Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Deputados do Parlamento escocés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O dedeputado oudeputada do Parlamento escocés (MSP, nas súas siglas inglesas;BPA nasgaélicas) é o título que reciben cada unha das 129 persoas escollidas para representar a cidadanía noParlamento escocés.

Os deputados do Parlamento escocés escóllense por un dobre sistema de circunscricións e rexións, que mestura o sistema de eleccióndirecto e o proporcional. 73 deles son elixidos polo sistema directo, e 56 polo sistemaproporcional adicional.

Os deputados ocupan os seus cargos de forma persoal, non en representación dopartido polo que concorreron ás eleccións, polo que é frecuente que haxa máis independentes ao remate da lexislatura do que ao comezo. Se se produce no medio da lexislatura algunha vacante, ben por renuncia ben por falecemento, esta cóbrese de distinto xeito se o deputado ou deputada foi elixida polo sistema proporcional ou polo directo. Se provén do sistema directo, procédese a unha elección nesa circunscrición concreta, e para o período comprendido ata o remate da lexislatura. Se provén do sistema de listas rexionais, é o partido político ao que pertencía quen designa o seu ou a súa substituta, a partir da lista electoral presentada no seu momento.

Para os membros actuais do Parlamento escocés, véxase o artigo sobredeputados do Parlamento escocés, 2007-11

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Deputados_do_Parlamento_escocés&oldid=6859709»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp