt Society.
Zhang, Guangda (2002). "The role of the Sogdians as translators of Buddhist texts". En Juliano, Annette L.; Lerner, Judith A.Silk Road Studies VII: Nomads, Traders, and Holy Men Along China's Silk Road. Turnhout: Brepols Publishers. pp. 75–78.ISBN978-2-503-52178-7.