Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Dinamarca

Coord.:56°N10°L / 56,10
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDinamarca
Kongeriget Danmark (da)
Danmarks Rige (da)
Danmark (da)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoDer er et yndigt landEditar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 56°N10°L / 56,10
EstadoDinamarcaEditar o valor en Wikidata
CapitalCopenhagueEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Condado de Copenhaga(pt)Traducir(1970–2006)
Condado de Ribe(pt)Traducir(1970–2006)
Condado de Ringkobing(pt)Traducir(1970–2006)
Condado de Roskilde(pt)Traducir(1970–2006)
Dinamarca Meridional(2007–)
Fiónia(pt)Traducir(1970–2006)
Frederiksborg(pt)Traducir(1970–2006)
Jutlândia Central(pt)Traducir(2007–)
Jutlândia do Norte(pt)Traducir(1970–2006)
Jutlândia do Sul(pt)Traducir(1972–2006)
Rexión de Hovedstaden(2007–)
Storstrom(pt)Traducir(1971–2006)
Xutlandia do Norte(2007–)
Zelândia(pt)Traducir(2007–)Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.827.463(2019)Editar o valor en Wikidata (135,76hab./km²)
Lingua oficiallingua dinamarquesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie42.925,46 km²Editar o valor en Wikidata
Auga1,6 %Editar o valor en Wikidata
Lonxitude da costa7.314 kmEditar o valor en Wikidata
Bañado porMar do Norte eMar BálticoEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoMøllehøj (170,86 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoLammefjord(en)Traducir (−7,5 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creaciónséculo VIIIEditar o valor en Wikidata
Sucedido porErik the Red's Land(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional(1849–)Editar o valor en Wikidata
• MonarcaEditar o valor en WikidataFrederico X de Dinamarca(2024–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Denmark(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Primeiro ministroEditar o valor en WikidataMette Frederiksen(2019–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoFolketinget ,(Escano: 179)Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal398.303.272.764 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaCoroa dinamarquesaEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.dkEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+45Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112Editar o valor en Wikidata
Código de paísDKEditar o valor en Wikidata
Código NUTSDKEditar o valor en Wikidata

Sitio webdenmark.dkEditar o valor en Wikidata
Facebook: denmark.dkTwitter: denmarkdotdkInstagram: denmarkdotdkYoutube: UCHwCmdxnMAWK0WqRtC2ISAQEditar o valor en Wikidata

Dinamarca (Gl-Dinamarca.oggpronunciación (axuda · info)) (endinamarqués:Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmenteReino de Dinamarca (Gl-Reino de Dinamarca.oggpronunciación (axuda · info)) (endinamarqués:Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre ospaíses nórdicos, ademais do máis meridional, formando parte deEscandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur conAlemaña e dende1999 atópase unida porestrada eferrocarril conSuecia polaPonte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos maresBáltico e doNorte, limita ao norte conNoruega a través do estreito deSkagerrak. Conta ademais con dousterritorios dependentes,Groenlandia e asIllas Feroe, os cales gozan dun elevado nivel de autonomía. O territorio dinamarqués comprende 443 illas, entre as que destacanSelandia,Fionia,Vendsyssel-Thy,Lolland eBornholm, a máis afastada do arquipélago. Esta posición deu a Dinamarca, historicamente, o control sobre o acceso ao mar Báltico.

Dinamarca é unhamonarquía constitucional dende1849, data na que quedou abolida a monarquía absoluta que rexera o país dende1660, e converteuse enmonarquía parlamentaria en1901. En termos de permanencia, a monarquía dinamarquesa pode considerarse a segunda máis antiga do mundo, despois da casa imperial doXapón, ao existir durante polo menos un milenio. Dinamarca forma parte daUnión Europea (aínda que non emprega oeuro). Cando o país se adheriu áCEE en1973, fíxoo sen as Illas Feroe, mentres que Groenlandia optou por separarse da CEE en1985. Tamén se converteu nun membro fundador daOTAN en1949, rematando coa tradicional política deneutralidade que o país sostivera ata ese momento.

Pola súa natureza pobre en recursos xeolóxicos, Dinamarca sostivo a súa economía na actividadeagrícola grazas ás súas granxas, a explotación pesqueira e a industria naval. No último século, os dinamarqueses deron un pulo á industrialización do seu país e favoreceron o establecemento dun estado de benestar, garantindo o acceso a servizos públicos dende que en1933 se asinase o acordo de Kanslergade. Dinamarca foi ocupada polosnazis durante asegunda guerra mundial.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A etimoloxía da palabra Dinamarca, e especialmente a relación entre os dinamarqueses e Dinamarca e a unificación do país como un só reino é un tema que suscita algúns debates.[1] O debate céntrase principalmente ao redor de se o prefixo "Dan" se refire ao pobo "Dani" ou a "Dan", os lendarios reis dinamarqueses e do significado exacto do "-mark" final. A cuestión complícase aínda máis por unha serie de referencias a varios pobos "Dani" enEscandinavia ou outros lugares deEuropa nos antigos relatosgregos eromanos (comoTolomeo,Xordanes eGregorio de Tours), así na literaturamedieval (comoAdán de Bremen,Beowulf,Widsith eEdda poética).

A maioría dos manuais derivan a primeira parte da palabra, e o nome do pobo, dunha palabra que significa "terra chá", en relación coalemánTenne, oinglésden ("cubil") ou aosánscritodhánuṣ- (धनुस्, "deserto"). O "-mark" crese que significa fraga ou zona de fronteira (marca), con referencias probables aos bosques ao sur da fronteira deSchleswig,[2] probablemente de xeito semellante aFinnmark,Telemark ouDithmarschen.[3]

Explicacións mitolóxicas

[editar |editar a fonte]

Algunhas das primeiras descricións da orixe da palabra Dinamarca, describindo un territorio, atópanse noChronicon Lethrense doséculo XII, noSven Aagesen (finais doséculo XII), noSaxo Grammaticus (comezos doXIII) e naBalada de Eric (mediados doséculo XV). Hai, con todo, moitos anais e anuarios dinamarqueses máis que conteñen outros detalles, como por exemplo distintas variacións de ortografía.

OChronicon Lethrense explica que cando oemperador romanoAugusto ía en contra de Dinamarca na época de David[4] estaba formada por sete territorios:Xutlandia,Fionia,Selandia,Møn,Falster,Lolland eEscania. Estes estaban rexidos polo Rei Ypper deUppsala, o cal tivo tres fillos, Nori, Osten, e Dan, que foi enviado a gobernar Selandia, Møn, Falster e Lolland, territorios que se coñeceron de forma conxunta como Videslev. Cando oxutos loitaban contra o emperador Augusto exhortouse a Dan para axudalos e trala vitoria, fíxose Rei de Xutlandia, Fionia, Videslev e Escania. Un consello decidiu chamar a esta nova terra unidaDanmark (Dania) (engalego:Dinamarca), na honra do seu novo rei, Dan. Así poisSaxo relata que foi o lendario rei danés Dan, fillo de Humbli, quen deu o nome ao pobo dinamarqués, a pesar de que non declara expresamente que é tamén a orixe da palabra "Dinamarca", soamente di queInglaterra, en última instancia, deriva o seu nome do irmán de Dan, Angles.

Primeiras aparicións

[editar |editar a fonte]
AsPedras de Jelling.

A primeira mención dun territorio chamado "Dinamarca" atópase na tradución modificada aoinglés antigo dosHistoriarum adversum Paganos Libri Septem dogalaicoPaulo Orosio polo Rei Alfredo o Grande. Nunha pasaxe introducida no texto de Alfredo, lese acerca do aventureiro Ohthere de Hålogaland, que viaxa pola rexión nórdica, no que "Dinamarca" (Denamearc) estaba ao lado do seuporto.

O primeiro uso rexistrado da palabra "Dinamarca", no propio país atópase nas dúaspedras de Jelling, pedrasrúnicas que se cren construídas por Gorm o Vello (c.955) e Harald Blåtand (c.965). A pedra maior das dúas é a miúdo citada como o "certificado de nacemento" de Dinamarca, onde aparece o nome na forma deacusativo "tanmaurk" na gran pedra e dexenitivo "tanmarkar" na pequena. NoCantar de Roldán, que se estima que foi escrito entre1040 e1115, aínda que o manuscrito máis antigo data de1140-1170, onde aparece a primeira mención do lendario heroe dinamarqués Ogier, é mencionado varias veces como "Ogier de Dinamarca" (Ogier de Denemarche).

Historia

[editar |editar a fonte]

Prehistoria

[editar |editar a fonte]
OCarro solar de Trundholm, datado na primeiraIdade de bronce arredor do1400 a.C., atópase actualmente no Nationalmuseet deCopenhaguen.

Os primeiros indicios deagricultura son do3.000 a. C. O período nórdico daIdade de Bronce estivo marcado por un pobo que enterraba os seus mortos, xunto aos seus bens terreais, entúmulos. Atopáronse numerososdolmens e tumbas datadas nese período. Entre estes achados arqueolóxicos destacan numerosos artefactos relixiosos, instrumentos musicais, así como as primeiras evidencias dunha sociedade estratificada en clases sociais.

Durante ese período de tempo, ás veces lanzábanse os cadáveres aos pantanos. Estes cadáveres son coñecidos comoos corpos do pantano. Os que foron recuperados atópanse moi ben preservados e convertéronse nun valioso recurso para conseguir información sobre a poboación danesa dese período. Durante o período previo áIdade de Ferro, o clima en Dinamarca e en todaEscandinavia volveuse máis frío e húmido, limitando a agricultura e os asentamentos, que se trasladaron para aAlemaña. Existen evidencias de inmigraciónsceltas en Dinamarca así como noutros puntos daEuropa do norte. Mostras da cultura céltica son os nomes dalgúns topónimos. OImperio romano mantivo as rutas comerciais e as relacións cos daneses, como mostran diversos achados demoedas romanas. Ao redor do ano200 aparece a primeira inscrición rúnica.

A cultura da Europa do norte durante as migracións masivas dosséculos V eVII recibe o nome de idade de ferro xermánica. Entre os restos correspondentes a este período atópanse os cadáveres do pantano de turba, os corpos ben preservados de dous homes que foron estrangulados, talvez durante un sacrificio. As incursións na zona norte de Dinamarca aumentaron noséculo V. Unha das tribos que máis frecuentemente realizaba estas incursións eran os dinamarqueses (tamén coñecidos como "Daner" ou "Dani"), procedentes da área meridional deSuecia coñecida comoEscania ou Skåneland. O nome desta tribo terminou aplicándose ao conxunto de Dinamarca polos alemáns que vivían no sur deXutlandia.

Idade Media

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:Viquingos e Unión de Kalmar.
Knud, rei dinamarqués que conquistouInglaterra.
Estatua de Valdemar, rei que unificou o país.
Mapa daUnión de Kalmar noséculo XVI.

A orixe de Dinamarca está perdida na prehistoria. Pero aDannevirke (muralla) máis antiga data doséculo VII, o mesmo que o novoalfabeto rúnico e os antigos poemas épicos saxónsWidsith eBeowulf, así como o historiador medieval danésSaxo Grammaticus (1150-1220) constituíron as primeiras fontes da cultura antiga danesa. Estas descricións teñen moito de mitoloxía e lenda, con todo poden conter algúns datos históricos.

Na área de Dinamarca existiron varios reinos pequenos durante moitos anos. Crese que ao redor do ano980, o reiHarald I, coñecido co sobrenome deDente azul, estableceu un reino unificado en Dinamarca. Un misioneiro alemán visitou o rei e, segundo conta a lenda, sobreviviu a unha dura proba que convenceu o rei Harald de se converter aocristianismo. A nova relixión, que substituíu a vellamitoloxía nórdica, traía vantaxes para o rei, como a axuda por parte doSacro Imperio Romano, e permitiu que Harald se librase dalgúns dos seus opositores, fieis á vella mitoloxía. A igrexa trouxo unha administración estable ás terras; estabilidade que o rei utilizou para exercer certo control sobre elas.

O pobo que terminou sendo coñecido comoviquingo habitou Dinamarca entre oséculo VIII e oséculo XI. Presentaban unha estrutura social moito máis completa que os pobos que poboaran a zona anteriormente. Os viquingos fixéronse famosos ao navegar e comerciar polo resto deEuropa. Durante o período viquingo, Dinamarca tivo un gran poder baseado na península deXutlandia, a illa deSelandia e a parte sur do que é hoxe en díaSuecia. A principios doséculo XI, o rei Knud o Grande conquistouInglaterra por un período de polo menos trinta anos. Trala morte de Knud o Grande en1035, Inglaterra quedou fóra do control danés e Dinamarca sufriu unha etapa de desordes. Os viquingos deNoruega realizaron ataques esporádicos, mais o sobriño do rei Knud, Sweyn Estridson (1020-1074) restableceu a autoridade real e estableceu unha boa relación co Arcebispo deBremen.

A principios doséculo XII, Dinamarca converteuse nunha sede independente da igrexa deEscandinavia. Pouco despois,Suecia eNoruega formaron os seus propios arcebispados fóra do control dinamarqués. A mediados doséculo XII, reinar en Dinamarca era realmente complicado: as guerras civís sucedéronse, creando tensións.Valdemar o Grande (1131-1182) tomou o poder, estabilizouno e realizou unha reorganización da administración. Durante o seu reinado construíuse un castelo na aldea de Havn que deu orixe á que hoxe en día é a cidade deCopenhaguen. Valdemar converteu ao país nunha potencia destacada na zona domar Báltico. El e os seus sucesores dirixiron diversas cruzadas para reclamar territorios situados na actualEstonia. A lenda di que abandeira dinamarquesa, aDannebrog, caeu do ceo durante unha batalla ocorrida enEstonia en1219.

Durante aIdade Media a coroa e a igrexa mantiveron unha estreita colaboración. Durante este período construíronse miles de igrexas por todo o país. A economía mellorou durante oséculo XII, sobre todo grazas ao comercio de arenques; noséculo XIII iniciouse un período de dificultades económicas e o derrubamento temporal da autoridade do rei, o cal tivo dificultades para manter o control do reino. Houbo longos períodos de relacións conflitivas entre os monarcas daneses e ospapas de Roma, coñecidos como "conflitos arquiepiscopais". A finais doséculo XIII, a forza do rei atopábase debilitada e a nobreza forzou ao rei a conceder un foro, considerado como a primeiraConstitución danesa.

O reino seguiu debilitándose: o territorio deEscania estivo durante un tempo baixo control sueco. En1340 o trono recaeu en Valdemar Atterdag, político experto que foi quen de reunificar Dinamarca. Apeste negra, que afectou o país durante estes anos, axudou na súa campaña de reunificación. Os seus esforzos por ampliar o reino levárono a diversos enfrontamentos coaliga Hanseática, que se aliou con Suecia para atacar Dinamarca. O ataque fracasou, xa que as forzas danesas afundiron gran parte da frota Hanseática. Afortunadamente para a liga, os nobres deXutlandia rebeláronse contra o incremento dos impostos proposto para financiar a expansión noBáltico: as presións da liga e da nobreza obrigaron ao rei a exiliarse en1370.

Margarida I foi a filla de Valdemar Atterdag, que casou con Haakon VI de Noruega nun intento de unir estes dous reinos e Suecia, xa que Haakon estaba relacionado coa familia real sueca. O seu filloOlav estaba destinado a dirixir o tres reinos pero a súa morte provocou que fose Margarita a encargada de facelo. Durante a súa vida, os reinos de Dinamarca,Noruega eSuecia (incluídas asIllas Feroe así comoIslandia,Groenlandia e a actualFinlandia) estiveron unificados e baixo o seu mandato, no que se coñeceu comoUnión de Kalmar, feita oficial en1397. O seu sucesor,Erik de Pomerania, non tiña a habilidade da raíña e foi o responsable directo da desintegración da Unión. Con todo, candoCristovo de Baviera chegou ao trono Escandinavia volveu unirse, aínda que dun modo breve. A nobreza sueca estaba cada vez máis descontenta e a unión converteuse nun concepto legal máis que nun concepto real.

A principios doséculo XVI chegou ao poder o rei Cristián II. Conquistou Suecia nun intento de reforzar a unión. Asasinou a numerosos membros das forzas suecas antiunionistas, así como a civís, entre os que se atopaban mulleres e nenos. Isto destruíu toda esperanza de manter a unión escandinava. Areforma protestante, orixinada en Alemaña polas ideas deMartiño Lutero, foi introducida en Dinamarca en1536, e tivo un grande impacto; a actual Igrexa de Dinamarca éluterana. Como no resto de Europa, a expansión do protestantismo foi posible pola poderosa combinación do entusiasmo popular co intento dos gobernos de afastarse do control deRoma.

Idade Moderna

[editar |editar a fonte]
Gravado da época sobre a Batalla da Montaña Branca.
Christian IV, rei dinamarqués durante aguerra dos Trinta Anos.
A Batalla de Copenhaguen durante asguerras napoleónicas.
Hans Christian Andersen, figura destacada durante aidade de ouro dinamarquesa noséculo XIX.

Durante oséculo XVI Dinamarca creceu de forma notable. A economía dinamarquesa beneficiouse da Guerra dos Oito Anos nosPaíses Baixos, xa que un número notable de refuxiados desa zona, a máis desenvolvida economicamente de toda Europa, chegou a Dinamarca. Isto axudou a modernizar a sociedade e a establecer vínculos comerciais cos Países Baixos. Naquela época Dinamarca era un reino relativamente poderoso. A política europea doséculo XVI estivo fortemente influída pola contenda entre as forzascatólicas e as protestantes, o que fixo inevitable que Dinamarca se vise involucrada na guerra se chegaba a producirse. AGuerra dos Trinta Anos chegou aos estados protestantes en1620 e Dinamarca foi reclamada para defender "a causa protestante". A intervención enAlemaña das forzas dinamarquesas, dirixidas polo rei Christián IV, foi un fracaso; pola contra, a posterior intervención sueca foi un auténtico éxito. Christián IV reinou entre1588 e1648. Despois da súa morte, Dinamarca enfrontouse a Suecia nunha nova guerra. Un inverno anormalmente frío permitiu que as tropas suecas chegasen até Copenhaguen. A paz de 1658 cedeu a Suecia tres das provincias máis ricas de Dinamarca:Escania,Halland eBlechinge, baixo os termos do tratado de Roskilde.

Como resultado do desastre da guerra contra Suecia, o reiFrederico III foi quen de convencer os nobres de que lle cedesen algúns dos seus poderes a cambio dunha redución dos impostos; comezaba así a era doabsolutismo en Dinamarca e a asemblea dinamarquesa queda suspendida durante dous séculos. Durante este período, o poder centralizouse enCopenhaguen e o goberno reorganizouse dunha maneira moito máis xerárquica, construído ao redor do rei como punto central da administración. Os oficiais da corte dominaban a administración, así como un novo grupo de burócratas. Aaristocracia viu como a súa influencia se reducía notablemente e tanto a administración como as leis modernizáronse neste período. Os intentos de diversificar a economía para non depender en exclusiva da agricultura fallaron e durante este período houbo moi poucas industrias, excepto na zona de Copenhaguen.

A finais doséculo XVIII realizouse unha extensa reforma agraria e así, durante todo o século XVIII, a economía dinamarquesa tivo un bo comportamento, xa que a demanda dos produtos agrícolas dinamarqueses se estendeu por toda Europa. Os barcos dinamarqueses comerciaron con todo o continente, así como a zona do Atlántico norte. As ideas do Século das Luces volvéronse moi populares entre a clase media dinamarquesa, aumentando o interese polas liberdades persoais. Ao mesmo tempo, empezouse a desenvolver un sentimento nacionalista danés e aumentou a hostilidade cara aosalemáns enoruegueses presentes na corte real. O antagonismo entre alemáns e dinamarqueses fíxose máis forte a partir de mediados doséculo XVIII.

A solidez da economía dinamarquesa viuse fortemente afectada as perdas provocadas durante asguerras napoleónicas. Dinamarca aliouse conFrancia e librou diversas batallas contra as tropasbritánicas. A frota británica atacou Copenhaguen en1801 (Primeira Batalla de Copenhaguen). En1807 a frota británica bombardeou de novo a cidade, o que provocou numerosas baixas civís. En 1808 un exército español de 15.000 homes ao mando doMarqués da Romana interveu en Dinamarca en apoio deNapoleón. Tras a derrota da frota dinamarquesa, Noruega pasou da coroa de Dinamarca á de Suecia polotratado de Kiel, como recompensa a Suecia por parte do bando vencedor. Pero as revoltas norueguesas terminaron na independencia, e os noruegueses coroaron a Christian Frederick (o futuro Christián VIII) como rei. Durante este período, Dinamarca estivo literalmente en bancarrota e a poboación sufriu grandes privacións. Curiosamente, é coñecido comoa idade de ouro da historia intelectual dinamarquesa. A literatura, pintura, escultura e a filosofía tiveron unha época infrecuentemente brillante.Hans Christian Andersen,Søren Kierkegaard eBertel Thorvaldsen realizaron as súas obras durante este período.

Os movementosliberais enacionalistas gañaron forza a partir de1830. O5 de xuño de1849, Dinamarca converteuse nunhamonarquía constitucional. A crecente burguesía empezou a esixir un posto no goberno; para evitar unha revolta sanguenta, o reiFrederico VII concedeu as demandas da cidadanía e redactouse unha nova Constitución que repartía os poderes. O rei converteuse na cabeza do poder executivo, que se complementaba co poder lexislativo, que residía en dúas cámaras parlamentarias: o "Folketing", que representaba os granxeiros, mercadores, comerciantes e clase media, e o "Landsting", que representaba a vella aristocracia. A situación política emerxente coa nova constitución alarmou a algunhas das antigas elites sociais, que temían que cidadáns con educación básica substituísen a profesores e profesionais nas posicións de poder. Os campesiños, en coalición con elementos radicais das cidades, gañaron a maioría dos asentos do Folketing e iniciouse unha crise constitucional, que finalizou en1901 coa introdución dun goberno parlamentario. Decidiuse que ningún goberno podía actuar contra os desexos da maioría parlamentaría.

Século XX

[editar |editar a fonte]
Soldados dinamarqueses durante asegunda guerra mundial.

Durante as primeiras décadas doséculo XX asmulleres conseguiron o dereito ao voto (1915), e algunhas das colonias danesas nas Indias orientais vendéronse aos Estados Unidos. Durante este período, Dinamarca empezou unha serie de reformas sociais e laborais que sentaron a base do actualEstado do Benestar. Aínda que Dinamarca se mantivo neutral durante aprimeira guerra mundial, o conflito afectou o país de forma considerable. O comercio co resto de Europa interrompeuse e o continente entrou nunha etapa de inestabilidade económica. Nas eleccións de1924 o partidosocial demócrata converteuse no máis votado, posición que mantivo até o ano2001.

A pesar da súa declaración de neutralidade ao comezo dasegunda guerra mundial, Dinamarca foi invadida polas tropasnazis o9 de abril de1940 e estivo ocupada até o5 de maio de1945. Durante o inicio do período de ocupación, o Folketing seguiu realizando sesións e a policía mantívose baixo control danés. A partir de1943, os nazis tomaron o control total sobre o país, o que provocou que se desenvolvese un importante movemento de resistencia. Aínda que o control se facía cada vez máis difícil, os alemáns non se retiraron de Dinamarca até a chegada das tropas aliadas, case ao final da guerra. Durante a ocupación, un gran número de xudeus daneses emigrou até Suecia para evitar a deportación.

En 1953 realizáronse algunhas reformas políticas importantes en Dinamarca, como a abolición do estado decolonia deGroenlandia ou a reforma constitucional, que permitía a subida ao trono dunha muller. Ao finalizar asegunda guerra mundial o país abandonou a súa tradicional posición de neutralidade. Dinamarca converteuse en membro dasNacións Unidas e foi un dos membros fundadores daOTAN. En1973 aprobou a entrada naComunidade Económica Europea, predecesora daUnión Europea. En2000, Dinamarca decidiu por referendo non unirse á moeda única europea, oeuro.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Foto satélite de Dinamarca.
Himmelbjerget, a "montaña do ceo", con 147 m un dos puntos máis altos do país.

O territorio de Dinamarca consta dapenínsula deXutlandia (endinamarqués:Jylland) e de 443illas, das cales 76 están habitadas. Cunha lonxitude máxima de 375 km, que se estende dende a fronteiraalemá conSchleswig-Holstein cara ao norte, o país é, en xeral, plano e con poucas elevacións, sendo o Møllehøj con 170,86m o punto máis alto e o Lammefjord o máis baixo con 7 metros baixo o mar, e cunha altura media de tan só 31 m por riba do nivel do mar. A súa costa oeste está protexida das tempestades no mar do norte por dunas e bancos de area. As illas atópanse nomar Báltico, que forma tamén a fronteira leste de Xutlandia.

A paisaxe danesa foi formada en gran parte polos glaciares que cubrían por completo esta zona, no que as idas e vindas das masas de xeo acumularon outeiros de material areoso. Hoxe en día un cinto destes outeiros separan o leste do oeste de Xutlandia. Entre as illas máis importantes pódense destacar a situada ao leste de Xutlandia, separada polo estreito doPequeno Belt,Fionia e a illa que se atopa no seu lado sueste, Langeland (engalego:terra longa), algo menor; ademais da illa deSelandia, máis aló doGran Belt (endinamarqués:Storebælt), onde se atopa a capital,Copenhaguen. Mais lonxe ao leste atópase a illa granítica deBornholm, situada entrePolonia ao sur eSuecia ao norte. Moitas das illas están ligadas por pontes, destacando sobre todo aponte de Øresund, que ligaSelandia aSuecia, e a ponte do Gran Belt, que ligaFionia á propia Selandia. É preciso destacar finalmente as illas deGroenlandia eFeroe,territorios dependentes de Dinamarca.

A vexetación autóctona está formada por bosques de árbores con folla caduca. Nas reforestacións, estes están sendo desprazados cada vez máis porconíferas. A maior parte dosbosques utilízanse como protección contra os ventos e para evitar a perda de terra e area polo lado do mar do norte. A parte decervos eveados non se conservaron animais maiores nos bosques de Dinamarca, con todo hai unha fauna importante e variada de aves. Acontaminación ambiental é a principal ameaza para a fauna danesa nas zonas acuáticas preto das costas e nos lagos e ríos do interior. Como recursos naturais atópanse en Dinamarcapetróleo,gas natural, peixe,sal e rochacalcaria.

Clima

[editar |editar a fonte]

O clima de Dinamarca é suave e agradable durante todo o ano e, polo tanto, é pouco frecuente experimentar situacións climáticas extremas, estando marcado o clima pola súa situación setentrional e acorrente do Golfo. Os veráns son frescos cunha temperatura media en agosto de 15,7 °C e os invernos suaves con temperaturas medias en xaneiro e febreiro de 0 °C[5]. Hai suficientes precipitacións durante todo o ano, cunha media de 121 días con precipitacións ao ano, cunha media de 712 mm. anuais co outono como a estación máis húmida e a primavera a máis seca[5] e a miúdo sopran ventos moderados a fortes do oeste nas costas. Por mor da súa localización no norte de Europa, hai grandes variacións na duración da luz diúrna, no inverno os días son curtos, coa luzada saíndo en Copenhaguen arredor das 8:45 am e o solpor poñéndose ás 3:45 pm (hora local), mentres os días son longos no verán coa luzada ás 4:30 am e o solpor ás 10 pm.[6]

Flora e Fauna

[editar |editar a fonte]
Bosque Grib, na parte norte deSelandia.

O territorio de Dinamarca está dominado polo bioma de bosque morno de frondosas.WWF distingue en Dinamarca dous ecorrexións diferentes:

  • Bosque mixto atlántico, na metade occidental da península de Xutlandia.
  • Bosque mixto báltico, no norte e a metade oriental da península de Xutlandia e nas illas do Báltico.

Ademais, asillas Feroe constitúen aecorrexión denominada pradería boreal das illas Feroe.

Conservación ambiental

[editar |editar a fonte]

En Dinamarca hai conciencia coa xestión responsable e preservación doambiente, especialmente en reducir o impacto antrópico no ao actual período dequecemento global. Dinamarca é, en termos relativos, a máis destacada en canto a fabricación e utilización de turbinas eólicas, co compromiso realizado nos anos1970 de chegar a obter a metade da produción de enerxía do país mediante o vento. Actualmente xera máis do 20% da súa electricidade mediante aeroxeradores, maior porcentaxe que calquera outro país, e é o quinto en produción total de enerxía eólica, a pesar de ser o país número 56 en canto a consumo eléctrico. Cómpre destacar que do7 ao18 de decembro de2009 foi celebrada a Conferencia sobre o Cambio Climático da ONU 2009 enCopenhaguen, aínda que a maioría dos medios sinalaron que o acordo logrado finalmente distaba bastante do que se agardaba por parte daONU e os científicos.[7][8]

Política e goberno

[editar |editar a fonte]
Margarida II, raíña entre 1972 e 2024.

Dinamarca é unha monarquía constitucional, cunha lista de monarcas que se mantivo de forma continua por un período de máis de 1.000 anos (excepto nun período de interregnos entre1332 e1340). O actual rei éFrederico X, quen sucedeu a súa nai,Margarida II, logo da abdicación desta enxaneiro de2024. O monarca ten numerosas funcións de tipo cerimonial, como por exemplo designar aoPrimeiro Ministro e ao gabinete, responsables da administración do goberno. Con todo, ten que realizar consultas cos diferentes líderes parlamentarios antes da designación, xa que o gabinete pode ser destituído mediante unha moción de censura presentada no Folketing, o Parlamento danés. Os membros do gabinete non teñen por que ser parlamentarios.

Entre1849 e1953, o Folketing foi bicameral, mais en1953 a novaConstitución estableceu un sistemaunicameral, formado por non máis de 179 membros, dos cales dous proceden deGroenlandia e dous dasIllas Feroe. As eleccións celébranse como mínimo cada catro anos, aínda que oPrimeiro Ministro ten a potestade de convocar eleccións anticipadas. Os membros do Folketing elíxense por un complicado sistema de representación proporcional: calquera partido que reciba polo menos o 2% dos votos totais ten representación. O resultado deste sistema é unha gran cantidade de partidos políticos (no Parlamento actual despois das eleccións de2007 están presentes oito partidos, máis outros catro distintos das Illas Feroe e Groenlandia). O partido máis votado recibiu nas eleccións de2007 o 26,2% dos votos. A participación nas eleccións ten unha media do 85%, sendo nas últimas eleccións do 86,6%.

AsIllas Feroe eGroenlandia teñen o seu propio goberno autónomo, cun alto comisionado que actúa como representante do goberno danés no territorio. O goberno autónomo é o responsable das políticas locais; as relacións internacionais, a política monetaria e a de defensa dependen directamente do goberno danés.

Condicións políticas

[editar |editar a fonte]

A vida política en Dinamarca é ordenada e democrática. Os cambios políticos prodúcense de forma gradual a través dun proceso froito do consenso; os métodos políticos e as actitudes son, en xeral, moderados. Ossocialdemócratas, definidos historicamente como un movemento obreiro ben organizado, que hoxe en día representan máis á clase media, mantivéronse no poder durante a maior parte das lexislaturas posteriores ásegunda guerra mundial. Desde1982 até1993 e desde as eleccións de2001, Dinamarca estivo gobernada por unha coalición liberal-conservadora, dirixida porAnders Fogh Rasmussen. No ano2009 o Primeiro Ministro foiLars Løkke Rasmussen, dos liberais, quen se mantivo á fronte do executivo ata 2011 e de novo entre 2015 e 2019. Ata 2024, dúas mulleres foron primeiras ministras, foron as socialdemócratasHelle Thorning-Schmidt (2011-2015) eMette Frederiksen (dende 2019).

Subdivisións administrativas

[editar |editar a fonte]

Desde o1 de xaneiro de2007, Dinamarca está dividida en 5 rexións (regioner) e 98 concellos (kommuner) que substituíron os tradicionais condados e os antigos 270 concellos respectivamente. As cinco rexións existentes son:

NomeCapitalCidade principalPoboaciónArea (km²)DensidadeComunasMapa
Rexión HovedstadenHillerødCopenhagen1 645 8252.561642,629

Actual organización territorial de Dinamarca.
Rexión MidtjyllandViborgÅrhus1 237 04113.14294,219
Rexión NordjyllandAalborgAalborg578.8397.92773,211
Rexión de SelandiaSorøRoskilde819.4277.273112,717
Rexión SyddanmarkVejleOdense1 194 65912.19197,9922
Todo o país5 475 79143.094127,098

O arquipélago deErtholmene non forma parte de ningunha rexión nin concello, adminístrao o goberno dinamarqués.

Antigos distritos

[editar |editar a fonte]

Dende1970 até o31 de decembro de2006, Dinamarca estivo dividida en 13distritos (endinamarqués:amter) e 271 comunas (kommuner). No caso da área metropolitana deCopenhaguen, este estaba administrado polo distrito homónimo, fóra de dous municipios autónomos, un do mesmo nome e o deFrederiksberg. En tanto, a illa deBornholm atopábase dividida en cinco municipios que conformaban un condado ata que foron unidas nun só municipio rexional o1 de xaneiro de2003. Este municipio rexional tiña as mesmas características que os municipios autónomos da capital.

En2004, o goberno propuxo reformar o sistema administrativo ao actual: cinco grandes rexións co fin de administrar o sistema de saúde. A proposta ademais incluía a redución de municipios a preto de 100, cun mínimo de 20.000 habitantes por cada un (aínda que se estableceron algunhas excepcións). O Parlamento de Dinamarca finalmente aprobou a proposta o24 de febreiro de2005.

NomeCapitalTipoPoboaciónSuperficieDensidadeMapa
1CopenhaguenCopenhaguenConcello501.15891,35.489,1

Os trece distritos de Dinamarca até2006.
2FrederiksbergFrederiksbergMunicipio91.8558,710.560,5
3CopenhaguenGlostrupDistrito618.5295261.175,9
4FrederiksborgHillerødDistrito378.6861.347281,1
5RoskildeRoskildeDistrito241.523891271
6Selandia OccidentalSorøDistrito307.2072.984103
7StorstrømNæstvedDistrito262.7813.39877,3
8FioniaOdenseDistrito478.3473.485137,2
9Xutlandia MeridionalAbenráDistrito252.4333.93964,1
10RibeRibeDistrito224.2613.13271,6
11VejleVejleDistrito360.9212.997120,4
12RingkjøbingRingkøbingDistrito275.0654.85456.7
13ViborgViborgDistrito234.8964.12257
14Xutlandia SetentrionalAalborgDistrito495.0906.17380,2
15AarhusAarhusDistrito661.3704,561145
16BornholmRønneConcello rex.43.24558773,6

Economía

[editar |editar a fonte]
LEGO, un dos produtos dinamarqueses máis populares.
Velux, compañía dinamarquesa especializada en xanelas.
Artigo principal:Economía de Dinamarca.

A moderna economía de mercado de Dinamarca permite que exista unha agricultura de alta tecnoloxía, uns altos niveis de benestar, unha moeda estábel e unha alta dependencia dos mercados exteriores. Dinamarca é un exportador neto de produtos alimenticios e enerxía e ten unha balanza de pagamentos positiva. É dependente dos intercambios comerciais cos outros países e da capacidade de influencia nas conxunturas internacionais e nos factores económicos. O valor das exportacións e importacións compón cerca dun terzo do valor doPIB, facéndose gran parte dos intercambios comerciais con outros estados daUnión Europea, sendo o socio de comercio bilateral máis importanteAlemaña e tendo unha boa interacción económica conSuecia e oReino Unido. Fóra daUE, Dinamarca mantén relacións comerciais conNoruega, osEstados Unidos e oXapón.

Dende asegunda guerra mundial, as exportacións danesas están en expansión. A venda de produtos industriais superou a exportación agraria, ocupando un lugar cada vez máis importante dentro da pauta de exportacións. Ao final dosanos 90, a exportación industrial constituíu aproximadamente 80% do valor total das vendas ao exterior, mentres as vendas de produtos agrarios representaron 11%. As áreas de ferramentas e maquinaria forman 26% do total das exportacións industriais, os produtos químicos representan 12% e os produtos da industria agroalimentaria atenden ao 4%.

No caso das importacións, os principais produtos comprados son materias primas e produtos semifabricados, incluíndo a enerxía. A compra de maquinaria e equipamentos de produción para industria e comercio representa 67% do valor total de importacións. Nos anos80, a importación de enerxía caeu dun modo significativo, debido ao aumento da produción interna de petróleo. Os outros 33% de importacións son de produtos de consumo, como osautomóbiles.

Un 75% dos traballadores daneses pertence a algúnsindicato dentro da Confederación Dinamarquesa de Sindicatos. As relacións entre os sindicatos e a patronal son de cooperación. Os convenios laborais que fixan os horarios de traballo e os salarios negócianse entre a patronal e os sindicatos, cunha mínima implicación do goberno. O goberno foi quen de igualar e superar os criterios económicos de converxencia necesarios para entrar na unión económica e monetaria daUnión Europea. Mais, Dinamarca, nunreferendo realizado en setembro de2000, decidiu non adoptar oeuro como moeda, mantendo o uso dacoroa.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:Demografía de Dinamarca e Idiomas de Dinamarca.
Copenhaguen, capital do país.
Århus, segunda cidade máis poboada despois da capital.

Moitos dos daneses actuais trazan a súa árbore xenealóxica a partir da poboación xermano-gótica que habitou Dinamarca dende tempos prehistóricos. Con todo, coa inmigración que chegou ao país nos últimos anos, a poboación danesa fíxose máis heteroxénea. Odinamarqués é o principal idioma de Dinamarca. Durante as migracións dos Hunos e os eslavos, os daneses instaláronse na península de Xutlandia. Foron expulsados polos nativos e outras tribos de orixe xermánica. Os atacantes deixaron atrás unha chea de barcos, cuxos restos, na actualidade, aínda se están recuperando.

Unha pequena minoría dexermano-parlantes habita hoxe en día no sur de Xutlandia, exactamente no norte de Schleswig. Os duques deSchleswig e Holstein estiveron durante moito tempo baixo as ordes do Santo Imperio Romano, cuestión que se utilizou para manterse independentes. A zona norte de Schleswig entrou a formar parte de Dinamarca co Tratado de Versalles. Hoxe en día gran parte da poboación das zonas fronteirizas fala os dous idiomas. A maior parte da poboación de orixe inuit habita enGroenlandia; asIllas Feroe teñen unha poboación nórdica que fala a súa propia linguaxe. A educación é obrigatoria desde o sete aos 16 anos e é gratuíta até o nivel universitario.

A Igrexa do Pobo Danés, unha forma deluteranismo, está apoiada polo estado e, de acordo cos datos de2002, un 84,3% dos daneses practican esta relixión, con todo, Dinamarca permite a liberdade de cultos e na actualidade practícanse doce relixións. Entre as que as que contan con máis seguidores son os bautistas, metodistas, pentecostais,anglicanos,luteranos libres ecatólicos, sendo un 3% da poboaciónmusulmá.

A composición étnica actual é a seguinte:[9]

Cultura

[editar |editar a fonte]
Bandeira de Dinamarca.

Algúns dos valores máis importantes na cultura danesa son, entre outros, a empatía, asolidariedade, aconfianza entre as persoas, atolerancia, aliberdade, a igualdade e axustiza. Seguen ao pé da letra as súas leis e a súaconstitución. Os dinamarqueses están moi dispostos a demostrar a cultura que teñen e orgullosos da súa historia, sempre pondo de fronte asúa bandeira, a súa raíña, e a súa moeda (acoroa dinamarquesa). A maior parte da poboación de Dinamarca opina que as tradicións danesas forman parte do patrimonio cultural nacional, e moitos cren que hai que protexelas fronte a influencias externas. Con todo, isto non significa que non adopten tradicións doutras culturas próximas.

Os dinamarqueses teñen unha actitude moi relaxada e alegre fronte á vida, o cal se reflicte no seu trato social que adoita ser moi informal. Son tolerantes, pacíficos, de mentalidade aberta e sen ningún tabú. A sinceridade é importante para os daneses, que son francos e que non ocultan as súas opinións críticas. O humor danés é irónico, sarcástico e informal e utilízase con frecuencia en calquera tipo de conversación como unha forma de mostrar confianza. Non é unha porta aberta para ofender ou faltar o respecto. É case imposible ofender un danés. Con todo, para algunhas culturas pode ser difícil interpretar o humor e sarcasmo danés. A actitude relaxada dos daneses ademais reflíctese nos moitos ambientes alternativos que ten Dinamarca e que son unha parte fascinante e exuberante do país.

A xente da penínsulaXutlandia caracterízase por seren granxeiros e por costumes máis arraigados e tradicionais. A poboación da illaFionia, son xente dedicada á agricultura, a súa maneira de falar é coñecida por moitos como 'cantada', viven nunha illa pequena o que os fai chegar á capital Odense en trinta minutos aproximadamente. Fionia é chamada "A illa do sorriso" pola amabilidade da súa xente. Na illaSelandia, a xente traballa maiormente na industria, sendo a parte máis activa de Dinamarca. Algúns coñecidos dinamarqueses son oescultorBertel Thorvaldsen, ocompositorCarl Nielsen, oarquitectoJørn Utzon, ofísicoNiels Bohr ou oastrónomoTycho Brahe.

Lingua e literatura

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Lingua dinamarquesa.
Hans Christian Andersen.

O dinamarqués é unhalingua xermánica falada por preto de seis millóns de persoas. Por motivos históricos de dominación danesa e de intercomunicación nos países acollidos aoConsello Nórdico, enIslandia ensínase esta lingua nas escolas, o que permite comunicarse aos islandeses en danés con certa competencia. É considerado ademais, un dos idiomas máis difíciles de aprender en Europa pola súa complicada pronuncia.

A maior parte do léxico danés procede doantigo nórdico, do cal se formaron novas palabras mediante palabras compostas. Con todo, unha porcentaxe considerable de vocabulario procede dobaixo alemán, (por exemplo,betale = pagar,måske = se cadra). Posteriormente, o alto alemán, ofrancés e agora oinglés superaron ao baixo alemán na súa influencia sobre o danés. A relación xenética e histórica entre o inglés e o danés fai que numerosas palabras de ambas as linguas se parezan; por exemplo, hånd (hand), igen (again), næse (nose). Con todo, a pronuncia destas palabras en ambas as linguas varía considerablemente. Esta relación está marcada especialmente pola invasión viquinga de parte do norte deInglaterra. A primeira tradución da Biblia ao danés publicouse en 1550.

Algúns exemplos de escritores famosos de obras en danés son o filósofo existencialSøren Kierkegaard, o prolífico escritor de fábulasHans Christian Andersen e o novelistaLudvig Holberg. Tres autores daneses doséculo XX recibiron oPremio Nobel de Literatura:Karl Adolph Gjellerup eHenrik Pontoppidan, que o recibiron en1917; eJohannes Vilhelm Jensen, galardoado en1944. Outros escritores dinamarqueses coñecidos sonJeppe Aakjær,Martin Andersen Nexø,Jens Immanuel Baggesen,Herman Bang,Karen Blixen,Sven Hassel,Ludvig Holberg,Ole Henrik Laub,N. F. S. Grundtvig,Ole Lund Kirkegaard ouKlaus Rifbjerg.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Bog IX. Kong Saga Gorms". Arquivado dendeo orixinal o 09 de xaneiro de 2010. Consultado o 07 de xaneiro de 2010. 
  2. "Udvalgte stednavnes betydning". Arquivado dendeo orixinal o 16 de xullo de 2006. Consultado o 07 de xaneiro de 2010. 
  3. Danir, Vandfolket
  4. O "David" que se fai referencia aquí parece ser o antigo rei dosisraelitas, por suposto que isto é un grave anacronismo, mais é bastante típico desas fontes, que comunmente buscaban impulsar a orixe nacional ou dinástica tan lonxe como fose posible.
  5. 5,05,1"Klimanormaler".Instituto Metereolóxico de Dinamarca. Arquivado dendeo orixinal o 04 de agosto de 2013. Consultado o 28 de outubro de 2008. 
  6. "København, Denmark  – Sunrise, sunset, dawn and dusk times for the whole year".Gaisma. Consultado o 24 de xuño de 2012. 
  7. "Os pobres resultados de Copenhaguen". Arquivado dendeo orixinal o 24 de decembro de 2009. Consultado o 10 de xaneiro de 2010. 
  8. "Copenhaguen: EE.UU. chegou a un acordo significativo mais insuficiente". Arquivado dendeo orixinal o 21 de decembro de 2009. Consultado o 10 de xaneiro de 2010. 
  9. "StatBank Denmark". Arquivado dendeo orixinal o 15 de maio de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Dinamarca

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Membros
Membros asociados
Estados soberanos
Dinamarca
Reino Unido
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
  • Illas Åland
    • rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dinamarca&oldid=6621195»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp