ODOI ouidentificación de material dixital (eninglés,digital objet identifier) é un tipo deidentificador persistente ouhandle único que permite identificar de modo unívoco diversos obxectos dixitais.[1] Foi estandarizado polaOrganización Internacional para a Estandarización (ISO 26324:2012).[2] O DOI forma parte un sistema estándar para a identificación e localización de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemploInternet.
É un sistema parecido aos identificadoresURI. Unha forma común de empregar o sistema DOI é dar áspublicacións científicas un número específico que calquera pode utilizar para localizar a través da Rede o citado artigo. A diferenza do sistemaURL, usado naspáxinas web, o sistema DOI non cambia co paso do tempo, aínda que o artigo sexa recolocado nun enderezo distinto posto que leva a información incorporada en forma demetadatos.
O sistema de control DOI foi elaborado pola Corporation for National Research Initiatives,[3] unha asociaciónestadounidensenon lucrativa destinada a promover o desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación no campo da investigación científica.
A Fundación DOI xestiona o sistema DOI en nome das axencias encargadas dos rexistros DOI e é unha autoridade de rexistro da ISO 26324.[4]
↑Miguel, Varo Ortega (5 de agosto de 2016)."DOI : Digital Object Identifier".Glosario de términos bibliotecarios(encastelán). Arquivado dendeo orixinal o 02 de novembro de 2023. Consultado o 2 de novembro de 2023.