Desafiuzamento[1], tamén coñecido comodespexo[2], é o aviso da obriga de abandonar unha propiedade que tomou en arrendo ou hipotecou alguén, en particular por orde dun xuíz.[3]
Segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) entre xullo e setembro de 2014 contabilizáronse en territorio galego 439 desaloxamentos, 1,4% máis que no mesmo período de 2013, ano desde o que se dispón de datos homoxéneos sobre esta problemática. O número de verán é, con todo, inferior ao do segundo trimestre. Daquela rexistráronse 722 desaloxamentos, cun incremento interanual do 8,9%. No primeiro trimestre o cómputo foi de 614, o que implicaba unha caída do 4,5% a respecto do mesmo trimestre do ano anterior.[4]
Gráfico de desasfiuzamentos en Galiza (2013-2014)[4]
EnEspaña, o termo xurídicodesafiuzamento utilízase cando se procede a privar o inquilino da posesión (uso do inmóbel) mediante unha resolución xudicial por un incumprimento do contrato de arrendamento (falta de pagamento da renda ou calquera outro incumprimento contractual).
En ocasións, desafiuzamento é utilizado como sinónimo de desaloxamento ou da indemnización por despedimento, dado que unha orde xudicial de desafiuzamento ten como finalidade o desaloxamento dos arrendatarios dunha vivenda. En España, o termo desafiuzamento utilízase para facer referencia en exclusiva ao desaloxamento dos inquilinos dunha vivenda ou local comercial por orde xudicial.
O acto que consiste en desaloxar fisicamente os ocupantes da vivenda ou local chámase desaloxamento. A el acoden o propietario xunto cunha representación do xulgado e un cerralleiro, para volver a tomar a posesión do inmóbel, procedendo a entrar no inmóbel (se é necesario pola forza) e mudar a pechadura ou o cadeado.
En novembro do 2009 entrou en vigor enEspaña odesafiuzamento exprés, unha modificación da Lei de Arrendamentos Urbanos e a Lei de Procesamento Civil. A nova lei creouse co obxectivo de promover o alugamento nun contexto de crise inmobiliaria creando mecanismos máis rápidos e efectivos en caso de morosidade ou falla de pagamento do alugueiro do inmóbel. As modificacións dodesafiuzamento exprés son:
As principais solucións ofrecidas para evitar o desaloxamento da vivenda son, entre outras, acordo de refinanciamento, acordo de carencia,dación en pagamento e suspensión do prazo procesal de desaloxamento.[5]
Ao longo do ano2011 enPortugal foron devoltas ao banco 6900 casas pola falla de pagamento dos seus propietarios, o que supuxo unha suba do 17,9% en comparación co ano anterior, segundo datos divulgados polaAssociação dos Profissionais e Empresas de Mediação Imobiliária de Portugal (APEMIP). As áreas metropolitanas deLisboa e oPorto concentran os 45,2% do número total de inmóbeis devoltos ao banco ao longo do ano pasado.[6]
A finais de 2012, o goberno luso aprobou que, en caso extremo, a familia en cuestión pode optar poladación en pagamento da súa vivenda. A nova lexislación permite que a entrega da casa ao banco extinga totalmente a débeda cando a suma do valor da taxación actual do inmóbel sexa igual ou superior ao crédito.[6]