Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Denver

Coord.:39°44′21″N104°59′05″O / 39.7392,-104.9847
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Denver, Colorado»)
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde agosto de 2017.)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Denver (homónimos).
Modelo:Xeografía políticaDenver
Vista nocturna
(2006)
Fotomontaxe
Imaxe

AlcumeMile High CityEditar o valor en Wikidata
EpónimoJames W. Denver(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 39°44′21″N104°59′05″O / 39.7392,-104.9847
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoColoradoEditar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación715.522(2020)Editar o valor en Wikidata (1.782,74hab./km²)
Número de fogares287.756 (2020)Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaDenver metropolitan area(en)TraducirEditar o valor en Wikidata(Poboación:2.963.821)Editar o valor en Wikidata
Parte de
Superficie401,359761 km²Editar o valor en Wikidata
Auga1,055 % (1 de abril de 2010)Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Platte Sul(pt)Traducir eCherry Creek(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Altitude1.609 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación22 de novembro de 1858Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Denver, Colorado(en)TraducirEditar o valor en WikidataMike Johnston(pt)Traducir(2023–)Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal80201–80212, 80214–80239, 80241, 80243–80244, 80246–80252, 80256–80266, 80271, 80273–80274, 80279–80281, 80290–80291, 80293–80295, 80299, 80123 e 80127Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webdenvergov.orgEditar o valor en Wikidata
Facebook: CityandCountyofDenverTwitter: cityofdenverBNE: XX450907Editar o valor en Wikidata

Denver é acidade máis grande ecapital do Estado deColorado,Estados Unidos. Ademais, e despois deEl Paso, é ocondado con máis habitantes do estado. Está situada no ríoSouth Platte, no extremo occidental dosHigh Plains, aoleste dasMontañas Rochosas (Rocky Mountains, eninglés). O distrito central de Denver sitúase inmediatamente aoleste da confluencia doafluenteCherry Creek coríoSouth Platte, aproximadamente a 19 quilómetros ao leste do contraforte dasMontañas Rochosas. Denver é coñecida comoA cidade dunha milla de altura (Mile-High City) debido a que a súa altura oficial é exactamente dunha milla (aproximadamente 1,62 quilómetros) sobre o nivel do mar (nos banzos doedificio capital do estado). A poboación estimada en2011 era de 619.968, o que facía de Denver a 23ª cidade máis poboada dosEstados Unidos. A área metropolitana de Denver-Aurora-Broomfield tiña unha poboación en2011 duns 2 599 504 de habitantes, e por iso foi clasificada como a 21ª área metropolitana máis poboada do país. Ademais, Denver é a segunda cidade máis poboada da rexión deMoutain West e do suroeste dosEstados Unidos despois dePhoenix.

Historia

[editar |editar a fonte]

Denver City foi fundada en novembro do1858 como unha vila fundamentalmente mineira durante a febre do ouro do picoPikes (Pikes Peak eninglés), ao oeste deKansas. Naquel verán, un grupo de exploradores de Lawrence (Kansas) chegaron e edificaron a cidade de Montana (Montana City) á marxe do ríoSouth Platte, aínda que rapidamente desapareceu dando lugar no verán de1859 aAuraria, un nome que fai referencia á mina de ouro da cidade do mesmo nome pertencente ao Estado deXeorxia. Este foi o primeiro asentamento do que despois sería a cidade de Denver.O22 de novembro de1858, o xeneral William Larimer, un especulador da terra doleste deKansas, colocou troncos de álamo para poñer unha reclamación nun acantilado con vistas á confluencia do ríoSouth Platte e do seu afluente, oCherry Creek, ao outro lado do arroio do asentamento mineiro deAuraria. Larimer denominou a cidadeDenver City para gañarse o favor do gobernador territorial deKansas, James W. Denver, pois el esperaba que poñéndolle ese nome á vila podería chegar a que o condado de Arapaho fose sede de condado, pero non o conseguiu, xa que por aquel entón o gobernador de Denver xa dimitira. As primeiras cidades asentáronse no que agora é oConfluence Park, no centro da cidade de Denver. Larimer, xunto cos socios da sociedadeSt. Charles City Land, vendeu parcelas da cidade aos comerciantes e mineiros coa intención de crear unha gran cidade. Denver era unha cidade fronteiriza, cunha economía baseada na industria mineira, na gandería e no comercio de mercancías. O territorio de Colorado foi creado o28 de febreiro de1861, mentres que o condado de Araphoe formouse o1 de novembro do mesmo ano. Por outra parte, a cidade de Denver (chamadaDenver City por aquel entón) foi incorporada a Colorado o7 de novembro de 1861, en1867 converteuse na capital do territorio e, ademais, foi sede do condado de Arapahoe dende a súa formación ata a súa consolidación en1902. Unha vez que adquiriu importancia,Denver City acurtou o seu nome e pasou a chamarse Denver, tal e como se coñece hoxe.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Denver atópase no centro da rexiónFront Range Urban Corridor, situada entre asMontañas Rochosas, ao oeste das chairas altas doleste. A topografía de Denver está formada polas chairas do centro da cidade e polas zonas montañosas aooeste,sur e sueste. Segundo a oficina do censo dos Estados Unidos (United States Census Bureau), a cidade ten unha área de 154,9 quilómetros cadrados, dos cales 4,1 quilómetros cadrados son auga. O condado de Denver está rodeado só por tres condados: o de Adams aonorte e aoleste, o de Arapahoe aosur e aoleste, e o condado de Jefferson aooeste. A pesar de que o alcume de Denver é o deA cidade dunha milla de altura (Mile-High City) debido a que a súa altura oficial é dunha milla sobre o nivel do mar, a elevación de toda a cidade está entre os 1,5636 e os 1,7343 quilómetros.

Liña de rañaceos de Denver.

Demografía

[editar |editar a fonte]

A oficina do censo dos Estados Unidos (United States Census Bureau) estima que, no ano2008, a poboación do condado de Denver era de 600.158 persoas, o que o sitúa no 24ª condado máis poboado dosEstados Unidos. A área metropolitana de Denver-Aurora-Broomfield contaba en2008 cun total de 2 506 626 habitantes (a 21ª máis poboada dosEstados Unidos), mentres que a área metropolitana de Denver-Aurora-Boulder contaba con arredor de 3 049 562 habitantes (a 16ª máis poboada do país).

Economía

[editar |editar a fonte]

A economía de Denver depende parcialmente da súa posición xeográfica, pois por ela pasan numerosas vías de comunicación que conectan con outros territorios. A área metropolitana (Metropolitan Statistical Area (MSA) eninglés) de Denver tivo un produto rexional bruto (Gross Metropolitan Product (GMP) ouGross Regional Product (GRP) eninglés) de 157,6 billóns dedólares en2010, o que a sitúa na 18ª rexión máis rica dosEstados Unidos. Denver, por ser a cidade máis grande dentro dun raio de 800 quilómetros, converteuse nun lugar propicio para o almacenamento e distribución de bens e servizos ás rexións de Mountain States, a doSuroeste dos Estados Unidos, e tamén a doOeste dos Estados Unidos. Outra das vantaxes da súa situación xeográfica é que Denver é case equidistante das grandes cidades da rexión doMedio Oeste, comaChicago eSt. Louis e tamén dalgunhas cidades da Costa oeste comaOs Ánxeles eSan Diego.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Capital:Denver
Temas
Rexións
Cidades
Condados
Alcaldesdas cidades con máis de 100 000 habitantes enColorado
Seal of Colorado
*Presidente do Consello da cidade de Pueblo.
As 100 cidades máis poboadas dosEstados Unidos ePorto Ricoa
   
Estimación de poboación do 1 de xullo de 2011 daOficina do Censo dos Estados Unidos
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Denver&oldid=6554393»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp