Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Deputado, deputada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Deputado»)
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde novembro de 2017.)
Gravado do edificio do Congreso dos Deputados deEspaña enMadrid, (1843).

Deputado, integrante dunParlamento ou dunhaCámara dos Deputados. Nos sistemas bicamerais xeralmente integran acámara baixa, mentres que acámara alta está integrada polossenadores. Representan a soberanía popular.

Teñen a responsabilidade de ser os representantes do pobo e nos sistemas democráticos son elixidos polo voto libre e segredo dos cidadáns.

NoReino Unido e noutros países que seguen o seu sistema parlamentario os deputados coñécense como Membros do Parlamento (Member of Parliament en inglés, frecuentemente abreviado en MP)

Parlamento Europeo

[editar |editar a fonte]

Os deputados daUnión Europea coñécense comoeurodiputados. Na primeira lexislatura doParlamento Europeo, os deputados da Unión Europea do1 de maio de2004 con 25 países membros, o número de eurodiputados elevouse temporalmente a 788. Carecen de iniciativa lexislativa.

Parlamento de Galicia

[editar |editar a fonte]

Os deputados doParlamento de Galicia son elixidos por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos. Gozan de inviolabilidade polos votos e opinións que emitan no exercicio de seu cargo. Non poden ser detidos nin retidos polos actos delituosos cometidos no territorio de Galicia a non ser en situación de flagrante delito, correspondendo decidir, en todo caso, sobre a súa inculpación, prisión, procesamento e xuízo óTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Fóra de Galicia, a responsabilidade penal será esixible nos mesmos termos perante a Sala do Penal doTribunal Supremo. Teñen xunto ao Parlamento e aXunta de Galicia a iniciativa lexislativa.

Congreso dos Deputados de España

[editar |editar a fonte]

Segundo aConstitución de1978 o pobo español está representado poloCongreso dos Deputados e oSenado. As dúas cámaras forman asCortes Xerais. As Cortes Xerais exercen opoder lexislativo do estado, aproban os orzamentos, controlan opoder executivo e exercen o resto de competencias que lles atribúe a Constitución.

Ninguén pode ser ó mesmo tempo deputado esenador. O cargo de deputado é incompatible co correspondente nunha asemblea dunha comunidade autónoma. O mandato dos membros das cortes non é imperativo.

O número de deputados pode ir de 300 a 400 e deben ser elixidos porsufraxio universal, libre, igual directo e secreto. Acircunscrición electoral para a elección de deputados e senadores é aprovincia.Ceuta eMelilla están representadas por un deputado cada unha.

A elección faise en cada circunscrición segundo criterios de representación proporcional, en concreto, enEspaña aplícase oMétodo D'Hondt para distribuír os escanos entre listas electorais pechadas.

O mandato dos deputados dura, como moito, catro anos (supondo que non se disolva a cámara con anterioridade). Para a elección e o desenvolvemento do cargo poden ser elixidos todos os españois no uso dos seus dereitos políticos. A lei recoñece o dereito de sufraxio dos españois que se atopen fóra de España.

Non son elixibles para o cargo de deputado: os compoñentes doTribunal Constitucional, os altos cargos da Administración do Estado (excepto os membros do Goberno) que determine a lei, oDefensor do Pobo, osmaxistrados,xuíces efiscais, os militares profesionais, os membros das forzas e corpos de seguridade e os membros das Xuntas Electorais. A validez das actas de deputado e as súas credenciais están sometidas ó control xudicial nos termos que marca a lei electoral.

Os deputados gozan de inviolabilidade polas opinións que manifesten no exercicio do seu cargo. Tamén dispón de inmunidade para ser detidos, a non ser en caso de flagrante delito. Para que sexan procesados necesítase a autorización previa da cámara. As causas contra deputados son competencia doTribunal Supremo. O soldo dos deputados vén fixado pola propia cámara.

Os deputados forman parte das comisións de Investigación designadas pola cámara. O Congreso nomea unhaDeputación Permanente cun mínimo de 21 deputados.

O voto dos deputados non se pode delegar.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Deputado,_deputada&oldid=6443004»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp