Die Hard 2 é un filmeestadounidense acción dirixido porRenny Harlin que se estreou en1990. O guión foi escrito porSteven E. de Souza eDoug Richardson, adaptado dende a novela58 Minutes deWalter Wager.
ÉNadal. O tenente John McLane, policía do departamento dosÁnxeles, agarda no aeroporto de Dulles deWashington a que aterre o avión no que viaxa a súa muller. Namentres, o coronel do exército Stuart, un militar ben adestrado, expulsado do congreso, xunto con outros mercenarios profesionais, montan unha base de operacións preto de aeroporto, co obxectivo de liberar a unditador suramericano derrocado, considerado o maior traficante do mundo, e que dentro de 58 minutos aterrará en Dulles en calidade de prisioneiro político. Stuart anula tódolos sistemas que permiten aterrar ós demais avións, condenados a quedar no ar co risco de esgotárselles o combustible. Esixe, ademais, que unBoeing 747 estea á súa disposición para fuxir co ditador unha vez ceibado, pero McClane tentará que os seus plans non prosperen.