O primeiro ministro escocésAlex Salmond e a viceprimeira ministra durante o anuncio do plan de referendo paraEscocia, en2007
Odereito de autodeterminación é un principio fundamental dosdereitos humanos.[1] Defende o dereito individual e colectivo a "decidir libremente o status político e a escoller libremente o desenvolvemento económico, social e cultural". O principio da autodeterminación atópase xeralmente relacionado co proceso de descolonización que tivo lugar tras promulgarse aCarta das Nacións Unidas en1945. A obriga de respectar o principio de autodeterminación é unha das características da Carta e aparece no seu preámbulo e no artigo 1.
APraza do Toural deSantiago de Compostela durante a mobilización do20 de setembro de2017 en apoio aopobo catalán e ao dereito de autodeterminación, en resposta á actuación policial do mesmo día respaldada por xuíces e estancias políticas doGoberno de España contra as institucións catalás. Foi unha das moitas manifestacións celebradas nas sete principais cidades de Galicia[2] e outras urbes do Estado como Bilbao,[3] Palma, Madrid, València ou Sevilla
O dereito á autodeterminación é unha das normas deius cogens. Estas representan o máis alto nivel dedereito internacional e polo tanto son de obrigado cumprimento.
Este principio foi formulado por primeira vez polo presidente dos Estados Unidos,Thomas Woodrow Wilson nos seus Catorce Puntos, tendo unha grande importancia noTratado de Versalles, no que se deseñaron as fronteiras da Europa Oriental e xa apuntaban á descolonización. Non obstante, moitos dos conceptos básicos do dereito de autodeterminación atópanse xa en documentos anteriores como a propia Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América.
O dereito de autodeterminación ten sido reclamado en décadas recentes por pobos de todo o mundo. Na maior parte dos casos, este dereito é reclamado por: pobos de trazos culturais e lingüísticos propios, pobos ou países que perderon a súa independencia no pasado, minoríasrelixiosas, ou pobos e nacións que reúnen as anteriores premisas. Estas minorías ou culturas minorizadas perseguen co dereito de autodeterminación a independencia política, co fin de evitar a súa asimilación lingüística, cultural ou relixiosa, así como a súa discriminación ou mesmo persecución por parte do Estado ao que na actualidade pertence.
Moitos estados actuais defenden odereito de autodeterminación, mais non aceptan a súa aplicación dentro do que consideran "territorio nacional". Outros estados, no entanto, contaron e contan na actualidade co recoñecemento de tal dereito. Así, estados como aUnión Soviética posuíron constitucións que recoñecían este dereito; no caso soviético o recoñecemento do dereito de autodeterminación para as repúblicas da antiga URSS permitiu en1990 que numerosos países, tales comoLituania,Letonia ouUcraína, entre outros, acadaran a independencia tras aPerestroika.
Cando se ratificou aCarta das Nacións Unidas en1951, os signatarios introduciron nela o dereito dos pobos á autodeterminación e nos termos dadiplomacia internacional.
O obxectivo do cláusula de autodeterminación foi facer que as ex-colonias que existían antes dasegunda guerra mundial puidesen escoller libremente o seu futuro. Non obstante, despois da descolonización, o dereito de autodeterminación entendeuse que era aplicable só aEstados, e está limitado aos principios da integridade territorial e á non-inxerencia nos asuntos internos. Moitas ex-colonias que tiñan comezado o seu proceso de independencia encontráronse con movementos separatistas, e houbo consenso internacional en que a autodeterminación non é aplicable a estes movementos.
NaDeclaración Universal dos Dereitos Humanos en1970, o dereito á autodeterminación foi confinada á doutrina do protocolo internacional. En suma, as persoas teñen dereito á autodeterminación para afrontar situacións de opresión ou falta de representación por un goberno en particular.
Isto produce unha tensión entre o concepto de autodeterminación e o de integridade territorial. Este conflito foi resolto, na práctica, a través da definición de que as persoas teñen dereito á autodeterminación dos pobos que viven nun estado-nación no que máis persoas comparten a mesmacultura oulingua.
Pacto Internacional sobre Dereitos Civís e Políticos
As Nacións Unidas proclamaron en1966 o Pacto Internacional dos Dereitos Civís e Políticos. Entrou en vigor en1976 e foi ratificado polo Estado Español o27 de xullo de1977.[4]
O seu artigo 1 proclama:
Todos os pobos teñen dereito á autodeterminación. En virtude deste dereito poden determinar libremente o seu status político, así como o seu desenvolvemento, económico, social e cultural.
Todos os pobos poden, para os seus propios fins, dispor libremente das súas riquezas e dos seus recursos naturais, sen prexudicar ningúnha das obrigas que xorden da cooperación económica internacional, baseada nun principio de beneficio recíproco e no dereito internacional. En ningún caso un pobo pode ser privado dos seus medios de subsistencia.
Os estados que participan neste pacto -incluídos os que teñen a responsabilidade de administrar territorios non autónomos e territorios en fideicomiso- promoverán o exercicio do dereito de autodeterminación e respectarán este dereito de acordo coas disposicións da Carta daONU.