Denethor II é unpersonaxe ficticio que aparece nanovelaO Señor dos Aneis deJ. R. R. Tolkien. Foi o vixésimo sexto e derradeiroMordomo Rexente deGondor. Denethor era unhome de aire máis señorial que ningún dos seus antergos mordomos. Escoitaba os consellos e logo facía o que lle parecía. Por unha rara casualidade, o sangue deNúmenor corría case puro polas súas veas e tiña a antiga habilidade de ler nas mentes e os corazóns dos seus interlocutores.
Sucedeu ó seu paiEcthelion II trala súa morte no ano 2984 daT. E.. No ano 2976 T. E. Denethor casou con Finduilas de Dol Amroth (2950 - 2988 T. E.), filla do Príncipe Adrahil. Tiveron dous fillos:Boromir (2978 - 26 de febreiro de 3019 T. E.) eFaramir (n. 2983 T. E.). Finduilas languideceu lentamente enMinas Tirith, lonxe do mar e aterrada pola permanente Sombra do leste, e morreu nova. A súa morte volveu aínda máis sombrío e taciturno a Denethor.
Denethor (2930 - 3019 T. E.) empregou aPalantír de Minas Tirith para vixiar as forzas deSauron. Os esforzos por controlar a Palantir e loitar contra a mente de Sauron avellentárono antes de tempo e o coñecemento do poder abafador de Sauron deprimiuno grandemente. Sauron utilizou a Palantir para infiltrarse en Minas Tirith, arrastrando a Denethor cara á desesperación.
A morte de Boromir, o seu primoxénito e fillo favorito, e o sitio deMinas Tirith, a capital do reino, acabaron por volvelo tolo. Ordenou ós seus homes que o queimaran vivo nunha pira funeraria xunto ó seu fillo agonizante Faramir (que el cría xa morto), pois segundo el xa non había salvación posible para os Homes do Oeste. Porén, Faramir puido ser rescatado grazas á rápida acción dePeregrin Tuc eBeregond. Denethor en troques non puido ser disuadido e morreu entre as chamas, apertando a Palantír contra si.
Trala súa morte, foi sucedido como Mordomo de Gondor por Faramir.
No filme dePeter JacksonThe Lord of the Rings: The Return of the King, Denethor foi interpretado polo actorJohn Noble. Nel, Denethor aparece como un home completamente irracional, e ata cruel, enviando ó seu único fillo con vida, Faramir, a unha misión suicida para capturar a cidade deOsgiliath, e rexeita acender as almenaras de axuda para chamar ós seus aliados deRohan. No libro, o perigo das súas accións contén certa lóxica.
Predecesor: Ecthelion II | ![]() Mordomo deGondor 2984 - 3019T. E. | Sucesor: Faramir (como mordomo non rexente) |
![]() | A Galipedia ten unportal sobre:Terra Media |