Diego Armando Maradona Franco, nado enLanús (Buenos Aires) o30 de outubro de1960 e finado enTigre o25 de novembro de2020,[1] foi unfutbolista eadestrador de fútbolarxentino. Xogaba decentrocampista ou dianteiro e foi internacional coaselección arxentina. Alcumado"El Diez" e"El Pelusa", entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte,[2][3] sendo elixido o mellor xogador doséculo XX nunha votación realizada no sitioweb daFIFA.[4]
Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coaselección Arxentina, coa que conseguiu aCopa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou. Os seus logros deportivos víronse moitas veces contrastados pola súa adicción ás drogas e polos diversos feitos xudiciais nos que se viu involucrado.
Finou o 25 de novembro do 2020 na súa residencia particular por mor dun paro cardiorrespiratorio tras ser dado de alta nunha clínica de Buenos Aires, onde fora ingresado de urxencia ao serlle diagnosticado un hematoma subdural polo que foi operado.[5]
Criouse en Villa Fiorito, unha localidade sita no sur deBuenos Aires. O seu primeiro contacto co mundo do fútbol foi en1969, cando realizou unha proba para entrar no club de fútbol Los Cebollitas.
Con 12 anos xogou algúns partidos coas divisións inferiores deArgentinos Juniors. Para que isto sucedera oadestrador debía mentir sobre a súa idade, xa que non alcanzaba a mínima disposta polo regulamento, e cando comezou a ser coñecido inscribiuno con outro nome. O seu paso polas categorías inferiores foi moi curto, xa que antes de cumprir os 16 anos debutou no primeiro equipo de Argentinos Juniors.
O seu debut naPrimeira División Arxentina produciuse o20 de outubro de1976, nun partido do Campionato Metropolitano, oportunidade na que o seu equipo Argentinos Juniors perdeu anteTalleres de Córdoba por 1-0. Saíu ao campo substituíndo a Rubén Aníbal Giacobetti a poucos de comezar o segundo tempo, coa camiseta número 16. Na primeira xogada na que participou realizou un "cano" -pasar a pelota entre as pernas do contrario- que provocou o entusiasmo dos seareiros locais. Lembrando esa tarde, Maradona, ten afirmado: "Ese día toquei o ceo coas mans".[6][7]
O mes seguinte, o día14 de novembro, converteu o seu primeiro gol contra San Lorenzo de Mar de Prata.[8] Aos 16 anos foi convocado polaSelección arxentina, e en1979 foi elixido como mellor xogador suramericano do ano, despois de gañar o Mundial Xuvenil do Xapón, onde anotou un tanto no partido definitorio fronte á Unión Soviética, que finalizou coa vitoria Arxentina por 3-1. Logo foi elixido como o mellor xogador do Mundial.
Foi o máximo goleador dos torneos Metropolitano 1978, Metropolitano e Nacional 1979, Metropolitano e Nacional1980; todos coa camiseta de Argentinos Juniors. Isto outorgoulle un récord no fútbol arxentino, é o único xogador que conseguiu consagrarse goleador do torneo en cinco ocasións. O seu primeiro gol coa Selección arxentina marcouno o 2 de xuño de 1979 fronte aEscocia enGlasgow, onde o seu equipo venceu o local por 3 a 1. Mentres o seu renome medraba no mundo, na Arxentina os seus dereitos federativos foron adquiridos por Boca Juniors. Debutou o22 de febreiro de1981 e marcou dous goles fronte a Talleres de Córdoba, aínda que desta vez vingouse e o seu equipo superou o seu rival por 4-1. Ese ano gañou o torneo Metropolitano coa condución táctica de Silvio Marzolini. EnBoca Juniors xogou 40 partidos e marcou 28 goles.
Trala súa participación noMundial de Fútbol de 1982 celebrado enEspaña, na que a Selección arxentina se hospedou enBarcelona, Maradona foi vendido aoFútbol Club Barcelona que pagou 1.200 millóns de pesetas a Boca Juniors, cifra ata ese momento inaudita por un xogador no mercado mundial. O primeiro partido oficial de Maradona co Barcelona foi o4 de setembro de1982, onde, pese a que converteu un tanto, o seu equipo caeu coValencia por 2-1. En decembro de 1982, tendo disputado 13 partidos da Liga, e marcado 6 goles, detectóusellehepatite, razón pola que tivo que abandonar os campos por tres meses. Reapareceu o12 de marzo de1983, nun partido contra oBetis, pero o FC Barcelona non puido xa aspirar áLiga, e soamente conseguiu a cuarta posición, quedando a seis puntos do campión, oAthletic de Bilbao. Maradona disputou 20 partidos de liga e anotou un total de 11 goles.
O26 de xuño gañou a Copa da Liga, tamén fronte aoReal Madrid, sendo Maradona o autor dun gol en cada un dos dous partidos da final. O gol anotado por Maradona noEstadio Santiago Bernabéu, e que supuxo a vitoria barcelonista, provocou a ovación do público madridista, que recoñeceu a beleza do gol pese a ser marcado polo conxunto rival. A temporada 1983-84 empezou moi mal para Maradona. O24 de setembro de1983 enfrontáronse noCamp Nou o FC Barcelona e o Athletic de Bilbao, e Maradouna mancouse rompendo o noelo da perna esquerda. Só puido xogar 16 partidos aquela temporada, nos que marcou un total de once goles. A final daCopa do Rei, disputada no Estadio Santiago Bernabéu deMadrid o5 de maio de1984, enfrontaba o Barcelona co Athletic de Bilbao, o vixente campión de Liga. Gañou o Athletic de Bilbao por 1 a 0, pero cando o árbitro pitou o final do partido, Maradona agrediu a un xogador do Athletic e os xogadores de ambos os equipos leáronse nunha liorta. Tralo escándalo orixinado, varios xogadores foron fortemente sancionados e aFederación Española de Fútbol impuxo a Maradona unha sanción de tres meses sen poder xogar nas competicións españolas.
Os seus irmánsHugo Hernán eLalo tamén foron futbolistas.