Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Demanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ademanda eneconomía defínese como a cantidade debens eservizos que poden ser adquiridos aos diferentes prezos domercado por un consumidor (demanda individual) ou polo conxunto de consumidores (demanda total ou de mercado). A demanda é unha función matemática expresada da seguinte maneira:

Qdx=F(P,I,G,N,Ps,Pc){\displaystyle Qdx=F(P,I,G,N,Ps,Pc)}

Onde

  • Qdx = é a cantidade demandada do ben ou servizo.
  • P = prezo do ben ou servizo.
  • I = ingreso do consumidor.
  • G = gustos e preferencias.
  • N = número deconsumidores.
  • Ps = prezo de bens substitutos.
  • Pc = prezo de bens complementarios.

Ademais, existe unha demanda que sempre é esóxena nos modelos xa que non está determinada por ningunha circunstancia estudada (endóxena) no modelo, tal é o caso de produtos que son consumidos indiferentemente a certos factores económicos como o son as vacinas que necesariamente teñen que mercar os Estados por determinadas leis ou condicións sociais.

A demanda pode ser expresada graficamente por medio dacurva de demanda. A pendente da curva determina como aumenta ou diminúe a demanda ante unha diminución ou un aumento doprezo. Este concepto denomínase aelasticidade da curva de demanda.

A demanda e o prezo teñen unha relación negativa, ao subir o prezo diminúe a cantidade demandada. Ao baixar o prezo, a cantidade demandada aumenta. Esta afirmación cúmprese na meirande parte dos casos, agás raras excepcións, nos que unha diminución do prezo podería provocar unha diminución na demanda, estes bens chámansebens giffen.

En relación coa elasticidade, a demanda divídese en tres tipos:

  • Elástica, cando a elasticidade da demanda é maior que 1, a variación da cantidade demandada é porcentualmente superior á do prezo.
  • Inelástica, cando a elasticidade da demanda é menor que 1, a variación da cantidade demandada é porcentualmente inferior á do prezo.
  • Elasticidade unitaria, cando a elasticidade da demanda é 1, a variación da cantidade demandada é porcentualmente igual á do prezo.

Lei da Demanda

[editar |editar a fonte]

Relación negativa entre o prezo e a magnitude da demanda: A relación entre a cantidade demandada e o prezo é inversa, isto reflíctese na pendente negativa daCurva de demanda, é dicir: a maior prezoceteris paribus (permanecendo constante todo o demais), menor demanda e a menor prezo maior demanda. Isto coñécese co nome deLei da Demanda de Pendente Negativa. Hai que ter en conta que avariable independente é sempre o prezo.

Demandante

[editar |editar a fonte]

O termo "demandante", aplicado á economía, non garda relación directa coa demanda descrita. Coñécese como demandante a todo individuo que desexe produtos ofrecidos polo mercado, independentemente de se os adquiren ou non. Un demandante que opera no mercado para obter osbens que desexa transfórmase nunconsumidor.

Demanda no mercado de traballo

[editar |editar a fonte]

A demanda no mercado de traballo representa a cantidade detraballadores que as empresas ouempregadores están dispostos acontratar.

As empresas necesitan traballadores para poder desempeñar a súa actividade e obter o máximobeneficio a través da venda dosbens e servizos que producen. Para isto demandan forza de traballo no mercado, dependendo logo da oferta, e estarán dispostos a contratar traballadores sempre que os ingresos que consigan polo seu labor sexan maiores que osalario que se lles ten que pagar. Polo tanto, se o salario é moi alto, contratarase menos, seguindo o principio de que o ingreso marxinal dos traballadores é decrecente en función do número de traballadores contratados (contrataríanse os máis necesarios para o funcionamento da empresa) e haberá menos empresas dispostas a operar no mercado por cuestións de rendibilidade.

En sentido contrario, nun mercado no que os salarios son baixos, poderíanse contratar máis traballadores aínda que estes sexan menos produtivos no mesmo tempo.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Demanda&oldid=6625033»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp