Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Deseño intelixente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Odeseño intelixente, ouDI, é unha corrente de pensamento segundo a cal certas características douniverso e dosseres vivos se explican mellor mediante unha causa intelixente que a través dun proceso non dirixido, como aselección natural.

A expresióndeseño intelixente é a tradución usada adoito, dainglesaIntelligent Design ouID. Coñécese tamén comocreacionismo evolutivo oucreacionismo científico.

Oconsenso da comunidade científica é de que a creación intelixente non éciencia, senón unhapseudociencia. A Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos xa declarou que "o creacionismo, o deseño intelixente e outras alegacións de intervención sobrenatural daorixe da vida non son ciencias porque non poden ser probadas pormétodos científicos". A Asociación de Profesores de Ciencias dos Estados Unidos e a Asociación Americana para o Progreso da Ciencia clasifícana como pseudociencia. Outros membros da comunidade científica concordan coa clasificación, e algúns mesmo a clasifican como ciencia-lixo.

Concepto e características

[editar |editar a fonte]

A idea dodeseño intelixente desenvolvérona os membros dun grupo decreacionistasnorteamericanos que reformularon o argumento sobre a controversia dacreaciónversusevolución para esquivar unha decisión xudicial norteamericana prohibindo o ensino do creacionismo como ciencia[1][2][3] Os seus principais defensores, todos eles asociados aoDiscovery Institute, radicado nos Estados Unidos, cren que o creador é o Deus docristianismo[4][5][6][7][8][9][10] Segundo eles, a súa investigación é análoga á dosdetectives que, diante dunha persoa morta, buscan sinais de que aquel evento non foi accidental (ou que isto é moi improbábel), indicando que hai un asasino. Os investigadores buscan no mundo natural (e principalmente en estruturasbiolóxicas) sinais de planificación, funcionalidade e propósito. E do mesmo xeito que os detectives poden investigar se hai ou non un criminal sen saber quen é, os investigadores alegan que poderían dicir que hai unha creación sen coñecer datos adicionais sobre o creador. A investigación céntrase nas evidencias biolóxicas e non nas consecuencias dos achados[11]. Os defensores da creación intelixente alegan que é unhateoría científica[12] e buscan fundamentalmente redefinir aciencia para que esta acepte explicaciónssobrenaturais[13][14][15].

O consenso da comunidade científica é de que a creación intelixente non é ciencia, senón unhapseudociencia[16] A Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos xa declarou que o "creacionismo, o deseño intelixente e outras alegacións de intervención sobrenatural a orixe da vida" non son ciencias porque non poden ser probadas pormétodos científicos[17] A Asociación de Profesores de Ciencias dos Estados Unidos e a Asociación Americana para o Progreso da Ciencia clasifícana como pseudociencia[18][19] Outros membros da comunidade científica concordan coa clasificación, e algúns mesmo a clasifican como ciencia-lixo.[20][21] O termocreación intelixente xurdiu como resposta á decisión xudicial de1987 doTribunal Supremo dos Estados Unidos no casoEdwards v. Aguilard que implicaba aseparación da igrexa e o estado[1]. O seu primeiro uso significativo en publicacións foi enOf Pandas and People (Sobre pandas e persoas), un libro didáctico de1989 publicado coa intención de que se usase nas clases de bioloxía do ensino secundario.[22]. Varios libros adicionais sobre a creación intelixente publicáronse nos anos1990. Na metade dadécada de 1990, defensores da teoría comezaron a agruparse ao redor doDiscovery Institute e a defender máis publicamente a inclusión desta doutrina no currículo daescola pública[23][24][25][26]. CoDiscovery Institute e o seuCenter for Science and Culture (Centro para a ciencia e a cultura) servindo como alicerce central no planeamento e financiamento, o "movemento da creación intelixente" medrou significativamente en publicidade a finais da década de 1990 e no inicio da de 2000, culminando noxuízo de Dover, en 2005, que contestou o ensino intencionado da creación intelixente nas aulas de ciencias do sistema público de ensino[4].

No casoKitzmiller v. Dover Area School District, un grupo de pais de estudantes do ensino medio contestaron a exixencia do distrito escolar público para que os profesores presentaran a creación intelixente nas clases de bioloxía como unha "explicación alternativa para a orixe da vida". O xuíz John E. Jones III sentenciou que a creación intelixente non é ciencia, e que "non pode separar dos seus antecedentes creacionistas e, consecuentemente, relixiosos", e concluíu que a promoción da idea da creación intelixente realizada polo distrito escolar violaba a Cláusula de Establecemento da Primeira emenda daConstitución dos Estados Unidos de América.

Visión xeral

[editar |editar a fonte]

O termo "deseño intelixente" comezou a usarse despois da sentenza de 1987 doTribunal Supremo dos Estados Unidos no casoEdwards v. Aguillard que decidiu que a exixencia de ensinar a "ciencia da creación" ao lado da evolución era unha violación da Cláusula de Establecemento, que prohibe a axuda estatal á relixión. Nocaso Edwards, o Tribunal Supremo tamén decidira que"ensinar unha variedade de teorías científicas sobre a orixe da humanidade para estudantes pode ser validamente feito coa clara intención secular de mellorar a efectividade da instrución científica"[27]. Nos esbozos do libro didáctico de ciencia creacionistaOf Pandas and People, practicamente todas os derivados da palabra "creación", como "creacionismo", foron substituídos polas palabras "deseño intelixente"[22]. O libro publicouse en 1989, seguido por unha campaña promovéndoo para que fose usado no ensino do deseño intelixente e clases de bioloxía do ensino secundario do sistema público. A mesma sentenza xudicial do Tribunal Supremo influíu no xurista xubiladoPhillip E. Johnson, no seu libro de 1991Darwin on Trial ("Darwin no banco dos acusados"), no que defende a redefinición da ciencia para que a mesma permitise alegacións de creación sobrenatural.[28]. Un grupo de partidarios do creacionismo, incluíndo aMichael Behe,Stephen C. Meyer eWilliam Dembski xuntouse con Johnson co obxectivo de derrubar onaturalismo metodolóxico do método científico (que el describira como "materialismo") e substituílo por "realismo teísta" a través do que se chamou a "estratexia da cuña" (wedge strategy)[29] Behe contribuíu na revisión de 1993 do libroOf Pandas and People, creando os alicerces das ideas que posteriormente denominaría como "complexidade irredutíbel". En 1994 Meyer contactou coDiscovery Institute, e no ano seguinte obtiveron financiamento para crear o "Centro para a renovación da ciencia e a cultura", co propósito de promover o "movemento do deseño intelixente" por apoio político e público para o ensino do deseño intelixente como unha alternativa á evolución baseada nacreación, particularmente nos Estados Unidos[23].

O deseño intelixente preséntase como unha alternativa ásexplicacións naturais para a orixe e diversidade da vida. Sitúase en oposición áciencia biolóxica convencional, que depende do método científico para explicar a vida a través de procesos observábeis comomutacións e aselección natural[30]. O propósito declarado do deseño intelixente é o de investigar se as evidenciasempíricas existentes implican ou non que avida na Terra precisou concibirse por un axente ou axentesintelixentes. William Dembski, un dos principais defensores do deseño intelixente, afirmou que a alegación fundamental do deseño intelixente é que "existen sistemas naturais que non poden explicarse adecuadamente en termos de forzas naturais non-direccionais e que exhiben características que en calquera outra circunstancia nós atribuiríamos á intelixencia". Nomanifesto doDiscovery Institute que é coñecido como a "estratexia da cuña oudocumento da cuña" (Wedge Document), dicíase aos defensores do movemento que:

"Nós estamos crecendo neste momento, aumentando a cuña cunha alternativa científica positiva ás teorías científicas materialistas, que veu ser coñecida como a teoría do deseño intelixente. A teoría do deseño promete reverter a dominancia sufocante da visión do mundo materialista, e substituíla por unha ciencia consonte a conviccións teístas e cristiás"[31].

Os defensores do deseño intelixente buscanevidencias do que eles chaman "sinais de intelixencia": propiedades físicas dun obxecto que apuntan cara a un proxectista (deseñador) (véxase:argumento teleolóxico). Por exemplo, defensores do deseño intelixente argumentan que unarqueólogo que encontra unha estatua feita de pedra nun campo pode xustificabelmente concluír que a estatua foi proxectada, e pode sensatamente tentar identificar ao que a concibiu. O arqueólogo non estaría, porén, xustificado para facer a mesma alegación baseado nun pedregullo irregular do mesmo tamaño. Os defensores do deseño intelixente argumentan que os sistemas vivos presentan unha grancomplexidade, e a partir do cal poden inferir que algúns aspectos da vida foron proxectados.

Tamén afirman que, aínda que as evidencias que poidan apuntar para a natureza dunha "causa ou axente intelixente" non poidan ser directamenteobservadas, os seus efectos na natureza si poden detectarse. Dembski, no seu libroSigns of Intelligence ("Sinais de intelixencia"), afirma:"Os defensores do deseño intelixente considérano como un programa de busca científica que investiga os efectos de causas intelixentes [...] e non causas intelixentesper se". Na súa opinión, ninguén pode analizar a identidade de influencias exteriores a un sistema pechado, desde dentro do sistema pechado, logo as cuestións relacionadas coa identidade do deseñador caen fóra do ámbito do concepto. Nos 20 anos transcorridos desde que o deseño intelixente se formulara, non se propuxo ningunha análise rigorosa que poida identificar os alegados efectos: ningún artigo apoiando o deseño intelixente se publicou enperiódicos científicosrevisados por pares, e nin o deseño intelixente foi obxecto de estudo de calquera investigación ou estudo científico.

Orixe do concepto

[editar |editar a fonte]
Platón
Aristóteles
Cicerón
San Tomé de Aquino, retrato por Carlo Crivelli

Osfilósofos veñen debatendo desde hai moito tempo se a complexidade da natureza indica a existencia dun deseñador ou proxectista sobrenatural (ou varios).

Entre os primeiros argumentos achegados para a existencia dun proxectista do universo están aqueles documentados nafilosofía daGrecia clásica. Noséculo IV a.C.,Platón propuxo un "demiúrgo" que era bo e sabio como o creador e primeira causa do cosmos, no seu tratadoTimeo.[32].Aristóteles tamén desenvolveu a idea dun creador-deseñador do cosmos, frecuentemente chamado o "Motor Inmóbil", no seu traballo filosóficoMetafísica[33].

EnDe Natura Deorum ("Sobre a Natureza dos Deuses")45 a.C.,Cicerón afirmou que"o poder divino debe ser encontrado no principio dunha razón que permea toda a natureza"[34]. O uso desta liña de raciocinio aplicado a un proxectista sobrenatural veu a ser coñecida como oargumento teleolóxico para probar a existencia deDeus.

As formas máis notábeis deste argumento expresounas noséculo XIIITomé de Aquino na súa obraSuma Teolóxica[35], sendo odeseño a quinta das cinco probas de Aquino para a existencia de Deus. Séculos máis tarde foi retomada porWilliam Paley no seu libroNatural Theology (1802)[36]. Paley usou aanaloxía do reloxeiro, que vén sendo usada até hoxe en argumentos relacionados co deseño intelixente.

Nos inicios do século XIX, tales argumentos levaron ao desenvolvemento da que era chamada na épocateoloxía natural, o estudo da natureza como un medio para entender a "mente de Deus". Este movemento deucombustíbel á paixón pola recolleita de fósiles e outros espécimes biolóxicos, o que eventualmente levou ao desenvolvemento daTeoría da evolución proposta porDarwin.

Un razoamento similar, postulando un deseñador divino, é apoiado actualmente por moitos adeptos do que se coñece comoevolucionismo teísta, que consideran a ciencia moderna e a teoría daevolución completamente compatíbeis co concepto dun deseñador sobrenatural.

O deseño intelixente ao final doséculo XX e no inicio doXXI pode ser visto como un desenvolvemento moderno da teoloxía natural que busca mudar as bases da ciencia e minar a teoría evolucionista[37][38]. Unha vez que a teoría da evolución se estendeu para explicar máis fenómenos, os exemplos que se usaban como evidencias do deseño foron cambiando ao longo dos anos.

Mais o argumento esencial permanece constante: os sistemas complexos implican un deseñador. Os exemplos ofrecidos no pasado inclúen oollo (sistema óptico) e asás con plumas; os exemplos contemporáneos son na súa maioríabioquímicos: funcións das proteínas,coagulación sanguínea, e oflaxelo bacteriano (véxasecomplexidade irredutíbel).

Barbara Forrest describe o movemento do deseño intelixente como iniciado en 1984 cando a organización de Jon A. Buell, aFoundation for Thought and Ethics (FTE) (Fundación para o pensamento e a ética) publicouThe Mystery of Life's Origin (O misterio da orixe da vida) polo creacionistaCharles B. Thaxton[39].

En marzo de 1986 unha crítica literaria deStephen C. Meyer describiu o libro dicindo que o mesmo usaba a teoría da información para suxerir que as mensaxes transmitidas poloADN na célula amosan "complexidade especificada", especificada por unha intelixencia, precisando así ter unha orixe dun axente intelixente[40]. En novembro do mesmo ano, Thaxton describiu o seu raciocinio como unha forma máis sofisticada do argumento de Paley a partir do deseño[41]. Na conferencia "Sources of Information Content in DNA", de 1988, el di que a súa visión dunha causa intelixente era compatíbel tanto co naturalismo metafísico como co supernaturalismo[42] e o termo deseño intelixente xurdiu[43].

O deseño intelixente deliberadamente non tenta identificar ou nomear as especificacións do axente da creación; soamente afirma que debe existir un (ou máis dun). Aínda que o deseño intelixente non nomee o creador, os líderes do movemento do deseño intelixente afirman que o creador é oDeuscristián[9][44][45][46].

A resistencia en especificar a identidade do creador en discusións públicas foi un tema de gran debate entre defensores e críticos da teoría da creación intelixente. Por un lado, os defensores suxiren que de feito esa é unha característica xenuína do concepto; polo outro, os críticos afirman que é só unha postura tomada para evitar a alienación daqueles que desexan separar a relixión do ensino da ciencia.

A sentenza xudicial no casoKitzmiller v. Dover Area School District concluíu que a segunda posición era o caso.

Orixe do termo "deseño intelixente"

[editar |editar a fonte]

O termodeseño intelixente, máis ou menos relacionado coa funcionalidade que se observa nos seres naturais, e antes da consagración do su uso actual, xa fora usada varias veces nos dous séculos precedentes; entre elas, nestas publicacións:

"Ningunha hipótese física fundamentada en feitos indiscutíbeis chegou a explicar a orixe doprotoplasma primordial e, sobre todo, as súas propiedades marabillosas, que fan a evolución posíbel en hereditariedade e en adaptabilidade, pois esas propiedades son a causa e non o efecto da evolución. Para a causa desa causa nós buscamos en van entre as forzas físicas que nos circundan, até que sexamos finalmente compelidos a nos apoiar nunha volición independente, un deseño intelixente distante".
  • Un libro de1903,Humanism escrito por un dos fundadores dopragmatismo clásico,F. C. S. Schiller:"Non é posíbel descartar a suposición de que o proceso da evolución pode estar guiado por un deseño intelixente".
  • Unha derivación da frase aparece na Enciclopedia McMillan de filosofía, no artigo tituladoTeleogical argument for the existence of God (Argumento teleolóxico para a existencia de Deus). Descrito sucintamente, o argumento desenvólvese así: "O mundo exhibe ordeteleolóxica (deseño, adaptación). Por tanto, foi producido por un deseñador intelixente"[48].
  • Un libro de1979,Chance or Desihg? ("Acaso o deseño?"), escrito porJames Horigan[49], recolle as frasesdeseño intelixente eproxectado intelixentemente.
  • Nun discurso de SirFred Hoyle de1982, na súa campaña promovendo apanspermia, usa a frasedeseño intelixente.

O uso moderno do termodeseño intelixente para describir un campo de investigación comezou despois do xuízo no que oTribunal Supremo dos Estados Unidos, no caso deEdwards v. Aguillard decidiu a inconstitucionalidade da inclusión docreacionismo ou "ciencia da creación" (o relato do libro da Xénese) no currículo das clases de Ciencias naturais nas escolas públicas (1987). Nesta sentenza mantíñase á vez que "ensinar unha diversidade de teorías científicas acerca da orixe da humanidade aos escolares podería facerse validamente se é coa intención claramente secular de mellorar a eficacia da instrución científica". Inmediatamente despois, os manuais propostos para o ensino creacionista comezaron a substituír a palabracreación pola expresióndeseño intelixente.

O caso máis notábel é o do texto deP. W. Davis eP. H. Kenyon, que se publicou finalmente en1989 co títuloOf pandas and people: the central question of biological origins ("Acerca dos pandas e as persoas: a cuestión central da orixe biolóxica"). Un informe doDiscovery Institute afirma queCharles Thaxton, editor deOf Pandas and People, tomara a frase dun científico daNASA, e pensara "Iso é exactamente o que eu preciso, é un bo termo de enxeñeiro"[50]. Os borradores anteriores preparáranse cos títulosCreation Biology ("Bioloxía da creación"), de1983,Biology and Creation ("Bioloxía e creación"), de1986, eBiology and Origin ("Bioloxía e orixe"), de1987.

O título definitivo alude á máis popular das coleccións de ensaios dopaleontólogo e divulgador da evoluciónStephen Jay Gould, tituladaO polgar do panda. No proceso de adaptación á nova situación legal do libro, que é o máis popular dos manuais usados polos creacionistas para a ensinanza escolar, substituíronse os termos "creación e "creador" por "deseño intelixente" e "deseñador intelixente" en máis de 250 lugares[22]. O libro converteuse en texto obrigatorio no distrito deDover (Pensilvania), dando lugar ao caso polo que a sentenza antedita sinala ao movemento dodeseño intelixente como unha versión disfrazada do creacionismo relixioso.

En 1988 Thaxton organizou unha conferencia titulada "Sources of Information Content in DNA" enTacoma,Washington[42], e en decembro decidiu usar o termodeseño intelixente para o seu novo movemento creacionista[51].Stephen C. Meyer estaba presente na conferencia, e posteriormente lembrouse que o "termo foi mencionado". O libroOf Pandas and People considérase o primeiro libro sobre o deseño intelixente[52], e tamén como o primeiro lugar onde a frasedeseño intelixente aparece co seu significado actual[53].

Buscando evitar a percepción pública da vinculación co creacionismo anterior, os promotores do deseño intelixente prefiren situar a orixe da actual notoriedade da expresión no libro do avogadoPhillip E. JohnsonDarwin on trial ("Proceso a Darwin"), de1991. A posición de Johnson e da base para o movemento en apoio á crenza sobre o deseño intelixente, é que consideran falso onaturalismo filosófico.

En1990 fundouse oDiscovery Institute, ligado óHudson Institute, institución de ideoloxía conservadora. O seu presidente éB. Chapman, que ocupou cargos importantes durante a administración deRonald Reagan. ODiscovery Innstitute ten entre os seus dirixentes aHoward F. Ahmanson, millonario relacionado co movemento chamadoChristian Reconstructionism (Reconstrucionismo cristián), unha organización partidaria da subordinación das leis civís ás prescricións doAntigo Testamento e contraria á tolerancia relixiosa.

Dentro doDiscovery Institute ocupa un lugar prominente oCenter for Science and Culture (Centro pola ciencia e a cultura), no cal se encadran todos os membros máis destacados do movemento polo deseño intelixente. Un documento de1998 doCenter for Science and Culture, tituladoThe Wedge Strategy (en inglés,Estratexia da cuña)[54] foi utilizado polos seus críticos para destacar o carácter relixioso e político dos seus fins e postulados. Estes atópanse resumidos en frases como"Derrotar o materialismo científico e o seu destrutivo legado moral, cultural e político" e"substituír as explicacións materialistas pola concepción teísta de que a natureza e os seres humanos son creados por Deus".

O Movemento do deseño intelixente

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Movemento do deseño intelixente.
Véxase tamén:Caso Kitzmiller, Complexidade irredutíbel, Discovery Institute e Estratexia da cuña.
ODiscovery Institute usou o fresco "A creación de Adán" daCapela Sistina, que posteriormente cambiou por unha imaxe menos relixiosa e un novo nome: Centro para a ciencia e a cultura.

Omovemento do deseño intelixente apareceu e desenvolveuse nosEstados Unidos contra1987, a través dunha versión moderna doargumento teleolóxico para a existencia de Deus, despois de fracasaren, salvo éxitos menores e provisionais, os intentos dos representantes daliteralidade bíblica de lograr o ensino do relato da creación do libro daXénese na clase deCiencias naturais.

O movemento do deseño intelixente é un rebento directo docreacionismo[3]. As comunidades científica e académica, xunto co Tribunal Federal Norteamericano, consideran o deseño intelixente como unha forma de creacionismo ou como un descendente directo que está estreitamente ligado co creacionismo tradicional e varios autores refírense explicitamente a el como "creacionismo do deseño intelixente".

O movemento ten a súa sede no "Center for Science and Culture" (CSC) (Centro para a ciencia e a cultura, en inglés), establecido en 1996 como o brazo creacionista doDiscovery Institute[55]. Os líderes do movemento afirman que o deseño intelixente expón as limitacións da ortodoxia científica e da filosofíasecular doNaturalismo. Os seus defensores alegan que a ciencia non debería limitarse ao naturalismo nin demandar a adopción defilosofías naturalistas que rexeitan automaticamente calquera explicación que conteña causas sobrenaturais.

O obxectivo principal do movemento é "derrotar a visión do mundomaterialista" representada pola teoría daevolución en favor "dunha ciencia consonte con convicciónsteístas ecristiás"[55]. Practicamente todos os conceptos do deseño intelixente e o movemento asociado son produtos doDiscovery Institute, que guía o movemento seguindo a súaestratexia da cuña.

Este movemento tamén rexeita as posturas representadas polaevolución teísta e ocreacionismo evolutivo, que aceptan que os seres vivos se diferenciaron a través dun proceso deevolución natural sen a intervención directa de Deus.

O deseñador

[editar |editar a fonte]

Respecto ao deseñador, os argumentos dos que propoñen odeseño intelixente están formulados de xeito que non fan mención ao deseñador nin á súa natureza, só conclúen a súa existencia. A idea non se asocia obrigatoriamente coconcepto deDeus, se ben nalgúns casos se lle asignan características que as relixións xeralmente asocian con Deus. Así, os principais propoñentes do deseño intelixente afirman fronte aos seus seguidores que cren que o deseñador é oDeus do cristianismo.

Algúns que son partidarios da existencia dun deseñador explican que, tal como hai intelixencia detrás de calquera logro que aindustria humana produce, así estruturas complexas como acélula e oátomo, con estruturas e funcionamento ordenados e complexos, tiveron tamén que producirse por alguén. De igual modo, tal como se require unha formación e intelixencia para lexislarleis humanas, que ordenan associedades, así tamén é necesaria unha intelixencia para establecer as complexas leis que rexen ouniverso, observadas porastrofísicos,bioquímicos,enxeñeiros e outroscientíficos.

Outro argumento é que, sen intelixencia, tantoartistas,artesáns edeseñadores en diferentes campos, non poden producir nin crear os seus traballos. Por tanto, o deseñador davida debe posuír unha intelixencia superior á intelixencia humana para producir estruturas para a vida que non poden reproducir nolaboratorio seres humanos intelixentes.

Cando os críticos van máis alá do argumento de que o deseño intelixente non ten base realmente científica, algúns ademais argumentan que a evidencia existente fai que a hipótese do deseñador sexa improbábel, independentemente da súa posición no mundo da ciencia. Por exemplo,Jerry Coyne, daUniversidade de Chicago, pregúntase por que un deseñador "nos daría a forma de producir vitamina C para despois destruíla ao inhabilitar un dos seus enzimas" e por que "non situouréptiles,mamíferos,anfibios e peixes de auga doce en illas afastadas cun ambiente adecuado para esas especies". Coyne tamén sinala que o feito de que "aflora e afauna destas illas se parece moito á das terras continentais próximas, aínda cando o seu ambiente sexa moi diferente" é evidencia de que as especies non foron situadas alí por un deseñador.

Para defenderse destes argumentos, os partidarios do deseño intelixente argumentaron o descoñecemento dos motivos do deseñador. Por exemplo, Behe escribiu enA caixa negra de Darwin que, sinxelamente, non temos posibilidade de entender as motivacións do deseñador, de maneira que non podemos responder a estas preguntas de maneira definitiva. Os deseños con defectos poderían, por exemplo, ser incluídos polo deseñador por razóns artísticas, ou para un propósito que aínda non comprendemos ou por outras razóns. Coyne responde que en vista da evidencia, "a vida resultou non dun deseño intelixente senón daevolución, ou ben o deseñador é unente cósmico que deseñou todo para que lucise como se fose creado como consecuencia dun proceso de evolución". Outros seguidores deste movemento afirman que quizais o deseñador utilizou as características do universo para dirixir a evolución, e asíesculpir a vida que nun principio sementou.

Así, os críticos indican que, ao necesitar o deseño intelixente o argumento dodescoñecemento das intencións do deseñador, realmente este feito preséntase só como unha forma defalacia, ou unha simple crenza relixiosa.

Paradoxo do deseñador

[editar |editar a fonte]

Ao afirmarse a necesidade dun deseñador, naturalmente ábrese a posibilidade e xorde con iso tamén oparadoxo de poder preguntarsequen deseñou ao deseñador?[56].

Partidarios comoDembski enThe Design Inference especulan que o rol de deseñador o puido desempeñar unextraterrestre ou extrauniverso culto. A descrición oficial do deseño intelixente establece explicitamente que ouniverso amosa características producidas por deseño[57]. Por iso, ao admitir o "paradoxo do deseñador deseñado", Dembski conclúe que"ningún axente intelixente de natureza estritamente física puido realizar o deseño do universo ou da vida desde o seu inicio"[58].

Non obstante, a gran maioría dos propoñentes do deseño intelixente só responden que a pregunta sería irrelevante ou estaría fóra do tema da discusión do deseño intelixente[59]. Richard Wein responde que debe haber balance entre as preguntas sen resposta que unha teoría abre e as explicacións que achega ao fenómeno que estuda.

Así os críticos indican que o deseño intelixente, ao necesitar o argumento dunser inexplicábel para explicar a orixe doutros (nós), realmente se presenta só como outra forma máis de falacia dentro desta ideoloxía. Este feito fai que a nova pregunta que suscita a explicación sexa polo menos tan problemática como a pregunta que trata de responder[60]. Un bo número de críticos tamén ve que a afirmación de"que o deseñador non necesita ser explicado como unha contribución ao coñecemento, senón máis ben como unha equivocada ou falsa resolución dunha disputa aplicando uncliché". A ausencia de evidencia observábel e medíbel, a esencia da pregunta sobre quen deseñou ao deseñador, conduce a unharegresión infinita da que os propoñentes do deseño intelixente só poden escapar con contradicións lóxicas, recorrendo a dogmas de fe relixiosos, ou respondendo ao paradoxo a través de conceptos filosóficos (por exemplo, a partir das ideas deAristóteles, cando propón a existenciametafísica dun Primeiro Motor Inmóbil). Esta resposta, en calquera caso, habería que buscala fóra do campo daciencia natural.

Posturas das diferentes relixións

[editar |editar a fonte]

Islam

[editar |editar a fonte]

Para os musulmáns oCorán é a palabra de deus copiada porMahoma e nel dise:[61] "E el creou as parellas, macho e femia. Dunha gota deesperma exaculada". Tamén temos 114 suras (capítulos) que falan da cosmoxénese que explican a aparición do cosmos e da vida dunha forma semellante a xénese hebrea. Isto fai que calquera teoría científica non poida contradicir o Corán en nada[62]. Facendo que ocreacionismo, versión tradicional do deseño intelixente sexa a postura das diversas correntes do islam.

Xudaísmo

[editar |editar a fonte]

Como noutras relixións non xerarquizadas, existen diferentes seitas xudías, das cales as máis representativas son oXudaísmo ortodoxo e oXudaísmo reformista. Entre os ortodoxos a visión literalista da Xénese imponse e as obxecions ao neo-darwinismo son semellantes ás dos grupos fundamentalistas cristiáns. Mentres que no Xudaísmo reformista, aínda que manteñen a crenza naTora, non é de forma dogmática e aceptan os feitos científicos da evolución[63].

Relixións cristiás

[editar |editar a fonte]

Aínda que os argumentos do deseño intelixente sexan formulados de maneirasecular e intencionalmente evitan apuntar á identidade do deseñador[64], a maioría dos principais defensores do deseño intelixente soncristáns e xa afirmaran no pasado que na súa opinión o "deseñador" é Deus. Phillip E. Johnson, William Dembski e Stephen C. Meyer sonevanxélicos protestantes; Michael Behe écatólico; eJonathan Wells, outro defensor importante, é membro daIgrexa da Unificación. Johnson afirmou que cultivar a ambigüidade ao empregar linguaxe secular en argumentos que son meticulosamente desenvolvidos para evitar matices docreacionismo teísta é un primeiro paso necesario para finalmente reintroducir o concepto cristián de Deus como o deseñador. Johnson alerta explicitamente aos defensores do deseño intelixente para que escondan as súas motivacións relixiosas para evitar que o deseño intelixente sexa identificado"como outra maneira de presentar a mensaxe evanxélica cristiá"[65]. Johnson enfatiza que "a primeira cousa que se debe facer é tirar aBiblia da discusión"; "despois de que separemos opreconceptomaterialista do feito científico [...] soamente aí os asuntos bíblicos poden discutirse"[66].

A estratexia de disfrazar deliberadamente a intención relixiosa do deseño intelixente fora xa descrita por William Dembski no seu libroThe Design Inference[67]. No seu traballo Dembski cita undeus e unha "forza de vida alieníxena" como dúas opcións posíbeis para a identidade do deseñador, mentres que no seu libroIntelligente Design: The Bridge Between Science and Theology, Dembski afirma que"Cristo é indispensábel para calquera teoría científica, mesmo que os practicantes non teñan a mínima idea sobre el. O pragmatismo dunha teoria científica pode, claro, ser perseguido sen recorrer a Cristo. Mais a solidez conceptual da teoría no fin só pode ser localizada en Cristo"[68]. Dembski tamén afirmou que o"DI forma parte darevelación xeral de Deus [...] Non só o deseño intelixente nos libra desa ideoloxía (materialismo), que sufoca o espírito humano, mais, na miña experiencia persoal, descubrín que abre o camiño para que as persoas cheguen a Cristo"[69]. Tanto Johnson como Dembski citan oevanxeo de Xoán como a fundamento do deseño intelixente.

Barbara Forrest argumenta que tales declaracións revelan que os principais defensores do deseño intelixente o ven como algo esencialmente relixioso na súa natureza, e non só como un concepto científico que presenta implicacións que fortuitamente coinciden coas súas crenzas relixiosas particulares[70]. Escribe que os principais líderes do deseño intelixente están intimamente ligados co movemento ultraconservador reconstrutivista cristián. Sinala conexións actuais e pasadas de afiliados doDiscovery Institute comoPhillip Johnson,Charles Thaxton,Michael Behe,Richard Weikart,Jonathan Wells eFrancis Beckwith, con líderes de organizacións reconstrutivistas cristiás, e a extensión do financiamento fornecido ao Instituto porHoward Ahmanson Jr., unha figura importante no movemento reconstrutivista[71].

Posición da Igrexa Católica

[editar |editar a fonte]

A posición pública daIgrexa Católica e da maioría dos católicos é a de respectar a autonomía da ciencia e os seus achados, desprazando a discusión sobre a verdade dasEscrituras e a xustificación das crenzas a un plano netamentemetafísico. Aínda así, dentro da Igrexa Católica tamén houbo pronunciamentos que aparentemente favorecen algúns postulados do deseño intelixente, que foron apoiados por parte de figuras católicas tan importantes como o arcebispo deViena, quen postulou que:

Calquera modo de pensamento que negue ou busque desestimar a abrumadora evidencia en favor do deseño en bioloxía é ideoloxía, non é ciencia[72]

Neste sentido, o papaBieito XVI, aínda que non deu o seu apoio ao movemento do deseño intelixente, si manifestou estar aparentemente de acordo con algúns dos seus postulados, ao opinar que considerar"ao home e a súa razón" un produto casual da evolución é irracional[73], ou ao dicir que"tamén é certo que a teoría da evolución non está demostrada fidedignamente". Porén, hai que aclarar que o papa Bieito XVI, en relación a unha suposta incompatibilidade entre creación e evolucionismo (propio dos seguidores do deseño intelixente), igualmente se pronunciou da seguinte forma:

"Esta contraposición é absurda porque, por unha parte, existen moitas probas científicas en favor da evolución, que se presenta como unha realidade que debemos ver e que arrequece o noso coñecemento da vida e do ser como tal. Pero a doutrina da evolución non responde a todos os interrogantes e, sobre todo, non responde ao grande interrogante filosófico: de onde vén todo isto e como todo toma un camiño que desemboca finalmente no home?"[74]

Así, a postura da Igrexa Católica, expresada repetidas veces, é que a Creación e a Evolución non se exclúen nin se contrapoñen, deixando claro, iso si, que "a evolución non responde a todas as preguntas do home", en relación ás preguntas metafísicas[75].

Reaccións e críticas

[editar |editar a fonte]

Críticas científicas

[editar |editar a fonte]

A gran maioría dos científicos e institucións científicas rexeitan as afirmacións sobre odeseño intelixente pola súa falta de base científica. A Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos e outros organismos científicos clasifican o deseño intelixente comopseudociencia. A pesar diso, os movementos en apoio do deseño intelixente lograron suscitar unha mobilización política nos Estados Unidos con seguidores, incluídos algúns membros das cámaras lexislativas, que avogan pola inclusión do deseño intelixente nos programas de educación como se fose unha teoría alternativa á evolución. Trátase dos mesmos sectores que militaron desde hai tempo, con éxito desigual, pola supresión da ensinanza da evolución biolóxica ou pola introdución en paralelo, co mesmo tempo, dacosmogonía bíblica.

Así omovemento deseño intelixente descríbese polacomunidade científica só como unha campaña organizada co fin de promover a ideoloxía do deseño intelixente cara ao público en xeral, especialmente nos Estados Unidos, impulsada poloDiscovery Institute e oCentro para a ciencia e a cultura, indicando que se ben os argumentos do movemento se presentan comoseculares, o deseño intelixente asóciase cocristianismo conservador e cocreacionismo.

En resposta a estas iniciativas, enxuño de2005, as academias de Ciencias, Enxeñería e Medicina estableceron un sitio web[76] onde se trata de aclarar ao público que aTeoría da evolución non é unha teoría máis, senón a teoría máis sustentada que actualmente existe sobre a orixe dos seres viventes.

Francisco J. Ayala, na súa obraDarwin e o deseño intelixente, sostén a tese de que"non hai contradición necesaria entre a ciencia e as crenzas relixiosas". A razón diso é que ambas"tratan de asuntos diferentes que non se superpoñen". Segundo Ayala, pódese ser perfectamente partidario da teoría científica da evolución das especies e crer na existencia dun Deus creador, persoal e providente. Dito doutro xeito: o concepto científico deevolución non nega a noción metafísica e teolóxica decreación a partir do nada, nin á inversa.

Comunicado da American Society for Microbiology

[editar |editar a fonte]

O coñecemento do mundo microbiano é esencial para entender a evolución da vida na Terra. As características dos microorganismos (tamaño pequeno, reprodución rápida, mobilidade e facilidade para intercambiar información xenética) permítenlles adaptarse rapidamente ás influencias ambientais. En microbioloxía, a validez dos principios evolutivos está respaldada por:

  • a mutación, arecombinación e a selección, que son os mecanismos fundamentais da evolución, facilmente demostrábeis;
  • as comparacións baseadas en datos xenómicos que respaldan a orixe común da vida;
  • as taxas observábeis de cambio xenético e a contía da diversidade xenética, que indican que a diverxencia ocorreu durante unha grande escala de tempo xeolóxico, e acreditan a grande antigüidade da vida na Terra. Así, os microorganismos ilustran a evolución en acción, e os microbiólogos puideron facer uso da capacidade evolutiva dos microbios para o desenvolvemento de innovacións que salvaron vidas ou melloraron a nosa calidade de vida, na medicina, na agricultura e para o medio ambiente.

Pola contra, certas propostas alternativas á evolución, como odeseño intelixente e outras formas de creacionismo, non son científicas. En parte, porque non proporcionan un marco para a xeración de predicións útiles, susceptíbeis de seren sometidas a proba. O uso da suposta "complexidade irredutíbel" do flaxelo bacteriano como argumento para dotar de conceptos acientíficos con algo que aparenta lexitimidade, é espurio e non se fundamenta nos feitos. A evolución non é unha mera conxectura, senón un descubrimento concluínte respaldado por un corpo de probas coherente e integrado.

A comunidade científica, independentemente das súas crenzas relixiosas, acepta de forma absoluta a evolución como elemento central para a comprensión da vida e das ciencias da vida. Un aspecto fundamental da práctica da ciencia é separar as propias crenzas persoais da busca do coñecemento do mundo natural. É importante que a sociedade e as xeracións futuras recoñezan a lexitimidade da aprendizaxe comprobábel, verificada e baseada en feitos, acerca da orixe e a diversidade da vida.

Sentenza do xulgado de Dover:O caso Kitzmiller

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Caso Kitzmiller.

O casoKitzmiller v. Dover Area School District, en xaneiro de2005, no distrito escolar deDover (Pensilvania), foi a primeira contestación levada perante untribunal federal dos Estados Unidos contra un distrito escolar público que exixía que se presentase aos alumnos, e que se lese en voz alta, un texto no que se postulaba a existencia de ideoloxías alternativas á teoría da evolución, en particular odeseño intelixente. Este feito provocou a presentación dunha demanda por parte dun grupo de once pais de alumnos en Dover, que denunciaron ao Consello Escolar do distrito. A demanda argumentaba que o deseño intelixente era unha forma decreacionismo e que a política do consello escolar violaba aCláusula de Estabelecemento daPrimeira Emenda da Constitución dos Estados Unidos.

O proceso foi xulgado entre o26 de setembro de2005 e o4 de novembro de 2005, perante o xuízJohn E. Jones III. O20 de decembro de 2005 o xuíz Jones emitiu a súa decisión, declarando"inconstitucional a ensinanza do deseño intelixente nas escolas por ser un "argumento relixioso" e prohibindo que fose ensinado nas clases de ciencias das escolas públicas do distrito de Pennsylvania[77].

Na primavera do2007 aUniversity of Montana Law review publicou tres artigos[78]. No primeiro, David K. DeWolf, John G. West e Casey Luskin argumentaron que o deseño intelixente é unha teoría científica válida[79]. No segundo,Peter Irons argumentou que a decisión fora ben razoada e que representaba a fin do creacionismo nas escolas públicas[80]. No terceiro, DeWolf et al. responderon os argumentos feitos por Irons[81].

Outras reaccións

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:Pastafarismo e Caída intelixente.

Outra reacción a estas iniciativas represéntaa opastafarismo,parodia dunha relixión composta dun suposto conxunto de crenzas que tamén dan unha explicación alternativa á orixe da vida. Ao contrario do deseño intelixente, esta parodia si afirma abertamente quen é o suposto deseñador. O creador desta parodia de relixión afirma, ironicamente, que se o deseño intelixente se ensina en ciencias, non hai impedimento para que tamén se deba ensinar o pastafarismo, tendo ambos o mesmo lugar na educación, por exemplo, utilizando un terzo do tempo en ensinar deseño intelixente, outro terzo en ensinar que todo foi creado por unMonstro de Espaguete Voador e o terzo restante en ensinar a teoría da evolución. É dicir, se o deseño intelixente se considera como unha teoría "científica" alternativa, o pastafarismo tamén o sería, xa que tamén pode presentar o mesmo tipo de "conxecturas lóxicas" baseadas en "abafadoras probas observábeis"[82].

Igualmente, existe outra crítica en forma de parodia, coñecida como a teoría dacaída intelixente, a cal propón que a explicación científica da forza dagravidade non pode explicar todos os aspectos do fenómeno, polo que é lóxico que se deba dar credibilidade á idea de que as cousas caen por unha intelixencia superior. Tamén se fai a afirmación de que a gravidade é "só unha teoría", parodiando as afirmacións feitas polos creacionistas en relación co status de teoría da evolución natural.

Respostas negativas a solicitudes de charlas sobre o deseño intelixente en universidades

[editar |editar a fonte]

A principios de2008 iniciouse unha xira de charlas antievolución porEspaña nas que se pretendía expoñer ademais, nas universidades deLeón eVigo e que, sen facer uso do nome explícito dedeseño intelixente, tiñan o verdadeiro obxectivo de explicalo e promocionalo. Non obstante, ao coñecerse a verdadeira natureza das charlas, ambas as universidades rexeitaron as solicitudes, xa que non se trataba de charlas de carácter científico, senón que eran realmente creacionistas, e non achegaban nada ao labor académico da difusión das ciencias naturais[83].

Situación do deseño intelixente fóra dos Estados Unidos

[editar |editar a fonte]

Europa

[editar |editar a fonte]

En xuño de 2007 o Comité sobre Cultura, Ciencia e Educación doConsello de Europa emitiu un relatorio,The dangers of creationism in education ("Os perigos do creacionismo na educación"), que afirmaba que"o creacionismo en calquera das súas formas, tal como odeseño intelixente, non está baseado en feitos, non usa a racionalización científica e os seus contidos son totalmente inadecuados para clases de ciencias[84]. Ao relacionar os perigos atribuídos ao ensino do creacionismo para a educación, o relatorio describe o deseño intelixente como "anticiencia" que envolve unha"ostentosa fraude científica" e"disimulo intelectual" que"mancha a natureza, obxectividade e límites da ciencia", e o relaciona con outras formas de creacionismo como onegacionismo. O4 de outubro de 2007, a Asemblea Parlamentaria do Consello da Europa aprobou unha resolución declarando que as escolas deberían"resistirse a presentacións de ideas creacionistas en calquera disciplina que non sexa relixión", incluíndo o deseño intelixente, que é descrito como"a última e máis refinada versión do creacionismo","presentado dunha forma máis sutil". A resolución pon énfase en que o obxectivo do relatorio non é o de cuestionar ou combater unha crenza, pero si o de"alertar contra certas tendencias de facer pasar unha crenza como ciencia”[85].

NoReino Unido, aeducación pública inclúe a Educación Relixiosa como obrigatoria, e moitas escolas relixiosas ensinan o ideario particular das súas respectivas denominacións. Cando se revelou que un grupo chamadoTruth in Science ("Verdade na ciencia") distribuíra DVDs producidos pola afiliada doDiscovery Institute,Illustra Media, presentando a membros doDiscovery Institute defendendo o caso do deseño intelixente na natureza[86], ademais da alegación de que os DVDs se usaran en 59 escolas[87], o Department for Education and Skills (DfES) afirmou que"nin o creacionismo nin o deseño intelixente se ensinan como asunto nas escolas, e non están especificados no currículo de ciencias" (parte do Currículo Nacional que non se aplica a escolas independentes ou a Educación en Escocia)[88][89]. O DfES seguidamente afirmou que o"deseño intelixente non é unha teoría científica recoñecida; logo, non está incluída no currículo de ciencias", pero abriu a posibilidade de que o DI podía explicarse na educación relixiosa en relación con diferentes crenzas, como parte do programa desenvolvido polos consellos consultivos locais de educación relixiosa[90]. En 2006 aQualifications and Curriculum Authority (Autoridade de cualificacións e currículos) produciu unha unidade modelo de Educación Relixiosa onde os estudantes poden aprender sobre visións relixiosas e non relixiosas acerca do creacionismo, do deseño intelixente e da evolución por medio da selección natural.

O 25 de xuño de 2007, o Goberno doReino Unido respondeu unha "e-petition" dicindo que o creacionismo e o deseño intelixente non deberían ensinarse como ciencia, e que se esperaba que os profesores respondesen ás preguntas dos seus alumnos co esquema padrón das teorías científicas establecidas. O 18 de setembro de 2007 publicouse unha detallada guía de ensino creacionista gobernamental para escolas en Inglaterra. No documento dise que o"deseño intelixente queda totalmente fóra da ciencia", non posúe os principios científicos centrais nin explicacións e non é aceptado pola totalidade da comunidade científica. Aínda que non deba ensinarse como ciencia, as"cuestións acerca do creacionismo e do deseño intelixente que se suscitan en clases de ciencias, por exemplo, como consecuencia da cobertura dos medios, poden dar a oportunidade de explicar o por que de que ambos non se consideran teorías científicas e, nese contexto, por que a evolución si se considera unha teoría científica". Mentres,"profesores de materias como RE, historia ou cidadanía poden tratar o creacionismo e o deseño intelixente nas súas leccións"[91].

OlobbyBritish Centre for Science Education (Centro británico para a educación científica) ten como obxectivo "oporse ao creacionismo dentro do Reino Unido" e xa se constituíu enlobby gobernamental no Reino Unido en relación a ese asunto[84]. Mentres, enIrlanda do Norte oPartido Unionista Democrático (DUP) alega que o currículo revisado proporciona unha oportunidade para o ensino de teorías alternativas, e está buscando garantías de que os estudantes non perderán nota ao responder preguntas científicas con respostas con carimbo creacionista/deseño intelixente[92][93]. EnLisburn o DUP conseguiu que o Consello da Cidade escribise a escolas secundarias preguntando cales eran os seus plans en relación ao desenvolvemento de material de ensino incluíndo"a creación, o deseño intelixente e outras teorías sobre a orixe"[94].

NosPaíses Baixos, os plans da Ministra de EducaciónMaria van der Hoeven de"estimular un debate académico" sobre o asunto en 2005 causaron unha gran reacción pública negativa[95]. Despois das eleccións de 2007 foi substituída porRonald Plasterk, ao que se describiu como un"xenetista molecular, ateo férreo e opoñente do deseño intelixente"[96].

Como unha reacción á situación nos Países Baixos, enBélxica, o Presidente do Consello Educativo Católico Flamengo (VSKO en neerlandés)Mieke Van Hecke declarou que"os científicos católicos aceptan a teoría da evolución xa hai moito tempo, e que o deseño intelixente e o creacionismo non pertencen a escolas católicas flamengas. Non é función dos políticos introducir novas ideas, esa é a función e o obxectivo da ciencia"[97].

Noutras rexións

[editar |editar a fonte]

O creacionismo ten grande influencia política en varios paísesislámicos. As visións antievolucionistas considéranse correntes principais e teñen considerábel apoio oficial e das elites, así como de teólogos, académicos e científicos[98]. En xeral, os creacionistas musulmáns relaciónanse coInstitute for Creation Research para obter ideas e materiais que posteriormente adaptan ás súas propias posicións teolóxicas. Do mesmo xeito, tamén usan material antievolucionista sobre o deseño intelixente. Muzaffar Iqbal, un notábel musulmán doCanadá, asinou a lista deDisidentes do Darwinismo doDiscovery Institute[99]. Outras ideas similares ao deseño intelixente considéranse opcións intelectualmente respectábeis entre musulmáns, e enTurquía traducíronse moitos libros sobre o deseño intelixente. En 2007, enIstambul, o goberno local patrocinou encontros públicos promovendo o deseño intelixente[98], e David Berlinski, doDiscovery Institute, foi un dos relatores principais nun encontro en maio de 2007[100].

A situación do deseño intelixente enAustralia é similar á do Reino Unido. Cando o exministro de Educación Federal Brendan Nelson suscitou a presenza do ensino do deseño intelixente nas clases de ciencias, as protestas da poboación fixeron que rapidamente se retractase, afirmando que o foro axeitado para o deseño intelixente, se fose ensinado, sería en clases de relixión ou de filosofía[101].

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Kitzmiller vs. Dover Area School District (2005),Context pg. 32ff, citando aEdwards v. Aguillard.
  2. "O DI non é un novo argumento científico, senón máis ben un vello argumento relixioso para a existencia de Deus. Reconduciron este argumento indirecto polo menos até Tomé de Aquino, no século XIII, o cal definiu o argumento cun siloxismo: Dado que un deseño intelixente existe, debeu existir un deseñador; a natureza é complexa; polo que a natureza debeu ter un deseñador intelixente." Esta demostración da existencia de Deus foi lanzada a principios do século XIX polo reverendo William [...] Aparentemente, a única diferenza entre a proba de Paley e a proba do DI, así como da de expertos da súa defensa Behe e Minnich, é que aposición oficial do DI non recoñece explicitamente que o deseñador sexa Deus".Kitzmiller vs. Dover Area School District vol. 4, 20/12/2005, Decisión, p. 24.
  3. 3,03,1FORREST, B. (2007). Center for Inquiry, Inc., ed."Understanding the Intelligent Design Creationist Movement: Its True Nature and Goals. A Position Paper from the Center for Inquiry, Office of Public Policy"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(Pdf) o 19/05/2011. Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  4. 4,04,1"P. Ten oDiscovery Institute un propoñente noMovemento do deseño intelixente? R. Si, oCentro para a ciencia e a cultura doDiscovery Institute. P. E hai máis individuos involucrados noMovemento do deseño intelixente asociados coDiscovery Institute? R. Todos os líderes o están, si".Barbara Forrest, 2005, testemuñado no xuízo Kitzmiller vs. Dover Area School District.www.talkorigins.org, ed. (2005)."Kitzmiller vs. Dover Area School District Trial transcript: Day 6 (October 5), PM Session, Part 1". Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  5. American Civil Liberties Union, ed. (16/09/2005)."Who is behind the ID movement?". Arquivado dendeo orixinal o 26/10/2009. Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  6. KAHN, J.P. (27/07/2005). The Boston Globe, ed."The Evolution of George Gilder. The Author And Tech-Sector Guru Has A New Cause To Create Controversy With: Intelligent Design". Arquivado dendeo orixinal o 16/01/2009. Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  7. Science & Theology News, ed. (11/2005)."Science & Religion Guide"(Pdf). Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  8. American Association for the Advancement of Science, ed. (2007)."Science and Policy: Intelligent Design and Peer Review". Arquivado dendeo orixinal o 06/06/2012. Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  9. 9,09,1"The writings of leading ID proponents reveal that the designer postulated by their argument is the God of Christianity". Kitzmiller vs. Dover Area School District (2005),Ruling p. 26. Unha selección de escritores e citas de partidarios do deseño intelixente demostrando esta identificación do Deus dos cristiáns co deseñador intelixente pódese ver enHorse's MouthArquivado 28 de outubro de 2008 enWayback Machine., de Brian Poindexter, 2003.
  10. William A. Dembski, cando se lle preguntou nunha entrevista como as súas investigacións concluíran que Deus é o deseñador intelixente, respondeu: "Eu creo que Deus creou o mundo cun propósito. O deseñador do deseñador intelixente é, en última instancia, o Deus dos cristiáns".
  11. [http://www.discovery.org/a/2348 Principais preguntas sobre o DI.(eninglés)
  12. Discovery Institute (ed.)."Top Questions about intelligent design". Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  13. MEYER, C.>, NELSON, P.A. (01/05/1996)."CSC – Getting Rid of the Unfair Rules], A book review, Origins & Design". Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  14. JOHNSON, P.E. (31/08/1996)."Starting a Conversation about Evolution". Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  15. MEYER, S.C. (01/12/2002). Ignatius Press., ed."The Scientific Status of Intelligent Design: The Methodological Equivalence of Naturalistic and Non-Naturalistic Origins Theories". Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  16. A AAAS, a máis grande asociación de científicos estadounidense, ten 120.000 membros, e rexeita firmemente o DI (http://www.aaas.org/news/releases/2002/1106id2.shtmlArquivado 13 de novembro de 2002 enWayback Machine.). Máis de 70.000 científicos e profesores australianos condenaron o ensino do deseño intelixente nas clases de ciencias (http://www..science.unsw.edu.au/news/2005/1106id2.shtmil[Ligazón morta]). Véxase tamén a lista de declaracións das organizacións profesionais científicas (http://www.ncseweb.org/resources/articles/8408_statements_from_scientific_and_12_19_2002.aspArquivado 28 de marzo de 2008 enWayback Machine.) sobre a natureza do deseño intelixente e doutras formas de creacionismo.
  17. National Academy of Sciences, 1999.Science and Creationism: A View from the National Academy of SciencesArquivado 16 de maio de 2008 enWayback Machine., segunda edición
  18. ANational Science Teachers Association', unha asociación profesional de 55.000 profesores de ciencias, declarou nunha conferencia de prensa en 2005: "Estamos ao lado dos científicos e das principais asociacións científicas nacionais, incluído o Dr. John Marburger, principal conselleiro científico do presidente, en afirmar que o deseño intelixente non é ciencia. [...] É absolutamente incorrecto presentar unha pseudociencia aos estudantes durante as clases de ciencia."Trojan Horse or Legitimate Science: Deconstructing the Debate over Intelligent Design"(PDF).Harvard Science Review19 (1). 2005. Arquivado dendeo orixinal(Pdf) o 24/07/2007. Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  19. Professional Ethics Report (2001). American Association for the Advancement of Science, ed."Creationists are repackaging their message as the pseudoscience of intelligent design theory"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 03/01/2011. Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  20. BERGIN, M. (25/02/2006)."Junk science".World Magazine21 (8). Arquivado dendeo orixinal o 07/01/2012. Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  21. Agin, D. P. (2006).Junk science : how politicians, corporations, and other hucksters betray us (1st ed ed.). New York: Thomas Dunne Books.ISBN 9780312352417.OCLC 69028729. (eninglés)
  22. 22,022,122,2Kitzmiller v. Dover Area School District (2005),pp. 31 – 33.
  23. 23,023,1Discovery Institute, ed. (07/09/2004)."Media Backgrounder: Intelligent Design Article Sparks Controversy". Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  24. KUSHINER, J.M. (06/2002). Touchstone Magazine, ed."Berkeley's Radical". Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  25. WILGOREN, J. (25/08/2005). The New York Times, ed."Politicized Scholars Put Evolution on the Defensive"(Pdf). Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  26. DOWNEY, R. (01/02/2006). Seattle Weekly, ed."Discovery's Creation". Arquivado dendeo orixinal o 17/12/2011. Consultado o 13/02/2011. (eninglés)
  27. U.S. SUPREME COURT (19/06/1987). www.caselaw.lp.findlaw.com, ed."Edwards v. Aguillard, 482 U.S. 578 (1987)". Consultado o 16/02/2011. (eninglés)
  28. SCOTT, E.C. (1993). www.ncseweb.org, ed."Darwin Prosecuted: Review of Johnson's Darwin on Trial". Arquivado dendeo orixinal o 12/05/2008. Consultado o 16/02/2011. (eninglés)
  29. JOHNSON, P.E. (1999). www.arn.org, ed."The Wedge". Consultado o 16/02/2011. (eninglés)
  30. DEMBSKI (10/01/2007). www.uncommondescent.com, ed."“Truly Programmable Matter”". Arquivado dendeo orixinal o 07/04/2020. Consultado o 16/02/2011. (eninglés)
  31. Discovery Institute (1999)."Wedge Document"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(Pdf) o 14/02/2019. Consultado o 16/02/2011. (eninglés)
  32. The Stanford Encyclopedia of Philosophy (25/10/2005). www.plato.stanford.edu, ed."Plato's Timaeus". Consultado o 16/02/2011. (eninglés)
  33. ARISTÓTELES,Metafísica
  34. CICERÓN. www.thelatinlibrary.com, ed."De Natura Deorum". Consultado o 16/02/2011. (eninglés)
  35. TOMÉ DE AQUINO. www.faithnet.org.uk, ed."Summa Theologica". Arquivado dendeo orixinal o 08/08/2007. Consultado o 16/02/2011. (eninglés)
  36. PALLEY, W. (1809).Natural Theology: or, Evidences of the Existence and Attributes of the Deity].Londres. ISBN. (eninglés)
  37. STEINMETZ, D.C. (27/12/2005). www.religion-online.org, ed."The Debate on Intelligent Design". Arquivado dendeo orixinal o 08/01/2009. Consultado o 16/02/2011. (eninglés)
  38. DEMBSKI, W. (2001). www.designinference.com, ed."Is intelligent design a for of natural theology?". Arquivado dendeo orixinal o 29/07/2012. Consultado o 16/02/2011. (eninglés)
  39. FORREST, B. (11/03/2006). www.dailykos.com, ed."Know Your Creationists: Know Your Allies". Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  40. MEYER, S.C. (03/1986). www.arn.org, ed."We Are Not Alone". Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  41. THAXTON, Ch.B. (11/1986). Christian Leadership Ministries, ed."DNA, Design and the Origin of Life". Arquivado dendeo orixinal o 27/09/2007. Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  42. 42,042,1THAXTON, Ch.B. (06/1988). www.leaderu.com, ed."In Pursuit of Intelligent Causes: Some Historical Background". Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  43. SAFIRE, W. (21/08/2005). www.nytimes.com, ed."Neo-Creo". Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  44. www.touchstonemag.com, ed. (08/1999)."Touchstone Magazine. Volume 12, Issue4". Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  45. KOPPEL, T. (08/10/2005). www.bringyou.to, ed."Nightline with Ted Koppel 8/10/2005 on Intelligent Design".ABC News. Arquivado dendeo orixinal o 12/12/2019. Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  46. www.rightreason.ektopos.com, ed. (30/09/2005)."Why Science-Types Need Philosophy".Crossway Books. Archived from the original on 28/10/2006. Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  47. ALLMAN, G.J. (1873).The British Association.The Times. (eninglés)
  48. ALSTON, W.P.,Teleological Argument for the Existence of God; enEDWARDS, P. (ed.) (1967).Encyclopedia of Philosophy.Collier MacMillan Publishers.ISBN 0-02-894990-0. 
  49. HORIGAN, J.E. (1979).Chance or Design?.Philosophal Library. (eninglés)
  50. WITT, J. (20/12/2005). www.evolutionnews.org, ed."Dover Judge Regurgitates Mythological History of Intelligent Design". Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  51. FORREST, B.C. (11/03/2006). www.dailykos.com, ed."Daily Kos: Know Your Creationists: Know Your Allies". Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  52. AULIE, R.P. (1998). www.stephenjaygould.org, ed."A Reader's Guide to Of Pandas and People". Arquivado dendeo orixinal o 06/03/2014. Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  53. MATZKE, N. (13/10/2005). www.pandasthumb.org, ed."I guess ID really was "Creationism's Trojan Horse" after all". Arquivado dendeo orixinal o 24/06/2008. Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  54. www.antievolution.org (ed.)."The Wedge"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(Pdf) o 14/02/2019. Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  55. 55,055,1www.antievolution.org, ed. (1999)."Wedge Document"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(Pdf) o 14/02/2019. Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  56. SIMANEK, D.E. (03/02/2006). www.lhup.edu, ed."Intelligent Design: The Glass is Empty". Arquivado dendeo orixinal o 14/07/2012. Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  57. "A teoría do deseño intelixente sostén que algunhas características do universo e dos seres viventes se explican mellor cunha orixe intelixente e non un proceso indirecto como o da selección natural".Discovery Institute. www.discovery.org, ed."Questions about Intelligent Design". Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  58. DEMBSKI, W.A. (10/08/1998). www.leaderu.com, ed."The Act of Creation: Bridging Transcendence and Immanence". Arquivado dendeo orixinal o 25/01/2007. Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  59. IDEA Center:"Non é necesario entender completamente a orixe ou identidade do deseñador para determinar que un obxecto foi deseñado". De maneira que indican que a pregunta sería irrelevante para a teoría do deseño intelixente, que só busca detectar que un obxecto foi deseñado, descartando que o deseño intelixente poida ademais buscar a identidade ou orixe do deseñador (trátase dunha pregunta filosófica ou relixiosa que se escapa do dominio da investigación científica). No caso do cristianismo, este postularía unha resposta relixiosa a esta pregunta: "Deus é o deseñador e é por definición eternamente existente e non ten orixe. Indicando que non existiría imposibilidade filosófica para esta resposta relixiosa á orixe do deseñador..."IDEA Center. www.ideacenter.org, ed."FAQ: Who designed the designer?". Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  60. WEIN, R. (23/04/2002). www.talkreason.org, ed."Not a Free Lunch But a Box of Chocolates". Arquivado dendeo orixinal o 13/01/2020. Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  61. Coran 53:45
  62. dawkins "a desilusión de deus"
  63. michael A.Mayers "The reform judaism readers"
  64. Discovery Institute. www.discovery.org, ed."Does intelligent design postulate a "supernatural creator?". Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  65. JOHNSON, P. (04/1999). "Keeping the Darwinists Honest".Citizen Magazine. (eninglés)
  66. JOHNSON, P. (1999). www.arn.org, ed."The Wedge. Breaking the Modernist Monopoly on Science". Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  67. DEMBSKI, W. (1998).The Design Inference. (eninglés)
  68. DEMBSKI, W. (1999).Intelligent Design: The Bridge Between Science and Theology. (eninglés)
  69. DEMBSKI, W. www.designinference.com, ed."Intelligent Design's Contribution to the Debate Over Evolution: A Reply to Henry Morris". Arquivado dendeo orixinal o 29/07/2012. Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  70. FORREST, B. Testemuña dun experto.Kitzmiller v. Dover Area School District, transcrición día 6 (5 de outubro).
  71. FORREST, B. (05/2007). www.centerforinquiry.net, ed."Understanding the Intelligent Design Creationist Movement: Its True Nature and Goals. A Position Paper from the Center for Inquiry, Office of Public Policy"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 19/05/2011. Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  72. SCHÖNBORN, Ch. (07/07/2005). www.millerandlevine.com, ed."Finding Design in Nature". Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  73. Bieito XVI (09/2006). www.vatican.net, ed."Santa Misa en la explanada de Isling. Homilía del Santo Padre". Arquivado dendeo orixinal o 29/06/2012. Consultado o 21/02/2011. (encastelán)
  74. Bieito XVI (24/07/2007). www.vatican.va, ed."Encuentro del Santo Padre Benedicto XVI con los párrocos y sacerdotes de las diócesis de Belluno-Feltre y Treviso". Consultado o 21/02/2011. (encastelán)
  75. www.zenit.org, ed. (27-07-2007)."La evolución no responde a todas las preguntas del hombre, reconoce el Papa". Arquivado dendeo orixinal o 03-01-2011. Consultado o 21/02/2011. (encastelán)
  76. www.nationalacademies.org (ed.)."Evolution Resources". Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  77. BBC (20/12/2005). www.news.bbc.co.uk, ed."EE.UU.: No al Diseño Inteligente". Consultado o 21/02/2011. (encastelán)
  78. "Articles: Editor's Note: Intelligent Design Articles"(PDF).University of Montana Law Review68 (1). 10/04/2007. Arquivado dendeo orixinal(Pdf) o 27/09/2007. Consultado o 22/02/2011. 
  79. DeWOLF, D.K.; WEST, J.G.; LUSKIN, C. (04/05/2007)."Intelligent Design Will Survive Kitzmiller v. Dover"(PDF).University of Montana Law Review68 (1). Arquivado dendeo orixinal(Pdf) o 01/12/2007. Consultado o 22/02/2011. 
  80. IRONS, P. (27/04/2007)."Disaster In Dover: The Trials (And Tribulations) Of Intelligent Design"(PDF).University of Montana Law Review68 (1). Arquivado dendeo orixinal(Pdf) o 01/12/2007. Consultado o 22/02/2011. 
  81. DeWolf, David K; West, John G; Luskin, Casey (April 27, 2007)."Rebuttal to Irons"(PDF).Universidade de Montana Law Review68 (1). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 01 de decembro de 2007. Consultado o2008-10-16. 
  82. www.washingtonpost.com, ed. (28/08/2005)."Verbatim: Noodle This, Kansas". Consultado o 21/02/2011. (eninglés)
  83. BARCALA, D. (17/01/2008). www.publico.es, ed."Los anti-Darwin no tienen sitio en la Universidad". Arquivado dendeo orixinal o 30/04/2009. Consultado o 21/02/2011. (encastelán)
  84. 84,084,1Consello de Europa (08/06/2007). www.assembly.coe.int, ed."The dangers of creationism in education". Arquivado dendeo orixinal o 04/07/2007. Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  85. REILHAC, G. (04/10/2007). www.uk.reuters.com, ed."Council of Europe firmly opposes creationism in school". Arquivado dendeo orixinal o 26/12/2008. Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  86. MEYER, S.C.; ALLEN, W.P. (15/07/2004). www.discovery.org, ed."Unlocking the Mystery of Life". Arquivado dendeo orixinal o 27/09/2006. Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  87. RANDERSON, J. (07/11/2006). www.guardian.co.uk, ed."Revealed: rise of creationism in UK schools". Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  88. www.news.bbc.co.uk, ed. (29/09/2006)."'Design' attack on school science". Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  89. www.publications.parliament.uk, ed. (01/11/2006)."Written Answers". Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  90. www.publications.parliament.uk, ed. (18/12/2006)."Schools: Intelligent Design". Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  91. www.teachernet.gov.uk, ed. (18/09/2007)."Teachernet, Document bank". Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  92. HENRY, L.-A. (26/09/2007). www.belfasttelegraph.co.uk, ed."Tussle of Biblical proportions over creationism in Ulster classrooms - Education - News". Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  93. www.belfasttelegraph.co.uk, ed. (27/09/2007)."Viewpoint: The world, according to Lisburn folk". Consultado o 22/02/2011. 
  94. www.lisburntoday.co.uk, ed. (26/09/2007)."Dup Call For Schools To Teach Creation Passed By Council". Arquivado dendeo orixinal o 07/01/2009. Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  95. ENSERINK, M. (03/06/2005). www.sciencemag.org, ed."Evolution Politics: Is Holland Becoming the Kansas of Europe?". Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  96. www.dutchnews.nl, ed. (13/02/2007)."Cabinet ministers announced (update 2)". Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  97. De Morgen, May 23, 2005
  98. 98,098,1EDIS, T. (2008)."Islamic Creationism: A Short History".The History of Science Society37 (1). Arquivado dendeo orixinal o 16/07/2011. Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  99. EDIS, T. (1999). www.ncseweb.org, ed."Cloning Creationism in Turkey". Arquivado dendeo orixinal o 09/05/2008. Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  100. JONES, D.L. (12/03/2008). www.isn.ethz.ch, ed."Turkey's survival of the fittest". Consultado o 22/02/2011. (eninglés)
  101. SMITH, D. (21/10/2005). www.smh.com.au, ed."Intelligent design not science: experts". Consultado o 22/02/2011. (eninglés)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Deseño_intelixente&oldid=7151363»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp