Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Didi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDidi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1928Editar o valor en Wikidata
Campos dos Goytacazes, Brasil(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte12 de maio de 2001Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Río de Xaneiro, BrasilEditar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza infecciosaEditar o valor en Wikidata
Outros nomesPríncep Etíop
Monsieur FootballEditar o valor en Wikidata
Altura174 cmEditar o valor en Wikidata
Peso68 kgEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbolEditar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasilEditar o valor en Wikidata
DeportefútbolEditar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampistaEditar o valor en Wikidata
TraxectoriaEditar o valor en Wikidata
 EquipoNúmero de partidos xogadosPuntos/goles/tantos anotados
1946–1946Americano Futebol Clube
1946–1948Clube Atlético Lençoense/Bariri
1948–1949Madureira Esporte Clube32(8)
1949–1956Fluminense Football Club150(51)
1957–1959Botafogo de Futebol e Regatas64(40)
1959–1960 Real Madrid CF19(6)
1960–1962Botafogo de Futebol e Regatas44(19)
1963–1963Sporting Cristal(32, 4)
1964–1965Botafogo de Futebol e Regatas11(1)
1965–1966Tiburones Rojos29(4)
1966–1966São Paulo Futebol Clube4(0)
 Selección nacionalNúmero de partidos xogadosPuntos/goles/tantos anotados
1952–1962 Brasil68(20)
 AdestradorNúmero de partidos xogadosPuntos/goles/tantos anotados
1962–1964Sporting Cristal
1967–1969Sporting Cristal
1969–1970 Perú
1970–1971CA River Plate
1972–1975Fenerbahçe
1975–1975Fluminense Football Club
1977–1977Cruzeiro Esporte Clube
1977–1981Al-Ahli(pt)Traducir
1981–1981Botafogo de Futebol e Regatas
1981–1981Cruzeiro Esporte Clube
1982–1985Al Shabab Football Club(pt)Traducir
1985–1985Fortaleza Esporte Clube
1986–1986São Paulo Futebol Clube
1986–1986Alianza Lima
1989–1990Bangu Atlético Clube(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Participou en
1962Mundial de Fútbol Chile 1962
xuño de 1958Mundial de Fútbol Suecia 1958
1954Mundial de Fútbol Suíza 1954
1953Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1953(pt)Traducir
1952Xogos Olímpicos de 1952Editar o valor en Wikidata

FIFA: 63855Editar o valor en Wikidata

Waldir Pereira, máis coñecido comoDidi, nado enCampos dos Goytacazes (Río de Xaneiro) o8 de outubro de1928 e finado noRío de Xaneiro o12 de maio de2001, foi unfutbolistabrasileiro, que xogaba comocentrocampista edianteiro. Considerado un dos mellores centrocampistas de todos os tempos e un dos mellores futbolistas da historia do seu país, participou en tresCopas do Mundo coaselección brasileira (1954,1958 e1962), proclamándose campión nas dúas últimas, e foi ídolo para os seareiros tanto doFluminense como doBotafogo.

Cun estilo elegante e moi técnico, destacou pola súa ampla visión e lectura do xogo, polos seus medidos pases en longo e pola súa condución do balón. Era tamén un especialista nos lanzamentos de faltas e está considerado como o inventor da chamada "folha seca", unha técnica de golpeo na que o balón baixa de súpeto e que máis tarde utilizaron outros destacados lanzadores de faltas comoJuninho Pernambucano ouCristiano Ronaldo.[1] Tamén se lle atribúe ser o primeiro en usar a técnica daparadinha nos lanzamentos depenalti.[2]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Como futbolista

[editar |editar a fonte]

Nacido nunha familia pobre da cidade deCampos dos Goytacazes, durante a súa infancia vendíacacahuetes para axudar á súa familia, ao tempo que comezaba a xogar aofútbol nas rúas.[3] Aos 14 anos estivo a piques de perder unha perna, debido a unha grave infección dunha ferida do seu xeonllo, pero tras uns meses nunhacadeira de rodas, recuperouse e puido emprender unha carreira como futbolista.[1]

Pasou polas canteiras de varios clubs do seu estado, como o São Cristóvão da súa cidade natal, o Industrial, oRio Branco, oGoytacaz e oAmericano.[3] Despois de pasar poloMadureira, fichou en 1949 por un dos catro grandes do fútbolcarioca, oFluminense.[1] Axiña comezou a destacar e en xuño de1950 foi o autor do primeiro gol da historia no célebreestádio do Maracanã, construído para aCopa do Mundo dese ano, nun partido inaugural entre as seleccións xuvenís do Río de Xaneiro e deSão Paulo.[4]

En 1951 conquistou o seu primeiroCampionato Carioca, ás ordes deZezé Moreira e cun equipo que contaba con xogadores comoCastilho,Pinheiro,Telê Santana,Orlando Pingo de Ouro ouCarlyle.[5] Ao ano seguinte gañou aCopa Internacional de Río, marcando un dos goles na final ante oCorinthians.

Ese mesmo ano liderou aselección brasileira na súa conquista da primeira edición doCampionato Panamericano, celebrado enSantiago de Chile, e onde tivo como compañeiros entre outros aDjalma Santos,Waldo,Altair ou os seus compañeiros do Fluminense Castilho, Telê Santana, Orlando Pingo de Ouro e Pinheiro.

Foi convocado polo seleccionadorZezé Moreira para oMundial de 1954, celebrado en Suíza. Marcou un gol anteMéxico e outro anteIugoslavia, pero o seu equipo caeu eliminado nos cuartos de final contraHungría, no partido coñecido como a "Batalla de Berna".[6]

Tralo Mundial continuou dous anos máis noFlu, acadando os 298 partidos e 91 goles. En 1956 asinou por un dos máximos rivales históricos do club tricolor, oBotafogo.[1] No equipo branco e negro coincidiu con lendas do fútbol brasileiro comoNilton Santos eGarrincha e en1957 gañou o seu segundo Campionato Carioca, despois dunha histórica goleada na final contra o seu ex equipo, o Fluminense.[7]

Xa como unha das maiores estrelas do fútbol brasileiro, en1958 disputou enSuecia a súa segundaCopa do Mundo, ás ordes do novo seleccionadorVicente Feola. Cunha histórica dianteira formada polo propio Didi,Garrincha,Zagallo,Vavá ePelé, e liderada por este último, a selección brasileira conseguiu o seu primeiro título mundial, despois de esmagar na final aoequipo anfitrión por 5-2.[8]

En 1959 deixou o seu país para dar o salto ao fútbol europeo, fichando poloReal Madrid. Foi titular en todos os partidos da primeira volta datempada 1959/60, pero o seu rendemento foi moi inferior ao esperado. Ao longo dos anos especulouse cun posible boicot por parte da grande estrela do equipo,Alfredo Di Stéfano, e tamén con problemas de adaptación ao clima.[9] De calquera xeito, o brasileiro acabou por desaparecer das aliñacións deManuel Fleitas Solich e só reapareceu para a derradeira xornada ante aUD Las Palmas. Pechou a súa única campaña naPrimeira División española cun total de 19 encontros e 6 goles.[9]

A continuación regresou ao Botafogo, onde formou parte dun dos mellores cadros de xogadores da historia do fútbol brasileiro, compartindo equipo cos afamadosGarrincha,Nilton Santos,Zagallo,Amarildo,Quarentinha e as novas promesasManga,Gérson,Rildo eJairzinho. Por aquel entón, o Botafogo era o único club do país capaz de competir con éxito coSantos dePelé. Conquistou os Campionatos Cariocas de 1961 e 1962, así como oTorneo Río-São Paulo de 1962. A continuación xogou dous anos noPerú, nas filas doSporting Cristal (onde exerceu como xogador-adestrador), regresando ao Botafogo en 1964 para unha terceira e última etapa no club. O seu balance final no Botafogo foi de 313 partidos e 114 goles.

Por último pasou poloVeracruz mexicano e poloSão Paulo, onde pechou a súa carreira en 1966, aos 38 anos de idade.

Como adestrador

[editar |editar a fonte]

Trala súa retirada dedicouse á labor deadestrador e tras dirixir novamente o Sporting Cristal, foi elixido para adestrar aselección do Perú. Fíxoo con éxito, conseguindo a clasificación para oMundial de 1970, tras 40 anos de ausencia, e eliminando no camiño áArxentina, que quedou fóra dunha Copa do Mundo por primeira e única vez na súa historia.[10] Cun talentoso grupo de xogadores entre os que destacaban estrelas comoTeófilo Cubillas ouHéctor Chumpitaz, o equipo peruano derrotou aBulgaria eMarrocos para acadar unha histórica clasificación aos cuartos de final, onde finalmente caeu eliminada a mans do Brasil adestrado polo seu antigo compañeiroZagallo.[11]

Tralo Mundial adestrou oRiver Plate arxentino antes de se converter no novo técnico doFenerbahçe, co que gañou dúasligas turcas, nas tempadas 1973/74 e 1974/75. Posteriormente dirixiu preto dunha decena de equipos máis, a maioría deles no Brasil (Fluminense,Cruzeiro,Botafogo,Fortaleza,São Paulo eBangu), aínda que tamén tivo pasaxes polos bancos deArabia Saudita (Al-Ahli eAl Shabab) e de novo o Perú (Alianza Lima).

Faleceu noRío de Xaneiro o 12 de maio de 2001 por unhapneumonía causada por complicacións derivadas duncancro colorrectal.[12]

Palmarés

[editar |editar a fonte]

Futbolista

[editar |editar a fonte]
Fluminense
Botafogo
Real Madrid
Selección brasileira

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,3Giner, Jorge (8 de outubro de 2020)."Didí, el ídolo de Pelé".Panenka(encastelán). Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  2. Grijelmo, Álex (1 de xuño de 2024)."La ‘paradinha’ locutiva".El País(encastelán). Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  3. 3,03,1"Didi".The Telegraph(eninglés). 15 de maio de 2001. Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  4. "70 Anos da Inauguração do Maracanã"(enportugués). 16 de xuño de 2020. Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  5. "Com gols de Telê, Fluminense venceu Bangu e garantiu primeiro título no Maracanã"(enportugués). 21 de xaneiro de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  6. Giner, Jorge (24 de xuño de 2019)."En Berna no solo ocurren milagros".Panenka(encastelán). Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  7. "1957: o Deus de Carlito, a promessa de Didi e Nilton Santos, lendas urbanas e 6×2 do Botafogo no Pó de Arroz"(enportugués). 9 de xuño de 2024. Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  8. "Garrincha y Pelé, héroes de la primera estrella".FIFA(encastelán). 27 de xuño de 2024. Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  9. 9,09,1Cuesta Fernández, Fernando (1 de setembro de 2024)."Didí, un fiasco inexplicable".Cuadernos de Fútbol(encastelán) (167).ISSN 1989-6379. 
  10. "El día que Perú enmudeció a la Bombonera"(encastelán). Arquivado dendeo orixinal o 25 de setembro de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2024. 
  11. "La generación de Perú que jugó el Mundial 70 hace 50 años marcó a fuego al fútbol nacional"(encastelán). 31 de maio de 2020. Consultado o 26 de setembro de 2024. 
  12. "Didi".The Guardian(eninglés). 15 de maio de 2001. Consultado o 26 de setembro de 2024. 
Brasil
Brasil
Brasil
Porteiro
Defensas
Centrocampistas
Dianteiros
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Didi&oldid=6842945»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp