Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Descolonización de Asia

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.
Este artigo non posúe formato wiki axeitado
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga olibro de estilo da Galipedia.
Pode axudar amellorar este artigo e outros encondicións semellantes.

Agás nos imperios deChina e oXapón a penetración europea naAsia central eoriental concluíra a fins do século XIX, coa integración de extensos territorios, densamente poboados na organización dos imperios coloniais europeos. Tres grandes rexións asiáticas pertencían a tres imperios europeos. Todo o subcontinente doIndostán incorporárase dende o século XVII óReino Unido;Indonesia dependía a súa vez dosPaíses Baixos dende a mesma época. A terceira rexión colonial asiática eraIndochina, que fora integrada dende mediados do XIX noImperio francés.

Había enAsia oriental algúns outros territorios coloniais, herdanza dos vellos imperios ibéricos, pero o protagonismo do proceso de conquista da independencia política osténtano os países xurdidos desas tres rexións. De todos eles o de maior influencia en todo o mundo colonial foi o daIndia a xoia da coroa británica.

As colonias británicas: Independencia do Indostán

[editar |editar a fonte]

A independencia política da península doIndostán foi, salvando o illado caso das IllasFilipinas, que se liberou do protectorado americano en 1946, o primeiro paso decisivo dadescolonización no continente asiático. Trátase dun proceso rápido, que se fai consonte co goberno británico. En febreiro de 1947 o propio presidente británico, o laboristaClement Attlee, fixa a data de transmisión do goberno a mans indias poñendo o ano seguinte como límite. Esta posición oficial acelera os acontecementos que culminan coa sinatura dos acordos de transmisión de poderes entre o derradeiro vicerrei daIndia, lord Mountbatten e os líderes dos dous grandes partidos indios: o Partido do Congreso deGandhi e Nehru e a Liga Musulmá de Ali Jinnah, coa consecución ese mesmo ano da independencia oficial da India.

Porén, eran enormes os problemas que debía afrontar o proceso dedescolonización. O primeiro deles foi resolver a partición da India británica, o que trouxo consigo a aparición de dous estados definidos por razóns relixiosas: AUnión India, de maioría hindú ePaquistán de maioría musulmá. Do goberno da India ocupouseNehru e de PaquistánAli Jinnah, aínda que por algún tempo se mantiveron ambos os países no seo daCommonwealth británica. O estado paquistaní atopábase dividido en dous territorio, ó oeste e leste da India separados por máis de dous mil quilómetros de distancia. Isto provocou non poucas dificultades, ata que en 1971 constituíuse na sección oriental un novo estado independente co nome deBangladesh. A India rematou dividida en tres territorios. A formación dos dous estados na antiga India británica foi o resultado das tensións relixiosas acumuladas durante a segunda guerra mundial e da proposta de partición efectuada polo goberno laborista inglés. A partición deste inmenso territorio foi, en certo modo, un resultado das diverxencias fomentadas polos británicos no seu goberno da India, especialmente durante a segunda guerra mundial. Dado que os dirixentes do Partido do Congreso reclamaban unha India independente como condición para loitaren a prol dos británicos, estes propiciaron unha política de divide e vencerás, apoiando as reivindicacións dos musulmáns. A pesar dos esforzos deGandhi por integrar baixo un mesmo teito político as dúas comunidades relixiosas, ó termo da guerra a Liga Musulmá de Jinnah estaba moi fortalecida e convencida de que só no momento da independencia sería viable a formación do estado dePaquistán.

O segundo problema estribaba en xestionar os efectos inmediatos da independencia. Os costos da partición foron enormes xa que abondaron conflitos territoriais e relixiosos. Por unha banda, producíronse sanguentos enfrontamentos civís en rexións, comoBengala ou oPanxab, onde cohabitaban hindús e musulmáns. Por outra banda, o fundamentalismo relixioso no que naceron ambos os estados provocou unha ondada de refuxiados en ambas as direccións, co conseguinte intercambio. Alén de todo isto quedaron por resolver algúns litixios fronteirizos, especialmente na rexión deCaxemira, onde se mantivo a tensión ata os anos 70, co estalido intermitente de guerras nas que interveu frecuentemente aONU.

O goberno da India independente benefíciase dunha grande estabilidade política asegurada en parte por unha continuidade familiar. O Pándit Nehru, pai da independencia xunto con Gandhi, goberna ata a súa morte en 1964 co apoio do Partido do Congreso. Tras dous anos de goberno de Shastri accede ó poder a filla de NehruIndira Gāndhi que, á súa vez foi continuada polo seu fillo Rajiv Gandhi, ambos os dous foron asasinados por extremistas políticos en 1984 e 1991 respectivamente. India viviu a partir da independencia un período de enorme expansión económica e de gobernos de raíz democrática, o que contrasta coa evolución política de Paquistán, onde foron máis frecuentes os gobernos de ditadura militar.

A independencia daIndia tivo efectos inmediatos noutras posesións británicas deAsia, comoBirmania,Sri Lanka eMalaisia. Nun espazo de 10 anos produciuse a descolonización dos territorios británicos no continente asiático. Do inmenso imperio colonial forxado no século XIX, constituído por varios centos de millóns de habitantes, só quedou adscrito ó Reino unido a cidade deHong Kong, preto da cidade china deCantón que rematou definitivamente coa devolución desta cidade aChina, realizada a fins do ano 1997.

A independencia das colonias holandesas: Indonesia

[editar |editar a fonte]

A descolonización deIndonesia, que supón a liquidación doImperio colonial holandés, foi tamén rápida. A finais do ano 1949 quedaron constituídos os Estados Unidos de Indonesia, conSukarno como presidente. Pouco tempo despois transfórmase nun estado unitario, coa denominación deRepública de Indonesia. Pero o proceso seguido polos holandeses foi máis parecido ó dos franceses enIndochina que ó dos británicos na india. A influencia da ocupación xaponesa dende 1942 e a internacionalización do conflito indonesio proporcionaron diferenzas substantivas.

A ocupación das Indias holandesas polos xaponeses produciuse no curso de poucas semanas, dado que foi moi feble a resistencia do exército holandés. A presenza nipoa no arquipélago indonesio favoreceu a difusión dunha campaña fortemente antioccidental, asemade puideron desenvolverse as actividades dos nacionalistas indonesios dirixidas por Hatta eSukarno, que non só foron apoiados polos xaponeses, senón que gozaron da súa tolerancia para crearen un exército indonesio. A ocupación xaponesa fixera posible concibir a independencia ós dous días da rendición xaponesa nasegunda guerra mundial, Sukarno proclama a república de Indonesia.

Así e todo, osPaíses Baixos non aceptaron esta situación. Coa axuda do exército británico, recuperou o control sobreIndonesia, pero malia os sucesivos intentos de crear unha federación entre Holanda e as súas posesións ultramarinas, impúxose pouco a pouco a doutrina do abandono de Indonesia. Nesta situación influíron varios factores. Por unha banda a fortaleza donacionalismo indonesio, que despregou unha guerra de guerrillas contra o exercito holandés, por outra a presión internacional a prol da descolonización, tanto entre os novos estados xa independizados como nos organismos internacionais como aONU. Tras dúasoperacións de policía en 1947 e 1948 contra a guerrilla, o apoio internacional a causa dos indonesios e un movemento dedesobediencia civil levaron ó traspaso final da soberanía á República de Indonesia. A partir desta data, Indonesia desenvolvería un rol protagonista na organización política doTerceiro Mundo, acollendo a decisivaConferencia de Bandung. Sukarno mantívose no poder ata 1965 no que unha revolta militar coloca no mesmo ó xeneral Suharto.

A independencia das colonias francesas: Indochina

[editar |editar a fonte]

O curso seguido porIndochina foi moi diferente dos casos anteriores tanto pola natureza política dos diversos pobos integrados so a mesma denominación, como pola peculiaridade da administración colonial imposta pola metrópole francesa. Na posguerraFrancia, ensaiou unha estratexia moi diferente da británica ó prever na constitución de 1946 a constitución dunhaUnión Francesa. Tratábase de integrar so a soberanía de Francia a diversidade de países que formaban parte do seu imperio. Mais esta opción tivo pouco éxito. A primeira fenda aberta foi precisamente a independencia deIndochina xoia asiática da república gala.

Tamén neste caso foi fundamental a experiencia na guerra e a ocupación xaponesa do territorio indochino, o que propiciou a formación dunha Liga para a independencia do Vietnam dirixida por Ho Chi Minh, que desembocou na proclamación da República Democrática deVietnam en 1946. Ó igual que fixeran os holandeses en Indonesia, tamén os franceses tentaron recuperar militarmente o territorio de Indochina. O problema radicaba na zona norte onde se constituíra a RDV. As resistencias dos colonos franceses daCochinchina (Vietnam do sur) a se uniren coVietnam do norte, a cuxos dirixentes consideraban axitadores antifranceses, provocaron o fracaso dos intentos de integrar na unión francesa á República vietnamita. Comeza así unha guerra de oito anos (1946-1954) que remata coa derrota francesa. A partir de 1950 o conflito adquire dimensións internacionais. As milicias doViet-Minh son apoiadas pola República Comunista da China, mentres que os franceses comezan a ser axudados polosEEUU na súa loita contra o avance comunista, para evitaren as consecuencias da coñecida teoría do efecto dominó.

Reproducíase en Indochina o bipolarismo que levara aguerra de Corea ou apartición de Alemaña. Tamén neste caso a solución sería a división doVietnam tralo abandono da presenza francesa en Indochina. A saída dos franceses prodúcese tralaConferencia de Xenebra (1954) na que se acorda conceder plena independencia ós tres estados resultantes da descolonización:Laos,Camboxa eVietnam. Isto supoñía a destrución de toda a política de acordos que os franceses desenvolveran dende 1946 para fortaleceren a unión en Indochina. Pola súa banda o estado vietnamita divídese en dúas zonas á espera dun referendo previsto para 1956 con vistas á posible reunificación de ambas as dúas zonas. O referendo non chegou a celebrarse porque era previsible a vitoria deHo chi Minh. Para evitar esta consulta proclamouse antes a República de Vietnam do sur, apoiada polos EUA. A unificación das dúas zonas vietnamitas tardou aínda vinte anos, dado que non se vai producir ata o abandono do Vietnam polos estadounidenses (1973) e a entrada das tropas norvietnamitas enSaigón capital deVietnam do sur (1975).

A descolonización de Indochina non rematou, pois coa ausencia francesa do sueste asiático. Ademais da guerra civil que viviu Vietnam, con fortes apoios internacionais deChina eEstados Unidos o resto dos estados de Indochina independizados a partir dos acordos de Xenebra (Laos e Camboxa) sufriron durante moitos anos os vaivéns políticos derivados do conflito bélico desenvolvido preto das súas fronteiras. Pero a guerra en Indochina puxo claramente de relevo as fendas que tiña ocolonialismo europeo en Asia, impotente ante a emerxencia de movementos nacionais de liberación e desautorizado polas regras da nova orde mundial establecida polas grandes potencias da posguerra. Setenta anos despois o dominio colonial deFrancia no sueste asiático rematou en parte como comezara: cunha guerra no golfo de Tonkin. A primeira minou a credibilidade do goberno deJules Ferry, grande adaíl da expansión ultramarina. A segunda guerra en Indochina deixou debilitado ó réxime da IV República que aguerra de Alxeria remataría por enterrar.

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Descolonización_de_Asia&oldid=6934865»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp