Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Devanágari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Devanagari»)
Manuscrito doRigveda en devanágari (principio do século XIX)
Este artigo amosaletras indias. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Odevanágari[1] (palabra de orixesánscrita,देवनागरी / devanāgarī, que significa «(escritura) cidadá divina») é oalfasilabario utilizado para escribir, entre outras, osánscrito, ohindi, onepalés, omarathi e moitas outras linguas da India. É unha das escrituras da India máis empregada. Provén da escriturabrahmi.

Características xerais

[editar |editar a fonte]
Rótulos en devanāgarī nunha rúa deVaranasi, naIndia.

O devanágari é recoñecíbel pola barra horizontal continua baixo a que van situados os caracteres. Non distingue maiúsculas de minúsculas. A lingua hindi emprega os mesmos signos de puntuación que oalfabeto latino, agás ás veces para os finais de frase. Hai variantes locais para certos caracteres. Escríbese de esquerda a dereita.

Representación das vogais

[editar |editar a fonte]

Unhavogal pode ser representada por dous signos diferentes segundo que siga a unha consoante (forma dependente) ou non (forma independente). No segundo caso, a vogal é un símbolo ligado á dereita, á esquerda enriba ou embaixo da consoante despois da que se pronuncia. Anasalización márcase por un signo diacrítico que se sitúa enriba. Este signo pode ser ocandrabindu ou oanusvāra. Por razóns de comodidade, os impresores prefiren a miúdo substituír o candrabindu por un anusvâra cando a vogal excede a liña superior.

Representación das consoantes

[editar |editar a fonte]

Cando unhaconsoante nin vai precedida nin seguida doutra consoante, represéntase polo signo de base. Nos casos de combinacións (agrupamentos) de consoantes, hai unha ou variasligaduras, que poden consistir nunha simple compresión gráfica, por exemplo, स seguido de त dá स्त, ou ben un carácterenteiramente novo, por exemplo क seguido de ष dá क्ष. Unha consoante nonseguida dun símbolo de vogal dependente é implicitamente pronunciada coa vogal [ə], ou ás veces sen vogal ningunha.

Terminoloxía

[editar |editar a fonte]

Un carácter – é dicir unha vogal independente, unha consoante eventualmente acompañada de signosdiacríticos ou unha combinación especial de consoantes agrupadas – chámaseakṣara (do sánscrito , que significa « letra, carácter »). A barra vertical utilizada en certos símbolos de consoantes ou de vogais, ou para marcar o fin de frase chámasedanda. O signo diacrítico utilizado para darlle unha vogal a unha consoante é omatra.

Exemplo

[editar |editar a fonte]
hindi
pronunciación
Sabhī manuṣyõ ko gaurav aur adhikārõ ke mamle mẽ janmajāt svatantrātā aur samāntā prāpt hai. Unhẽ buddhi aur antrātmā kī den hai aur parspar unhẽ bhaīcāre ke bhāv se bartāv karnā cāhiye.
tradución
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e en dereitos. Están dotados de razón e de consciencia e débense portar os uns cos outros nun espírito de fraternidade.

O alfasilabario

[editar |editar a fonte]
Vogais
CarácterForma dependente con [p]TranscriciónAPIExemplo en galego
प (só)aə / non pronunciado
पाāɑ
पिiɪ
पीīi
पुuʊ
पूūu
पृ
पॄrː̩
पॢl ̩
पॣlː̩
पॅcandra e
पॆe curto
पेee
पैaiaj ou ɛ
पॉo (aberto)
पॊ
पोo (pechado)aʊ ou o
पौau (longo)ɔ
Vogais: casos particulares con र
VogalForma dependente con [r]
Outros símbolos diacríticos
CarácterDenominaciónFunción
प्virāma (विराम)chamadohalant (हलन्त) enhindi, suprime a vogal implícita
एँcandrabindu (चन्द्रबिन्दु)nasaliza a vogal
पंanusvāra (अनुस्वार)nasaliza a vogal ou engade unha consoante nasal tras da vogal (normalmente [n])
एःvisarga (विसर्ग)aspiración, só ensánscrito
फ़nukta (नुक्ता)utilizado para os sons tomados de linguas estranxeiras
एऽavagraha (अवग्रह)utilizado para prolongar o son dunha vogal
Consoantes
CarácterTranscriciónAPIExemplo en galego
kkcasa
khkh
gggato
ghgɦ
ŋunha
cʧchamar
chʧh
jʤ
jhʤɦ
ñɲbañar
ṭ (retroflexo)ʈ
ṭh (retroflexo)ʈh
ḍ (retroflexo)ɖ
ḍh (retroflexo)ɖɦ
ṇ (retroflexo)ɳ
ttella
thh
ddanza
dhɦ
nnnome
pppapa
phph
bbbalón
bhbɦ
mmmamá
yj
r (francés)ɾ
lllago
y (só enmarathi)j
vvfrancésvoiture
ś (chmollado)ɕalemán mich
ṣ (retroflexo)ʂ
sssal
hh
q (palabras de orixeárabe), k moi guturalqárabeqalb
xxespañoljuan
ġ (rgrasseillé)ʀfrancésregarde,à la Brassens
z (palabras de orixe estranxeira)z
ṛ (retroflexo)ɽ
ṛh (retroflexo)ɽɦ
f (palabras de orixe estranxeira)ffalta
Cifras
CarácterTranscrición
0
1
2
3
4
5
6
7
8
9
Outros símbolos
CarácterDenominaciónFunción
danda (डण्डा). (fin de frase)
dobre dandamarca o fin dunha rima en poesía
Ômsímbolo sagrohindú

Devanágari en unicode

[editar |editar a fonte]

O devanágari ocupa os caracteres U+0900 a U+097F deUnicode. As celas baleiras indican os caracteres indefinidos.

0123456789ABCDEF
U+090x
U+091x
U+092x
U+093xि
U+094x
U+095xक़ख़ग़ज़ड़ढ़फ़य़
U+096x
U+097x

Cando unha vogal segue a unha consoante, o seu carácter sempre se escribedespois do carácter da consoante, na orde da pronunciación, independentemente de cal sexa o resultado gráfico, por exemple की escríbeseU+0915 U+0940 e कि escríbeseU+0915 U+093F. Para escribir unha combinación de consoantes, insírese o carácter do virama entre dúas consoantes, por exemplo स्त escríbeseU+0938 U+094D U+0924.

Se se quere escribir realmente unha consoante dotada dun virama e logo outra consoante en vez de facer a ligadura, insírese o carácterZWNJ (Zero Width Non-Joiner) de código U+200C entre o carácter do virama e o da consoante que debe seguilo, por exemplo क्‌ष (en vez do esperedo क्ष) escríbeseU+0915 U+094D U+200C U+0937.Se, para escribir unha combinación de consoantes que normalmente usa un símbolo novo, se quere utilizar as « medio-formas » das consoantes, insírese o carácterZWJ (Zero Width Joiner) de código U+200D entre o carácter do virama e o da consoante que debe seguila, por exemplo श्‍व (en vez do esperedo श्व) escríbeseU+0936 U+094D U+200D U+0935.

Varios

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paradevanágari.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Devanágari&oldid=6555723»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp