Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Dennis Gabor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDennis Gabor

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1900Editar o valor en Wikidata
Budapest (Imperio Austrohúngaro)Editar o valor en Wikidata
Morte8 de febreiro de 1979Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Londres, Reino UnidoEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPutney Vale Cemetery(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
ResidenciaHungríaEditar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Berlín-Doutor en filosofía (–1927)
Universidade Humboldt de Berlín (–1924)
Universidade de Tecnologia e Economia de Budapeste(pt)Traducir (–1921)Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísicaEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoBerlínEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario, inventor, académico, holographer(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Técnica de Berlín
Imperial College LondonEditar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosEric Ash(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundialEditar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoEric Ash(pt)Traducir,Jack Cowan(en)Traducir eAnthony G. Constantinides(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarjorie Louise ButlerEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia, volume 2, (p.634)
Physicists: Biographical Dictionary(en)Traducir, (p.70)Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1277259WikiTree: Günszberg-1Find a Grave: 207145296Editar o valor en Wikidata

Dennis Gabor (enhúngaro:Gábor Dénes), nado enBudapest en1900 e finado enLondres en1979, foi un profesor universitario efísicohúngaro galardoado coPremio Nobel de Física no ano1971 polo descubrimento daholografía.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Naceu o5 de xuño de1900 na cidade deBudapest, naqueles momentos formando parte doImperio Austrohúngaro e que hoxe en día é a capital de Hungría. Estudoufísica entre as universidades deBudapest eBerlín, doutorándose no ano1927 cunha tese doutoral sobre osraios catódicos.

En1933 fuxiu daAlemaña nazi establecéndose noReino Unido, onde traballou no departamento de desenvolvemento daBritish Thomson-Houston Company en Rugby, situada no condado deWarwickshire. En1948 ingresou noImperial College deLondres e no1958 accedeu a unha praza de profesor defísica aplicada, que ocupou ata a súa xubilación no ano1967.

Gabor morreu o9 de febreiro de1979 na cidade deLondres, cidade onde fixara a súa residencia.

Investigacións científicas

[editar |editar a fonte]

Tras iniciar as súas investigacións no mundo daóptica con traballos sobre oosciloscopio e otubo de raios catódicos, en1947 inventou un sistema fotográfico denominadoholografía. Este sistema consistía en crear imaxes sobre apoio plano que por ilusión óptica parecen ser tridimensionais, pero a súa comercialización e éxito non foi efectivo ata a invención no ano1962 doláser, e a creación do primeiroholograma no ano seguinte. Pola invención da holografía, un grande avance tecnolóxico no mundo dafotografía, no1971 foi galardoado coPremio Nobel de Física.

Gabor tamén investigou o xeito no cal se comunican e escoitan os seres humanos. O resultado destes traballos foi a primeira teoría dasíntese granular, termo creado polo músico gregoIannis Xenakis. Foi o introdutor do denominado concepto deFiltro de Gabor, unha variante local daTransformada de Fourier, moi utilizada hoxe en día no mundo dastelecomunicacións eprocesamento de imaxes.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
2001–
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Dennis_Gabor&oldid=6659287»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp