Ten unha superficie total de 4360 km2. A súa poboación é de aproximadamente 395.000 habitantes. Conta con moitos terreos que son utilizados para a agricultura, a pesca, azucareiras, camaroneiras etc. A cabeceira do departamento é a cidade deCholuteca, que é atravesada polo río Choluteca que cruza o departamento.
Choluteca foi un dos sete departamentos orixinais nos que se dividiu Honduras despois da súa independencia, en1825, aínda que as súas fronteiras mudaron no transcurso da historia. En1843 adheriuse ao seu territorio o distrito de Guascorán, até daquelas parte deComayagua. En1893 desprendeuse da súa parte máis occidental, coa creación do departamento deValle.