O deserto de Sonora atópase no extremo norte do golfo de California, desde o nordés deBaixa California, a través do sueste de California e o suroeste de Arizona, até o oeste de Sonora. Esténdese sobre as rexións do val do baixoColorado, El Vizcaíno e a Llanura Sonorense.
Canto á súa vexetación, o deserto de Sonora subivídese en 7 rexións: Valle del bajo Colorado, Tierras Altas de Arizona, Llanura Sonorense, Estribaciones de Sonora, Costa del Golfo Central, El Vizcaíno e La Magdalena. Moitosecoloxistas consideran que de feito as rexións de El Vizacíno e la Magdalena son unha ecorrexión á parte.