O termodieta vén do gregodíaita, que significa "forma de vida", e designa o conxunto de alimentos que unha persoa ou animal consome de forma habitual, por razóns culturais, gastronómicas ou de saúde. En ocasións confúndese dieta con réxime especial para baixar de peso ou para tratar certas enfermidades, pero a realidade é que, boa ou mala, todo ser humano ten a súa dieta.
A alimentación, consecuencia de moitos factores, confórmase tamén tendo en conta aspectos individuais, que na escala de preferencias son moi variables, condicionados por múltiples axentes que actúan en función de preferenciasestéticas, gastronómicas etc. que, á súa vez, están influídas, entre outros, polapublicidade ou a dispoñibilidade de medios.
A variedade da alimentación, mesmo nun mesmopaís,rexión oufamilia, podería disuadir da súa análise conxunta e, porén, aínda tendo en conta os aspectos puntuais, hai unha gran parte da poboación que está afectada por condicionantes comúns que fan que as similitudes sexan, a pesar de todo, tantas que permiten establecer as liñas xerais da nutrición, a alimentación, a dieta e a gastronomía, porque ademais dos factores que tenden a crear diferenzas hai outros que, polo contrario, fan que a alimentación tenda a ser homoxénea, como é, por exemplo, a necesidade de facer comidas fóra da casa.
Todo depende da rexión e relixión na que se encontre. Xa sexa por costume ou por facilidade dos alimentos ou dependendo do estado climático. Pero en cada rexión trátase de establecer certos tipos de comidas; algunhas son saudables e outras non.
Para que unha dieta sexa equilibrada ten que ser variada. O mellor exemplo de dieta equilibrada é a dieta tradicional dos países da costa mediterránea. Caracterízase porque :
A base da alimentación constitúena osglícidos achegados polas froitas e verduras frescas, os cereais e os seus derivados, e os legumes.
Asproteínas procedentes máis do peixe que da carne.
A principalgraxa que se emprega é o aceite de oliva, tanto para cociñar como para condimentar os alimentos.
Adieta mediterránea considérase moi saudable porque achega unha cantidade axeitada de glícidos ricos en fibra, abundantes vitaminas e as graxas proceden do aceite de oliva e do peixe.
Cando unhasociedade evoluciona positivamente ten máis opcións na elección de alimentos e isto leva aparellado que os máis aprezados se consuman con máis frecuencia. Sucede, ademais, que os alimentos máis desexados adoitan ser nutricionalmente máis ricos, polo que as enfermidades por falta denutrientes teñen cada vez menorincidencia e por este motivo, en poucos anos, quedaron na lembranza carencias que durante moito tempo estivieron estendidas. A inxesta de alimentos máis ricos, máis concentrados en nutrientes, que nos proporcionan máispracer, non supón que consigan estados nutricionais perfectos, o que ocorre é que cambian asenfermidades. Por sorte, o mellor coñecemento da nutrición, dos nutrientes, dafisioloxía e, en xeral, da relación alimentos-organismo, permítenos tomar as medidas oportunas para chegar a obter os mellores resultados.Todas ascociñas, mesmo as máis autóctonas etradicionais evolucionaron e nelas produciuse un fenómeno de desenvolvemento e refinamento a través das xeracións.